BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.17.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230504
DTEND;VALUE=DATE:20230616
DTSTAMP:20260608T134319Z
CREATED:20230502T081140Z
LAST-MODIFIED:20260608T134319Z
UID:17977-1683158400-1686873599@iim.csic.es
SUMMARY:IV Ciclo de Conferencias "Aida Fernández Ríos"
DESCRIPTION:Inscrición gratuita  \nA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común colaborar para levar a cabo o Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos e promover así o interese do público en xeral\, ademais de promover o enorme traballo científico realizado en Galicia. \nO nome do Ciclo provén da investigadora Aida Fernández Ríos (Vigo\, 1947-Moaña\, 2015). Aida destacou polos seus coñecementos sobre a acidificación dos océanos por mor do cambio climático e a primeira muller en dirixir o Instituto de Investigacións Mariñas. \nNeste IV ciclo de conferencias un primeiro bloque organízanse conferencias en formato webinar impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC. E nun segundo bloque conferencias en centros de ensino da provincia de Pontevedra dirixidas ao alumnado da ESO. \n\nPrograma de charlas\nDescubre o programa completo na páxina oficial do Ciclo \nDescarga o díptico en PDF \n\nAida Fernández Ríos\nEstudou o bacharelato elemental en Vigo e con 25 anos comezou a traballar como auxiliar de laboratorio (para aquel non se precisaba máis titularidade) no Instituto de Investigacións Pesqueiras do CSIC (IIP-CSIC)\, actualmente denominado Instituto de Investigacións Mariñas. Compaxinou o seu traballo cos estudos\, o que lle permitiu rematar o bacharelato\, estudar Bioloxía na Universidade de Santiago e\, posteriormente\, en 1992\, leu a súa tese de doutoramento\, dirixida por Fernando Fraga\, sobre o Fitoplancto da Ría de Vigo e o seu medio ambiente e condicións. Pouco despois ingresou como investigadora\, adscrita\, xa no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM)\, centro no que desenvolveu toda a súa carreira ata acadar a máxima categoría como profesora investigadora. De 2006 a 2011 foi directora do Instituto\, sendo a primeira muller en acadar esta responsabilidade. Dos estudos sobre fitoplancto pasou á oceanografía física e\, finalmente\, aos estudos sobre a acidificación dos océanos como consecuencia do cambio climático\, nos que se converteu nunha investigadora líder en Europa\, dirixindo un Comité Internacional sobre a Xeosfera dende 2005 ata 2011. \nEn 2015 foi nomeada membro da Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC).
URL:https://iim.csic.es/evento/iv-ciclo-de-conferencias-aida-fernandez-rios/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/05/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-23-0c3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230602
DTEND;VALUE=DATE:20230603
DTSTAMP:20260608T134319Z
CREATED:20230512T082037Z
LAST-MODIFIED:20260608T134319Z
UID:17980-1685664000-1685750399@iim.csic.es
SUMMARY:Ollando cara o norte: xornada de ciencia cidadá mariña
DESCRIPTION:INSCRICIÓN \nPROGRAMA DA XORNADA \nO Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) e Observadores del Mar\, plataforma de ciencia cidadá do CSIC\, organizan estas xornada de ciencia cidadá na costa do Atlántico Norte o venres 2 de xuño no Museo do Mar de Galicia\, en Vigo\, co obxectivo de visibilizar o rol da ciencia cidadá mariña na conservación do mar e para fomentar a implicación de toda a comunidade\, incluíndo novos sectores estratéxicos. \n\nEstrutura da xornada\nA xornada dividirase en dúas sesións: \nPola mañá\, de 10 a 13h \n1️⃣ Benvida e presentación: \n\nObservadores del Mar. Joaquim Garrabou (ICM-CSIC)\nProgramas de seguimento de especies vulnerables en España. Macarena Marambio (ICM-CSIC)\nFamilia Signátidos\, fascinantes e vulnerables. Miquel Planas (IIM-CSIC)\nEspecies invasoras. Rafael Bañón (GEMM )\n\n2️⃣ Proxección. \n3️⃣ Mesa redonda: “Ciencia ciudadana marina para la investigación\, la administración y la ciudadanía. Sinergias entre diferentes sectores.” \n\nCon Paulino Cameselle (CIESUB)\, Noelia Estévez (Xunta de Galicia – REDOGAL)\, José Antonio Fernández (P.N. Illas Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia)\, Fabián Ben (Fderación Nacional de Confrarías de Pescadores)\, Jesús S. Troncoso (Universidade de Vigo) e Eva Velasco (DIVERSIMAR – IEO Vigo). Modera: Sandra Espeja (Observadores del Mar).\n\n?️ Aperitivo \nPola tarde\, de 16h a 19h | ?‍?‍?‍?Talleres para tódolos públicos. \n4️⃣ Observadores del Mar: como formar parte da ciencia cidadá mariña.  \n5️⃣ Cabaliños de mar e peixes pipa: coñecer para protexer. Miquel Planas (IIM-CSIC) \n6️⃣ Especies invasoras en el Atlántico norte. Rafael Bañón (GEMM) \n\nQuen desexe asistir a ambas sesións\, debe reservar entradas para cada unha delas seguindo as ligazón á INSCRICIÓN. \nMáis información no PROGRAMA.
URL:https://iim.csic.es/evento/ollando-cara-o-norte-xornada-de-ciencia-cidada-marina/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/05/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-26-c4d.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230602
DTEND;VALUE=DATE:20230603
DTSTAMP:20260608T134319Z
CREATED:20230525T070555Z
LAST-MODIFIED:20260608T134319Z
UID:17982-1685664000-1685750399@iim.csic.es
SUMMARY:JFE Advantech Vigo Workshop
DESCRIPTION:On the next June 2\, the IIM-CSIC will celebrate the workshop JFE Advantech Vigo coordinated by the group of Oceanic Processes in Global Change. A wonderful opportunity to learn about the new oceanographic sensors and a great opportunity to learn about their applications\, principles and methodologies of use. \n  \nThe invited speaker will be either Dr Li Hua\, General Manager of the Oceanographic Research Laboratory\, Ocean and River Division of JFE. Advantech Co\, Ltd. (Japan). \n\nPrograma\n9:00- 9:15 Presentation and introduction \n9:15- 9:45 General introduction of JAC instruments \n  \nAnalysis cases \n10-10:45         YODA Profiler\, a fast and economical solution for obtaining high quality profiles. \n10:50-11:35   The HAI sensor (Harmful Algal Indication sensor)\, principles and usage. \n  \nLunch break \n  \n14:00 How Fast and Stable RINKO (DO) sensor Can Be  \nMeeting of questions\, consultations and valid applications for different projects and future requirements.
URL:https://iim.csic.es/evento/jfe-advantech-vigo-workshop/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/05/noticas-2023-4-b70.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230608
DTEND;VALUE=DATE:20230609
DTSTAMP:20260608T134319Z
CREATED:20230531T091643Z
LAST-MODIFIED:20260608T134319Z
UID:17984-1686182400-1686268799@iim.csic.es
SUMMARY:Ciencia mergullada no museo | Día Mundial do Océano 2023
DESCRIPTION:INSCRICIÓN \nENTRADAS DISPOÑIBLES A PARTIR DO 2 DE XUÑO\, ÁS 17 HORAS \n?️ No Museo do Mar de Galicia \n?️ 8 de xuño | ⏰ 18:00h \n? Recomendado para maiores de 14 anos \n\nSabias que a ciencia tamén se fai baixo a auga? En Ciencia Mergullada convidámoste a mergullar xunto ás investigadoras e técnicos do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC) para descubrir ás investigacións que realizan\, tamén\, dende o fondo da nosa ría. \nGrazas á participación da sociedade cooperativa 13GRADOS e a noso compañeiro Manuel García Blanco\, da Unidade de Monitorización e Observación do Medio Mariño (UMO)\, o evento contará con imaxes reais dos mergullos dos equipos de investigación deste centro científico de Bouzas. Ademais\, as persoas asistentes poderán participar nunha visita guiada polos fondos mariños grazas ao emprego de lentes de realidade virtual coas que poderán visualizar en 360º o foco das investigacións do IIM-CSIC. \nO evento comezará ás 18h (Vigo-CEST) cunha introdución na que o persoal científico e técnico do IIM-CSIC nos contará\, de primeira man\, como é traballar a varios metros baixo a superficie da ría de Vigo. Posteriormente\, por quendas\, as persoas asistentes poderán realizar a visita guiada virtual e gozar cunha visita\, de balde\, a parte da colección do Museo do Mar de Galicia en Vigo. \nEntradas gratuítas previa reserva. Só para maiores de 14 anos.  \nEvento organizado pola Unidade de Cultura Científica (UCC+I) e a Unidade de Observación e Mostraxe do Medio Mariño (UMO) do Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC). \nC﻿oa especial colaboración de 13GRADOS\, do Museo do Mar de Galicia e do proxecto europeo OCEAN NIGHT (101061165). \n\nPrograma de actividades\nA actividade comezará ás 18:00 horas: \n\nBenvida e agradecementos\nPresentación do traballo subacuático do IIM-CSIC\nExperiencia de 360º con lentes de realidade virtual e visita libre ás salas do museo\n\nVémonos no Museo do Mar de Galicia o 8 de xuño ás 18:00 para vivir esta gran experiencia virtual baixo a auga ??? \nDous proxectos implicados\nNo evento contaremos con representantes da comunidade científica e técnica do IIM-CSIC\, que traballan activamente (moitas veces baixo a auga) nos seguintes proxectos: \nProxecto NEMUNO\nO proxecto do grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global\,  «Metabolismo del ecosistema de una región de afloramiento costero: integración de los dominios pelágico y bentónico» (NEMUNO)\, financiado por Ministerio de Ciencia e Innovación (PID2021-122238OB-I00)\, é unha peza clave para comprender o funcionamento das rexións costeiras\, é coñecer o metabolismo neto do ecosistema\, é dicir\, o equilibrio entre a produción primaria e a respiración total. \nSendo conscientes dos diversos e valiosos hábitats existentes nas Rías Baixas\, o proxecto NEMUNO aborda o estudo do equilibrio entre a produción primaria e a respiración en diferentes hábitats mediante medicións de moi alta frecuencia de osíxeno e velocidade da corrente con instalacións no mesmo fondo do mar. \nProxectos MOVE e CONECTEE\nDous proxectos clave do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños que buscanestudar o movemento e comportamento das especies costeiras (peixes óseos e elasmobranquios) utilizando ferramentas de telemetría acústica para identificar os corredores e puntos críticos de conectividade destas poboacións. \nPodes ver máis información nas súas páxinas: \nProxecto MOVE \nProxecto CONECTEE
URL:https://iim.csic.es/evento/ciencia-mergullada-dia-mundial-do-oceano-2023/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/06/evento-web-reducido-1-021.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230608
DTEND;VALUE=DATE:20230609
DTSTAMP:20260608T134319Z
CREATED:20230601T104320Z
LAST-MODIFIED:20260608T134319Z
UID:17987-1686182400-1686268799@iim.csic.es
SUMMARY:Día Mundial del Océano | El programa del IIM-CSIC
DESCRIPTION:? ¿Sabías que el océano alimenta millones de personas\, acoge la biodiversidad más rica y produce la mitad de nuestro oxígeno? \n\nEn el Instituto de Investigacions Mariñas de Vigo sabemos de la importancia y la necesidad de cuidar y proteger nuestros recursos marinos todos los días del año. Guiados por los Objetivos de Desarrollo Sostenible\, trabajamos junto a la comunidad\, creando vínculos con la industria\, promoviendo la Cultura Oceánica y ayudando a nuestro contorno. \nSin embargo\, el Día Mundial del Océano nos sirve para llevar la importancia del océano y de su estudio a la palestra. Para reivindicar una ciencia marina de calidad y fomentar el acercamiento de toda la sociedad a esta gran masa de agua que nos une más que nos separa. ¡Únete a nosotros en esta celebración! \n\nA las12h | VULNERABLES\n \n?️ Centro Social de Bouzas (Rúa Eduardo Cabello\, 53) \n?️ 8 de junio | ⏰ 12h \n?‍??‍??‍??‍? Recomendable para público adulto \nAforo limitado. Inscripción a través del Centro Sociocultural de Bouzas / c.b.s.bouzas@xunta.es / 886110935 \n¿Qué es ser “vulnerable”? La investigadora del grupo de Ecología y Recursos Marinos del IIM-CSIC\, Natalia Petit\, hará una pequeña introducción la este concepto y a su significado\, seguida de una identificación de ecosistemas y #especie vulnerables en los medios marinos\, así como una explicación de por qué se consideran vulnerables. \nDesde lo Centro Sociocultural de Bouzas\, a mediodía del Día Mundial del Océano\, la investigadora también abrirá un espacio de reflexión sobre el trabajo de la ciencia\, de las administraciones y de la ciudadanía para revertir este estado de vulnerabilidad. \n+ info \n\nA las 18h | Ciencia Mergullada no Museo \n \nINSCRIPCIÓN \nENTRADAS DISPONIBLES A PARTIR DE 2 DE JUNIO \, A LAS 17 HORAS \n?️ En el Museo del Mar de Galicia (Avda. de la Atlántida\, 160) \n?️ 8 de junio | ⏰ 18:00h \n? Actividad para mayores de 14 años. Aforo limitado\, inscripción a través de Eventbrite. \nGracias al uso de unas gafas de realidad virtual\, sumerge en la ría de Vigo junto el personal del Instituto de Investigaciones Marinas del CSIC (IIM-CSIC) para descubrir a las investigaciones que realizan desde el fondo del mar. Todo con imágenes grabadas por la Sociedad Cooperativa 13GRADOS y nuestro compañero de la UMO\, Manuel García Blanco\, durante sus salidas de campaña. Además\, contaremos con una serie de equipos de investigación del IIM que darán cuenta de su experiencia trabajando bajo la superficie. \nEsta actividad está organizada por la UCC+I y por la UMO del IIM-CSIC\, y cuenta con la colaboración de los grupos de Ecología y Recursos Marinos y Procesos Oceánicos en el Cambio Global además de la Sociedad Cooperativa 13 Grados y el Museo del Mar de Galicia. \nActividad impartida por Natalia Petit y organizada por Susi Piñeiro (Unidad de Cultura Científica IIM-CSIC)\, en colaboración con el Centro Sociocultural de Bouzas. ¡Entrada gratuita!
URL:https://iim.csic.es/evento/dia-del-oceano-el-programa-del-iim-csic/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/06/evento-web-reducido-copia-a26.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230608
DTEND;VALUE=DATE:20230609
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230601T115649Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17988-1686182400-1686268799@iim.csic.es
SUMMARY:VULNERABLES
DESCRIPTION:?️ Centro Sociocultural de Bouzas \n?️ 8 de xuño | ⏰ 12:00h \n?‍??‍??‍??‍? Recomendable para público adulto \nEntrada gratuíta con reserva previa \n\nQue é ser «vulnerable»? A investigadora do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC\, Natalia Petit\, fará unha pequena introdución a este concepto e o seu significado\, seguida dunha identificación de ecosistemas e especies vulnerables nos medios mariños\, así como unha explicación de por que son considerados vulnerables. \nDende o Centro Sociocultural de Bouzas\, ao mediodía do Día Mundial dos Océanos\, a investigadora tamén abrirá un espazo de reflexión sobre o traballo da ciencia\, das administracións e da cidadanía para reverter este estado de vulnerabilidade. \nActividade impartida por Natalia Petit e organizada por Susi Piñeiro (Unidade de Cultura Científica IIM-CSIC)\, en colaboración co Centro Sociocultural de Bouzas. \nEntrada gratuíta con rexistro previo no propio Centro Social co que colaboramos. Deberá contactarse con eles ben presencialmente (rúa Eduardo Cabello\, 53 – Vigo)\, por teléfono (886110935) ou por email (c.b.s.bouzas@xunta.es).
URL:https://iim.csic.es/evento/vulnerables/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/06/tese-daniel-broullon-duran-5ff.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230609
DTEND;VALUE=DATE:20230610
DTSTAMP:20260608T134319Z
CREATED:20230526T145243Z
LAST-MODIFIED:20260608T134319Z
UID:17983-1686268800-1686355199@iim.csic.es
SUMMARY:Benestar animal e domesticación do polbo: un enfoque metaxenómico
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase mensualmente\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados  con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa noso compañeiro\, Daniel Costas Imbernón \nBenestar animal e domesticación do polobo común: un enfoque metaxenómico\nNos últimos anos propúxose o polbo común como candidato potencial para a diversificación da acuicultura. O crecente interese no cultivo desta especie puxo de manifesto a necesidade do desenvolvemento e a implementación de boas prácticas de produción que sexan compatibles co benestar animal. A avaliación do benestar a miúdo realízase mediante indicadores que son susceptibles de nesgos ao depender da interpretación subxectiva da persoa que os está a avaliar\, o que subliña a necesidade de buscar novos biomarcadores cuantificables e obxectivos que permitan unha avaliación máis precisa e eficaz. Neste contexto\, traballos recentes sinalaron o papel do microbioma asociado aos animais de produción como un biomarcador indicativo das condicións de benestar e saúde. Neste seminario presentarase un estudo no que se utilizou un enfoque metaxenómico para caracterizar\, por primeira vez\, as comunidades microbianas asociadas ao mucus da pel de polbos adultos tanto de vida salvaxe como domesticados. O obxectivo da nosa investigación é determinar se as condicións de cultivo alteran o microbioma e\, en consecuencia\, o benestar destes animais. Os resultados obtidos permitirán coñecer a composición da microbiota principal presente na pel desta especie e a súa potencial aplicación como biomarcador de benestar animal. \nDaniel Costas Imbernón\nDaniel Costas é licenciado en Bioloxía pola USC e Máster en Xenómica e Xenética pola UVigo.  Actualmente desenvolve a súa tese doutoral no Laboratorio de Biotecnoloxía Acuática\, centrando os seus estudos na aplicación de tecnoloxías ómicas e a bioinformática na acuicultura\, baixo a supervisión dos investigadores Maria Saura e Pep Rotllant.
URL:https://iim.csic.es/evento/benestar-animal-e-domesticacion-do-polbo-un-enfoque-metaxenomico/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/06/encontros-espresso-dani-imbernon-09xun-0bc.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230622
DTEND;VALUE=DATE:20230623
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230619T071428Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17992-1687392000-1687478399@iim.csic.es
SUMMARY:The Persistence of Memory: Behavioral Analysis and Arm Usage of a 9-Armed Octopus vulgaris named Salvador
DESCRIPTION: ATTEND VIA STREAMING  \n(link available on the day) \nThe «Encontros Espresso» (Espresso Get-Togethers) are a format of talks held at IIM with the aim of getting to know each other better\, getting to know better the activity that takes place in our center and exploring the world of marine science\, encouraging scientific-technical discussion and strengthening links between groups where both research and technical staff can participate to share their work\, experiences and results. \nThese are events designed specifically for our staff\, but everyone is welcome to join in via streaming. \nThis new format will be held monthly\, at 10:00 a.m. in the IIM-CSIC Meeting Room and include complimentary coffee («Espresso») to promote the smooth flow of communication . \nThe Persistence of Memory: Behavioral Analysis and Arm Usage of a 9-Armed Octopus Vulgaris named Salvador\nThe current study presents the very first recordings of any living Cephalopod with a fully functional bifurcated arm. To gain insight to the behavioral repertoire and examine patterns of arm usage in the subject\, an Octopus vulgaris with branched R1 arm\, over 4 months of video footage was quantified using the behavior recording software BORIS. This produced a data frame made up of 6442 events of arm usage within behaviors\, which was later transformed into a binomial response matrix of arm usage. When examined within behavioral categories; posterior arms were highly associated to Locomotion behaviors\, while anterior arms were more associated to Foraging\, Feeding\, and Exploratory Behaviors. The anterior arms’ association with prey accumulation was weaker than previously described in 8-armed individuals due to compensation by the right-side posterior arms. In earlier videos\, the bifurcated arms were used more frequently for actions underneath the body\, but this specialization decreased as videos progressed and arms grew\, possibly due to the smaller size of the bifurcated arms. Bifurcated and regrown arms were more often used in safe behaviors and less in risky behaviors. These results demonstrate that task distribution and functionality among arms may have a decisional or cognitive basis rather than serving as a byproduct of arm mechanics and further allude to the existence of higher cognitive capabilities such as post-traumatic associated memory\, and learning.\n  \nSamuel Ellington Soule\nSamuel Ellington Soule is a cephalopod-obsessed marine biologist who was born in Singapore\, but moved to Brooklyn\, New York where his whole family lives. He completed his Bachelor of Arts (BA) in Marine Biology and Art History at Occidental College in Los Angeles California. After graduating\, he stayed in Los Angeles to work in two different marine laboratories. At the Southern California Marine Institute\, he spent time as a technician\, where he collected marine samples\, managed aquarium systems\, and educated students about marine species. He also worked as a Field and Laboratory Research Assistant at the Vantuna Research Group\, working on various projects related to California’s Kelp Forest Ecosystem\, and helping install and plan the largest rocky reef restoration project in southern California. Sam is also a PADI and American Academy of Underwater Sciences (AAUS) scuba diving instructor\, having spent 4 years working in Saint Martin leading recreational SCUBA courses and teaching marine biology curricula to students\, and 2 years in Los Angeles teaching scientific diving courses to fellow researchers. \nHere in Vigo Sam\, spent a short time at ECIMAT in Toralla Island researching the degradation and toxicity of plastic biopolymers with Ricardo Berias. Here at the IIM\, Sam was working alongside Jorge Hernández-Urcera to complete his Master of Science (MSc) degree through International Master in Marine Biological Resources (IMBRSea) on Cephalopod life history and behavior.\n 
URL:https://iim.csic.es/evento/persistence-memory-behavioral-analysis-and-arm-usage-9-armed-octopus-vulgaris/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/06/encontros-espresso-samuel-soule-22xun-33e.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230630
DTEND;VALUE=DATE:20230701
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230620T073425Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17993-1688083200-1688169599@iim.csic.es
SUMMARY:50 anos coa nosa xente\, 50 anos da nosa historia
DESCRIPTION: O Instituto de Investigacións Mariñas rende un homenaxe as persoas que marcaron á súa historia o día 30 de xuño ás 12:00h\, nun evento interno no propio centro. \nO evento forma parte da conmemoración dos 50 anos do IIM en Bouzas e é unha homenaxe dedicada a todos os compañeiros e compañeiras que deixaron a súa pegada na historia do centro ao longo de todos estes anos. \nDurante o evento\, levaráse a cabo unha mesa redonda na que varios compañeiros e compañeiras compartirán as súas vivencias e experiencia. Posteriormente\, pecharemos a celebración cuns pinchos-xantar na terraza do centro. \nEsta é unha magnífica oportunidade para preguntar\, dialogar e compreder de onde vén moito do que hoxe vivimos\, como parte da Ciencia e como parte do IIM\, e para coller forzas e ideas para o futuro. \nUn día especial\, onde poderemos lembrar e valorar xuntos os logros e contribucións das persoas que pasaron polos noso corredores\, laboratorios e oficinas.
URL:https://iim.csic.es/evento/50-anos-coa-nosa-xente-50-anos-da-nosa-historia/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/06/eventos-50anosxubis-b42.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230706
DTEND;VALUE=DATE:20230707
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230627T095231Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17994-1688601600-1688687999@iim.csic.es
SUMMARY:Malvinas/Falkland y aguas internacionales en diálogo transdisciplinar.
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nFinanciado por Red LifeHUB.CSIC (PIE-202120E047-Conexiones Life). \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Esmeralda Broullón\, procedente do Grupo de Estudios Americanos da Escuela de Estudios Hispano-Americanos / Instituto de Historia (EEHA/IH-CSIC) \, que coa súa intervención pecha esta 1ª tempada dos Encontros Espresso! \nMalvinas/Falkland y aguas internacionales en diálogo transdisciplinar. Un enfoque etnohistórico de las pesquerías españolas en época contemporánea.\nEsta presentación exporá os resultados dunha primeira exploración transdisciplinar acerca das pesqueiras e a frota de gran altura no Atlántico Sudoccidental (ATSW). Desde un enfoque etnohistórico de partida\, ten como finalidade transferir unha cosmovisión e achegar o estado da cuestión acerca destas en época actual. \nAtenderase ao seu desenvolvemento no pasado recente\, en canto actividade extractiva de recursos naturais nun territorio de fronteiras concibido como espazo xeográfico e fenómeno socio-político. Por esta razón\, seleccionáronse as coordenadas xeopolíticas de Malvinas/Falkland e augas internacionais\, correspondentes ás sub-áreas de zona de pesca 41.3.1 e 41.3.2 de FAO. \nO obxectivo principal é explorar un específico modo de vida extraterritorial baixo a singradura de dous continentes (Europa-América) nun diálogo transdisciplinar. Posto que o desenvolvemento científico-tecnolóxico\, os recursos naturais e as forzas de traballo a bordo son tres dos piares esenciais no acceso aos mares e unha recursos caracterizados\, do mesmo xeito que a tripulación\, pola súa itinerancia. Sen obviar a “nacionalización” das augas emprendidas a finais dos anos setenta do pasado século XX. \nEn canto a hipótese de partida sostense\, de maneira correlativa\, que a singularidade fronteiriza e inter-rexional dunhas augas carentes dun organismo internacional regulador (ORP)\, xunto á división internacional do traballo e intersección de marcadores étnicos e de xénero\, introducidos no novo século\, regulan a estrutura social e o imaxinario cultural das xentes que faenan mar adentro. Uns actores ‘internados’\, é dicir\, asistidos por un exacerbado illamento territorial e un renovado espazo segregacional no mar e en terra. Homes a bordo de distintas nacionalidades xunto a unha desnivelada inserción feminina. Dito doutra maneira\, actores inmersos no industrializado proceso de captura de arrastre e elaboración do peixe\, pero re-conceptualizado baixo a categoría de «salvaxe». En definitiva\, unha xerárquica colectividade subsumida nunhas globalizadas cadeas de renovados consumos baixo o paradigma dun novo sistema alimentario. \nEsmeralda Broullón \nLicenciada en Antropoloxía e doutora en Historia. A súa área de especialización vira ao redor dos estudos sobre a cultura en articulación con tres eixos: poboación\, narrativas diaspóricas e imaxinarios políticos transculturales. Na actualidade é Científica Titular da EEHA/IH-CSIC. Foi investigadora posdoctoral no CCHS-CSIC\, Madrid (JAE-doc); investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Sevilla; docente universitaria (TU/Aneca\, 2016) e asesora técnica na Consellería de Igualdade (Xunta de Andalucía). \nAo longo da súa carreira\, realizou estudos de campo entre sociedades marítimo-pesqueiras do ámbito iberoamericano e prestado especial atención aos movementos sociais femininos\, entre estes «Rosa dos Ventos» (Vigo). É integrante da Rede Iberoamericana de Investigación en Comunidades Marítimas (RiCoMa)\, coordinada pola Universidade do Mar da Prata e a Universidade de Barcelona. \nOs resultados da súa investigación foron transferidos en revistas indexadas e monografías colectivas\, entre as que destacan: «Inclusión social y visibilidad del rol femenino en las sociedades marítimas». En Igual\, D. e González Guardiola\, M. D.\, El mar vivido: Perfiles sociales de las gentes de mar en larga duración (siglos XV-XXI)\, UClM\, 2020; «Politics\, ideology and culture of the Andalusians in the Southern Cone of America: between Hispanic essentiality and self-identity»\, JILAR\, 24/3\, 2019; «Más allá del Gran Sol: O itinerario transoceánico das pesqueiras galegas desde una perspectiva dos Estudos Culturais (1945–1955)»\, Galicia 21\, Bangor University and University College Cork\, 2018. \nCoordinou e editou o dossier\, «Género\, ciencia y conocimiento»\, Revista Internacional de Filosofía Daimon\, Sup. 6\, 2017 e Intrépidas. Entre Europa y las ‘Américas’: cultura\, arte y política en equidad\, Madrid\, Praza e Valdés\, 2022. \nNo periodo entre xuño e xullo do 2023 realiza unha estancia de investigación interdisciplinar no IIM-CSIC sobre o ‘mundo’ das pesqueiras e a frota de orixe española no Atlántico Sudoccidental: Malvinas e augas Internacionais en época contemporánea. Estancia e liña de investigación financiada pola Rede Life. Hub/CSIC: https://lifehub.csic.es
URL:https://iim.csic.es/evento/malvinasfalkland-y-aguas-internacionales-en-dialogo-transdisciplinar/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/07/encontros-espresso-esmeralda-v2-corrixida-0-80e.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230727
DTEND;VALUE=DATE:20230729
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230706T070502Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17996-1690416000-1690588799@iim.csic.es
SUMMARY:De Bouzas a Ríos
DESCRIPTION:No IIM-CSIC estamos comprometidos coa implicación da sociedade na investigación mariña\, polo que o primeiro que queremos facer antes de mudar a nosa sede ao barrio de Teis é presentarnos ante a veciñanza e compartir con eles a obra arquitectónica que formará parte da súa paisaxe nos próximos anos\, nun evento de balde e aberto ao público xeral. \nAsí\, presentaremos ante o noso novo barrio os 38 proxectos arquitectónicos presentados a un concurso público para construir a nosa nova sede\, incluído o proxecto gañador. Unha primeira pedra para poñer a Ríos\, a Teis e á cidade de Vigo no epicentro da investigación mariña a nivel local e global\, dentro do proxecto do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar. \nEste evento ten como obxectivo convidar ao público e\, especialmente\, á veciñanza dos arredores a coñecer o proxecto. A exposición poderá visitarse o 27 de xullo\, de 16:00 a 19:00 horas\, e o 28 de xullo\, de 11:00 a 14:00 horas. O persoal do IIM-CSIC estará presente para guiar ao público pola exposición. Haberá tamén interpretación a Lingua de Signos Española (LSE) dispoñible. \nNon perdades a ocasión de formar parte deste momento destacado na historia da nosa cidade\, unha oportunidade única para coñecer de primeira man as 38 candidaturas participantes e o proxecto gañador de arquitectura que porá primeira pedra no Campus Científico-Tecnolóxico do Mar
URL:https://iim.csic.es/evento/de-bouzas-rios/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/07/invitacion-a-evento-etea-42-59-4cm-1080-1080px-1080-567px-a32.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230912
DTEND;VALUE=DATE:20230913
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230901T103439Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17997-1694476800-1694563199@iim.csic.es
SUMMARY:Xornada de Portas Abertas
DESCRIPTION:Rexístrate de balde \nO Instituto de Investigacións Mariñas\, en Bouzas\, ten o pracer de convidarvos á Xornada de Portas Abertas que terá lugar o 12 de setembro de 2023 entre as 10:00 e as 19:00 horas\, elixe a quenda que che vaia mellor! \nEste evento brindaravos a oportunidade de coñecer de preto laboratorios\, corredores\, acuarios e espazos onde descubrir o traballo que realizamos no ámbito da investigación mariña. \nAsí\, percorrerás o Instituto en visitas guiadas duns 90 minutos\, coñecendo ás científicas e técnicos que fan ciencia dende o noso barrio. Contaremos tamén con demostracións prácticas realizadas polo noso persoal. \nNon deixes de traer á familia e amigos para pasar un día verdadeiramente inesquecible! \nO Instituto de Investigacións Mariñas está situado na rúa de Eduardo Cabello\, 6\, Bouzas – Vigo.  \nRecomendamos o uso de calzado cómodo e que non sexa delicado nin de tea para realizar as visitas\, xa que teremos que pasar obligatoriamente por pediluvios para a desinfección do calzado antes de entrar a algunhas salas. \nA﻿ccesibilidade e interpretación en LSE \nNas quendas das 10:00 horas e das 16:00 horas contaremos con interpretación de Lingua de Signos Española (LSE) para as persoas que o precisen. \nPor motivos de organización\, agradecemos que no formulario indiquedes se precisaredes este servizo ou non. \nPor outra banda\, indicar que a visita -dunha duración estimada de 1 hora e media- se realiza en espazos estreitos que\, por desgraza\, imposibilitan realizala en cadeira de rodas. \nAcceso á visita e puntualidade \nO IIM-CSIC é un centro de investigación e o seu traballo continuará tamén ese día. Para evitar afectar ao traballo dos grupos de investigación\, pregamos a máxima puntualidade das persoas rexistradas. Unha vez comece a visita\, no caso de non estar presente algún dos asistentes rexistrados\, entenderase que a persoa non asistirá e\, por tanto\, o seu lugar poderá ser ocupado por outra no caso de que así se solicite. Recomendamos presentarse na entrada do Instituto 5 minutos antes do comezo da visita.
URL:https://iim.csic.es/evento/xornada-de-portas-abertas/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/evento-web-96e.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230913
DTEND;VALUE=DATE:20230914
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230906T132157Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17998-1694563200-1694649599@iim.csic.es
SUMMARY:Nuestros orígenes: momentos clave en el IIP
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \n\nNesta ocasión teremos un Encontros Espresso especial\, co gallo dos 50 anos do comezo do traballo do IIM-CSIC na vila de Bouzas. Unha ocasión especial para recordar as orixes deste edificio e desta veciñanza coa que tanto temos compartido\, dando grazas por estas 5 décadas de ciencia mariña ao voso carón.  \n\nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 11:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos. unha vez máis\, co noso compañeiro\, Ricardo Prego\, procedente do Grupo de Bioxeoquímica Mariña.
URL:https://iim.csic.es/evento/nuestros-origenes-momentos-clave-en-el-iip/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/20230906-181530-0000-ca9.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230929
DTEND;VALUE=DATE:20230930
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230915T040241Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18001-1695945600-1696031999@iim.csic.es
SUMMARY:"Neuston 3: En concerto co océano" con Abraham Cupeiro | Ocean Night 2023
DESCRIPTION:​Entradas en eventbrite \n«Neuston 3: en concerto co océano» é unha fascinante viaxe musical polo océano a cargo do talentoso músico Abraham Cupeiro. Este concerto pretende transmitir a vital importancia do océano na vida e sustentabilidade da terra\, así como difundir os principios da Cultura Oceánica (UNESCO\, 2020). \nO artista\, é un construtor e multiinstrumentista que emprega sonoridades de instrumentos recuperados do esquecemento do tempo. Neste evento\, deleitaranos con varias composicións musicais inspiradas no océano e no traballo do Instituto de Investigacións Mariñas. \nO evento\, organizado pola Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC\, en Vigo\, en colaboración co Real Jardín Botánico de Madrid (RJB-CSIC) co gallo da Ocean Night – Noite Europea das Persoas Investigadoras (MSCA-ERN) terá lugar en sala Cátedra Cavanilles do RJB – CSIC de Madrid o día 29 de setembro en dúas sesións\, ás 18:30 e ás 20:30 horas\, elixe a que mellor che veña!.  A entrada será pola rúa Claudio Molina\, 1. \nO concerto\, de entrada libre\, é o resultado dunha estreita colaboración entre o artista sarriao e a comunidade científica do Instituto; a través dunha serie de visitas ao centro e de reunións cos grupos de investigación e co equipo da súa Unidade de Cultura Científica. \n\nAs entradas\, que poden adquirirse a partir do xoves\, 21 de setembro\, ás 18h en eventbrite. \n\nOs Neuston Experiments e a Ocean Night do CSIC\nO evento\, denominado Neuston Experiment 3: In concert with the Ocean\, é xa o terceiro da serie dos Neuston Experiments\, comezados no ano 2008\, coa participación de artistas como Vitor Freixanes\, Rosa Aneiros\, Manuel Sendón\, Marilar Aleixandre ou Miguelanxo Prado\, así como Mónica de Nut na edición de 2021. \nA música\, inspirada pola ciencia mariña\, combinarase cunha montaxe audiovisual que se proxectará durante o evento\, montada a partir de imaxes reais fornecidas pola comunidade científica do instituto de Bouzas. \nO acontecemento será un dos moitos organizados esa noite como celebración da Ocean Night ( ‘Noite do Océano’\, en galego). A Ocean Night é un programa de divulgación científica integral de 2 anos de duración (2022 y 2023) que busca fomentar a chamada “cultura oceánica”\, a consciencia do impacto que os ecosistemas mariños teñen na sociedade e viceversa\, así como pór en valor o coñecemento científico\, a investigación e as persoas que traballan neste eido. \n\nDescubre todos os eventos que dende a Ocean Night preparamos por toda a península. Accede a web. \n\nÉ\, ademais\, un dos proxectos financiados pola European Researcher’s Night (MSCA-ERN)\, unha convocatoria europea de fomento da Cultura Científica promovida dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa. A MSCA-ERN\, ten lugar anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar as persoas que investigan á cidadanía para que coñezan o seu traballo e os beneficios que aportan á sociedade. \nA organización do evento recae sobre cinco dos principais centros de investigación mariña e costeira do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC): o Institut Mediterrani d’Estudis Avançats (IMEDEA-UiB-CSIC; Esporles)\, o Institut de Ciències del Mar  (ICM-CSIC; Barcelona)\, o Centre d’Estudis Avançats de Blanes (CEAB-CSIC; Blanes)\, o Instituto de Ciencias del Mar de Andalucía (ICMAN-CSIC; Cádiz)\, e o propio IIM-CSIC de Vigo. Xunto con eles\, colaboran tamén a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia\, a Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC (UTM-CSIC) e o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal (IATS-CSIC; Castellò). \nO artista\, Abraham Cupeiro\nAbraham Cupeiro (Sarria\, 1980) é un construtor e multintrumentista galego que busca a recuperación de instrumentos perdidos no tempo para utilizalos na creación de novas sonoridades. \nAdemais da súa fonda formación musical\, Abraham destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro) e por recuperar un instrumento ancestral da tradición galega desaparecido na segunda metade do século XX: a corna. \nConstrutor dos seu propios instrumentos\, o sarriao conta actualmente con 3 proxectos musicais en marcha: Resoando no pasado\, Pangea e Sons esquecidos. Destaca ademais a súa labor de divulgación musical en escolas\, redes sociais e incluso a través de programas como La Resistencia. \nProxecto financiado pola Unión Europea\n \nA Noite Europea dos Investigadores é un proxecto europeo de divulgación científica promovido dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa\, que se desenvolve anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar á cidadanía ás persoas que realizan investigacións para que coñezan o seu traballo\, os beneficios que aportan á sociedade e o seu impacto na vida diaria.
URL:https://iim.csic.es/evento/neuston-3-en-concerto-co-oceano-con-abraham-cupeiro-ocean-night-2023/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxe-web-e52.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230929
DTEND;VALUE=DATE:20230930
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230921T045754Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18002-1695945600-1696031999@iim.csic.es
SUMMARY:Adaptacións morfolóxicas e patróns de expresión xenética na migración do ollo de peixes planos.
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Laura Guerrero Peña\, Investigadora predoutoral do Laboratorio de Biolotecnoloxía Acúatica. \nAdaptacións morfolóxicas e patróns de expresión xenética na migración do ollo de peixes planos.\nOs depredadores dependen en gran medida das súas capacidades visuais para detectar e rastrexar con precisión ás súas presas. Como resultado diso\, algunhas especies desenvolveron adaptacións únicas na súa morfoloxía e sistema visual\, aumentando a eficiencia no seu comportamento de emboscada. Os peixes planos son un exemplo diso; estes peixes son simétricos e peláxicos ao nacer\, pero experimentan unha serie de cambios morfolóxicos que lles permiten vivir como xuvenís bentónicos. Entre os moitos cambios que experimentan\, inclúese a migración dun ollo cara ao outro lado do corpo. No noso estudo\, levamos a cabo unha análise transcriptómico do ollo que migra e do que non migra en tres estadios cruciais da metamorfose do rodaballo co propósito de atopar diferenzas de expresión xénica entre ambos os ollos. Os nosos datos revelaron un patrón de expresión único para o xene da ependimina (epd)\, un xene con funcións na memoria\, rexeneración e plasticidade neuronal. Para investigar máis a fondo o potencial papel do xene epd\, creamos mutantes knockout en peixes cebra e examinamos a rexeneración axonal despois dunha lesión no nervio óptico\, comparando o fenotipo en peixes salvaxes e mutantes. Desta maneira\, exploramos a posible correlación da asimetría do nervio óptico e a migración dun dos ollos en peixes planos coa sobreexpresión obtida do xene epd no ollo que migra durante o clímax da metamorfose. \nLaura Guerrero Peña\nGraduada en Bioloxía pola Universidade de Granada\, cun Máster en Bioloxía Molecular\, Celular e Xenética na Universidade da Coruña. Actualmente está a realizar a súa tese doutoral financiada por unha bolsa FPI no Grupo de Biotecnoloxía Acuática no Instituto de Investigacións Mariñas\, estudando a rede reguladora de xenes que fan posible a remodelación metamórfica en peixes planos. \nO traballo que vai presentar Laura nesta sesión de Encontros recibiu o Premio á mellor presentación oral dentro do XIV Congress of Iberian Association of Comparative Endocrinology – AIEC2023.
URL:https://iim.csic.es/evento/adaptacions-morfoloxicas-e-patrons-de-expresion-xenetica-na-migracion-do-ollo-de/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/encontros-espresso-laura-guerrero-8a9.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231002
DTEND;VALUE=DATE:20231003
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230925T040150Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18003-1696204800-1696291199@iim.csic.es
SUMMARY:Genetic manipulations of the circadian clock system in zebrafish
DESCRIPTION:O vindeiro luns\, 02 de outubro\, ás 12 horas (CEST – Vigo) no Salón de Actos do Instituto de Investigación Mariñas  o Prof. Yoav Gothilf (School of Neurobiology\, Biochemistry and Biophysics) impartirán a conferencia: \nTitulo: «Genetic manipulations of the circadian clock system in zebrafish (and a tale of two relevant rare genetic diseases)» \nTras a presentación\, terá lugar unha sesión de preguntas e respostas.  \nProf. Yoav Gothilf\nDept/Faculty Department of Neurobiology\, George S. Wise Faculty of Life Sciences\, Tel Aviv University\, Tel Aviv\, ISRAEL \n 
URL:https://iim.csic.es/evento/genetic-manipulations-circadian-clock-system-zebrafish/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-1-a1f.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231005
DTEND;VALUE=DATE:20231007
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230925T074338Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18004-1696464000-1696636799@iim.csic.es
SUMMARY:FOROACUI XXV | Menudo ForoAcui
DESCRIPTION:PROGRAMA | ForoACUI XXV  \nO vindeiros\, xoves\, 5 e venres\, 6 de outubro\, no Auditorio Municipal do Grove\, celebrarase o XXV Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas. \nEste Foro é un encontro anual que naceu en 1998 co obxectivo de ser un espazo de referencia para comunicar a realidade e as perspectivas de futuro da pesca\, o marisqueo e a acuicultura en Galicia. Os principais obxectivos son\, a formación\, a divulgación e principalmente\, a interacción entre o persoal investigador\, o sector empresarial e a Administración. \nA primeira xornada abrirase cunha conferencia inaugural da man de Albert Tacon (visitante Universidade de São Paulo- Brasil) e con dúas mesas de traballo repartidas o longo da maña unha do Instituto de Acuicultura de la USC\, e outra sobre o Marisqueo e Pesca de Baixura. \nA segunda xornada centrarase no tema da acuicultura do futuro onde falarán representantes sociais e expertos científicos que achegarán a súa visión múltidisciplinar do debate en cuestión.  \nO evento finalizará coa entrega de: XVIII Premio ao mellor póster e audiovisual (Patrocinado pola SEA). \nAdemais\, este ano\, o evento vese ampliado cara ás persoas máis pequenas co proxecto «Menudo ForoAcui»\, que terá lugar o día 17 de novembro. O proxecto está coordinado polo grupo Procesos Oceánicos en Cambio Global do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. \nMenudo ForoAcui\nXornada lúdico-educativa que se celebrará o 17 de novembro no Grove (Pontevedra). Esta xornada coordinada polo grupo Procesos Oceánicos en Cambio Global do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC ofrecerá unha serie de actividades que inclúen charlas\, teatro\, presentacións audiovisuais e moito máis. O propósito principal do proxecto é contribuír a incrementar as habilidades de cultura oceánica\, concienciar aos estudantes sobre a importancia dos recursos mariños\, a acuicultura e a saúde dos océanos. \nTras esta xornada inicial\, cada unha das clases seleccionadas para participar en Menudo ForoAcui profundará ao longo do curso escolar en áreas específicas de traballo. Estas liñas abarcan desde o marisqueo a pé\, o estudo do mexillón\, a exploración de recursos mariños e a súa relación co cambio climático\, ata a investigación das macroalgas\, o valor dos alimentos mariños\, os desafíos dos microplásticos e a problemática do lixo mariño\, así como o estudo de especies invasoras. \nAo longo do curso\, os estudantes recibirán a visitas de investigadores e expertos de institucións colaboradoras vinculadas ao sector. A través de charlas\, talleres e saídas de campo\, os estudantes mergullaranse en diversas temáticas relacionadas coa acuicultura e os recursos mariños. Ademais\, os grupos recibirán orientación e asesoramento para levar a cabo análise e estudos sobre os diferentes temas. Os resultados destas investigacións plasmaranse en pósteres e presentacións audiovisuais\, todos elaborados polos propios estudantes. \nAdemais de enriquecer a formación dos estudantes\, equipos especializados en pedagoxía e didáctica traballarán co profesorado para mellorar as súas habilidades relacionadas coa saúde dos océanos\, os recursos mariños e a acuicultura. \nO colofón desta emocionante iniciativa celebrarase o 7 de xuño de 2024\, coa realización dun congreso especial de Menudo ForoAcui.  Neste evento\, os participantes terán a oportunidade de presentar os seus traballos en forma de pósteres e presentacións audiovisuais\, ademais de participar en exposicións orais para compartir os seus achados e conclusións. \nMenudo ForoAcui non só promove a educación e a conciencia sobre o mundo mariño\, senón que tamén fomenta a colaboración e a investigación entre estudantes e expertos\, contribuíndo así ao coidado e preservación dos nosos océanos. \n«Proyecto realizado con la colaboración de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia\, Innovación y Universidades»
URL:https://iim.csic.es/evento/foroacui-xxv-menudo-foroacui/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-5-547.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231009
DTEND;VALUE=DATE:20231010
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230925T092729Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18005-1696809600-1696895999@iim.csic.es
SUMMARY:Sclerochronology research in the Adriatic Sea – what can we learn from bivalve shells?
DESCRIPTION:Melita Peharda\, is a Senior Scientist at the Institute of Oceanography and Fisheries (Split\, Croatia) who will be visiting the IIM-CSIC next week. Her research is in the field of marine ecology and is mostly related to bivalve ecology and sclerochronology\, including analysis of tissue\, shell growth increment structures and shell geochemistry. By analysing the physical and chemical variations in the accretionary hard tissues of organisms\, a lot of information can be obtained with applications for the management and conservation of commercially important and protected bivalve species. \nMelita will explain us about her research in the Adriatic sea and introduce shortly the Institute of Oceanography and Fisheries\, which was the first national scientific institution dedicated to marine research in Croatia\, with a lot of similarities with our IIM-CSIC because of their large multidisciplinary approach\, encompassing biological\, chemical\, and physical oceanography as well as sedimentology\, fishery\, and mariculture. \nAre you all invited to meet her next Monday\, October 9th at 13:30 at the IIM-CSIC’s Conference Hall.
URL:https://iim.csic.es/evento/sclerochronology-research-adriatic-sea-what-can-we-learn-bivalve-shells/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-8-ace.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231019
DTEND;VALUE=DATE:20231020
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20231010T113231Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18009-1697673600-1697759999@iim.csic.es
SUMMARY:Residencias Creativas: espazos para a divulgación da ciencia
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Luisa Martínez Lorenzo\, doutora en ciencias do mar e responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia. \nResidencias Creativas: espazos para a divulgación da ciencia\nEstamos nunha década decisiva na que é clave que a cidadanía coñeza as metas da Axenda 20-30 e tome conciencia sobre o seu papel\, individual e colectivo\, nas necesarias e urxentes medidas a levar a cabo. \nNeste contexto\, a comunidade científica xoga un papel fundamental que debería incluír unha eficiente e adaptada comunicación social da ciencia\, evitando deste xeito as informacións vertidas por gobernos e medios de comunicación que\, en moitos casos non buscan unha concienciación real da cidadanía. \nAnte este reto as aproximacións arte e ciencia preséntanse como poderosas vías de achegamento á sociedade. Novas narrativas que amosan a información científica desde outros enfoques\, que sorprenden e invitan á reflexión\, sen impoñer ou reclamar respostas. Unha canle de comunicación directa coa sociedade que da voz ás comunidades científica e artística\, con información rigorosa\, sen intermediarios e co obxectivo de chamar a atención\, de fomentar o pensamento critico e de deixar pegada no público. \nNesta conversa amosaranse os resultados e recorrido da Residencia Artística e de Creación levada a cabo por Luisa Martínez\, responsable da UCC do CSIC en Galicia e divulgadora científica\, no marco do proxecto Cartografías Líquidas (iniciativa del clúster EU National Institutes for Culture San Salvador). O tema de traballo foi o ODS 6 (Auga limpa e saneamento) e a entidade responsable do acompañamento e asesoramento foi  Plataforma Global El Salvador.   \nAs obras realizadas polos 6 artistas participantes nesta iniciativa\, pódense ver no CCESVLab\, espazo virtual de pensamento\, creación e innovación do Centro Cultural de España en El Salvador:  https://lab.ccesv.org/tema/ciencia-y-tecnologia/ \nLuisa Martínez Lorenzo\nDra. en Ciencias do mar\, divulgadora científica e ilustradora\, é desde o 2008\, responsable da Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia. Ten ampla experiencia no desenvolvemento de accións que achegan a ciencia á cidadanía\, especialmente no eido da investigación mariña. Como relatora participa en cursos e xornadas sobre a comunicación da ciencia\, e sobre o uso dos libros informativos para achegar a investigación ao público infantil e xuvenil.
URL:https://iim.csic.es/evento/residencias-creativas-espazos-para-divulgacion-da-ciencia/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/10/encontros-espresso-luisa-martinez-19out-5d2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231104
DTEND;VALUE=DATE:20231105
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20231016T110108Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18010-1699056000-1699142399@iim.csic.es
SUMMARY:Taller | Atopa a especie! | MCG23 | SCT23
DESCRIPTION:Reservas e + info aquí \nA UCC+I do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) en colaboración coa Biblioteca de Galicia (Xunta de Galicia) e coa UCC Delegación do CSIC en Galicia\, organiza un obradoiro en torno ao xogo de mesa chamado «ATOPA A ESPECIE!». Esta actividade forma parte do Mes da Ciencia en Galego nas Biblilotecas e da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía do CSIC e terá lugar o vindeiro 4 de novembro na Aula I da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. \nO xogo «ATOPA A ESPECIE!» está deseñado especialmente para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos\, e ofrece unha combinación de diversión e aprendizaxe a través dun xogo de memoria con especies mariñas autóctonas. Achégate a esta emocionante aventura educativa na que exploraremos as augas de Galicia e descubriremos a importancia de protexer o noso medio mariño. \n\nA participación nesta actividade é gratuita\, pero  require unha reserva previa. As prazas son limitadas!. \n\nAprende xogando! Descubre as Especies Mariñas de Galicia  \n?? Crianzas de 6 a 12 anos. \n«ATOPA A ESPECIE!» é unha oportunidade para aprender xogando e descubrir as especies mariñas de Galicia. Está recomendado para nenos e nenas de 6 a 12 anos\, sempre acompañados dunha persoa responsable. \nA natureza ofrécenos unha gran cantidade de marabillas por descubrir e a rica costa atlántica de Galicia alberga unha biodiversidade mariña fascinante. O obxectivo desta actividade é achegar aos máis novos a este tesouro natural e promover a súa conservación. \nUn xogo educativo baseado na memoria e nas especies mariñas \nO xogo educativo consiste en emparellar cartas que representan diferentes especies mariñas que habitan as costas de Galicia. As crianzas mergullaranse no mundo do océano mentres gozan combinando imaxes de peixes\, crustáceos e outros habitantes do mar. \nÁ medida que se mergullan no xogo\, tamén coñecerán as diferentes especies mariñas que se atopan nas augas galegas. Con cada carta\, aprenderán unha breve e divertida descrición das especies correspondentes\, e fomentarase o uso dos nomes comúns en galego\,enriquecendo o seu vocabulario e a súa conexión coa fauna e flora da súa contorna. \nO valor da conservación \nMáis aló da diversión e da aprendizaxe\, esta actividade ten un obxectivo fundamental: concienciar á mocidade\, ás persoas que xestionarán o noso futuro\, sobre a importancia de conservar as especies mariñas e os seus ecosistemas. Galicia conta cunha riqueza natural inigualable nas súas augas\, e é fundamental que as xeracións vindeiras comprendan a necesidade de protexer estas especies para o benestar do noso planeta e da sociedade en xeral. \nAo familiarizarse coas especies mariñas e comprender o seu papel no equilibrio ecolóxico\, nenas e nenos converteranse en defensores do océano e embaixadoras da conservación. Unha actividade que busca inspirar un amor duradeiro pola natureza e ccontribuír a unha conciencia ambiental que perdure durante toda a súa vida.
URL:https://iim.csic.es/evento/taller-atopa-especie-mcg23/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/10/04nov-atopa-a-especie-evento-web-d4d.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231110
DTEND;VALUE=DATE:20231111
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20231117T123205Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18012-1699574400-1699660799@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas Escolares ao IIM | IES Valle Inclán
DESCRIPTION:Despois da benvida e presentación do traballo que se realiza no IIMC-CSIC por parte da UCC+I do centro\, os estudantes tiveron a oportunidade de participar nunha charla con varios grupos do instituto\, incluíndo Bioxeoquímica Mariña\, Laboratorio de Xeoquímica Orgánica e os Acuarios. \nMoitas grazas por vir! Desexamos volver a velos por aquí!»
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-escolares-ao-iim-ies-valle-inclan/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/01/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-18-109.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231124
DTEND;VALUE=DATE:20231125
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230927T093539Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18008-1700784000-1700870399@iim.csic.es
SUMMARY:Encontros IIM 2023 | 4ª fase
DESCRIPTION:Aquí podes ver todos os traballos presentados \nQue son os Encontros?\nSon unha xuntanza informal anual na que todo o persoal do centro tanto investigador como técnico\, en prácticas\, temporal ou funcionario poda compartir o que fai co gallo de coñecernos mellor e ter unha idea máis concreta da actividade do IIM fomentando a discusión científico-técnica\, e reforzando vínculos entre grupos \nA idea é que todos o persoal se sinta implicado e nos conte en que consiste o seu traballo diario\, a través dun póster que poderá comentar durante a xornada nun tempo estimado de non máis de 5 minutos. \nProgramación
URL:https://iim.csic.es/evento/encontros-iim-2023-4a-fase/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/10/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-14-7ca.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231130
DTEND;VALUE=DATE:20231201
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20231116T111455Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18011-1701302400-1701388799@iim.csic.es
SUMMARY:Pesquerías sostenibles a largo plazo en un ambiente cambiante
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Natalia Petit\, do Grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños \n«Pesquerías sostenibles a largo plazo en un ambiente cambiante: integrando la genética de poblaciones a las ciencias pesqueras».\nOs cambios nas condicións físicas\, químicas e biolóxicas dos hábitats mariños\, orixinados por diversas actividades humanas (é dicir o cambio global)\, complican as avaliacións necesarias para garantir a sustentabilidade a longo prazo dos recursos pesqueiros naturais. Para prosperar\, as especies mariñas deben adaptarse ás novas condicións ambientais mediante o proceso de selección natural\, que utiliza a variabilidade xenética presente nas poboacións das especies como materia prima. \nCon todo\, os episodios de sobreexplotación xeran diminucións nos tamaños das poboacións\, reducindo proporcionalmente os seus niveis de diversidade xenética e\, potencialmente\, a capacidade da especie para adaptarse a cambios no ambiente. A xenética das poboacións é a disciplina encargada de investigar os cambios nos niveis e patróns de diversidade xenética das poboacións\, proporcionando un marco teórico sólido para avaliar tanto a posible perda de variabilidade xenética por explotación como o tempo necesario para a súa recuperación. \nDesta maneira\, a inclusión da xenética de poboacións nas avaliacións dos recursos mariños explotados é de suma importancia e urxencia para garantir a sustentabilidade a longo prazo destes recursos. \nNatalia Petit-Marty \nXenetista e bióloga evolutiva. Obtivo a súa Licenciatura en Xenética en 1999 en Arxentina\, onde tamén iniciou a súa carreira investigadora abordando temas relacionados coa xenética de poboacións de insectos infestas. En 2003\, trasladouse a España e comezou a súa tese doutoral en xenética de poboacións e evolución molecular\, no marco do programa de doutoramento en Xenética da Universidade Autónoma de Barcelona\, obtendo o grao de Doutor con máxima cualificación en 2008. \nEntre 2009 e 2013\, levou a cabo diversos proxectos\, principalmente centrados na xenómica de poboacións de especies de primates\, como investigadora postdoutoral no Instituto de Bioloxía Evolutiva de Barcelona. En 2014\, estableceuse na Illa de Menorca\, onde traballou de forma independente\, focalizándose principalmente en temas relacionados coa conservación mariña. En 2019\, trasladouse a Hong Kong para desempeñarse como investigadora postdoutoral no Swire Institute of Marine Science da Universidade de Hong Kong\, onde desenvolveu proxectos relacionados cos mecanismos de adaptación de especies mariñas aos cambios nas condicións do mar. Finalmente\, en 2022\, obtivo unha posición postdoutoral financiada polas Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) para traballar no proxecto “Potencial adaptativo ao cambio nas condicións do ambiente en especies de peixes explotadas” no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM -CSIC) en Vigo\, a cal é a súa posición actual. \nNatalia publicou vinte e catro artigos científicos\, sendo a autora principal en once deles; colaborou en diferentes proxectos científicos a nivel nacional e internacional e participa activamente en actividades de divulgación científica para concientizar sobre a vulnerabilidade do medio mariño ás actividades humanas.
URL:https://iim.csic.es/evento/pesquerias-sostenibles-largo-plazo-en-un-ambiente-cambiante/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/11/encontros-espresso-natalia-30nov-2-57a.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231214
DTEND;VALUE=DATE:20231215
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20231205T045617Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18013-1702512000-1702598399@iim.csic.es
SUMMARY:Sementando no mar
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\, coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nRematamos os Encontros Espresso 2023 da man da nosa compañeira\, Laura García Peteiro\, do Grupo de EsMaBa – Ecoloxía\, Biomarcadores e Xestión Sostible de Bivalvos \n«Sementando no mar: Novas aproximacións e ferramentas para un marisqueo e acuicultura sustentables«.\nO marisqueo e a acuicultura de bivalvos están baseados en invertebrados bentónicos sedentarios con unha forte e persistente estrutura espacial\, que require do deseño de estratexias de manexo espazo-específicas. Un plan de manexo espacial adecuado para estes recursos implica un profundo coñecemento\, non só da estrutura espacial dos stocks e do esforzo pesqueiro que se realiza en eles\, se non tamén dos fluxos de individuos entre sub-poboacións e\, por tanto\, dos patróns de dispersión larvaria destas especies. Non en tanto\, a inclusión de termos relativos á conectividade entre sub-poboacións non é frecuentemente incluído nos plans de manexo destes recursos\, en gran parte debido a dificultade de obter estimadores empíricos desta variable. \nNeste seminario falaremos de novas ferramentas multidisciplares que están comezando a empregarse en Galicia\, (uso de drones\, modelos bio-físicos\, técnicas de marcaxe natural de larvas\, etc.)\, que permiten identificar poboacións chave para a reposición dos stocks\, así como os factores hidrolóxicos e ambientais que determinan eses padróns de conectividade. O uso combinado destas técnicas\, ofrece un avance prometedor para a inclusión de parámetros de conectividade nos plans de xestión de estes recursos\, peza imprescindible para conseguir unha explotación sustentable do marisqueo e a acuicultura de bivalvos en Galicia. \nLaura García Peteiro\nDoutora en Bioloxía Mariña e Acuicultura (2009) con ampla experiencia inter-sectorial e interdisciplinar\, tendo traballado en ONGs (SEO-BirdLife)\, empresas do sector da acuicultura (PROINSA S.A.)\, centros tecnolóxicos (CETMAR)\, universidades e centros de investigación nacionais (IIM-CSIC\, UVigo) e internacionais (UAveiro-Portugal\, OIMB-USA). Na súa faceta investigadora\, principalmente especializada en acuicultura de bivalvos\, patróns de dispersión larvaria\, ecoloxía\, fisioloxía e xestión de especies sedentarias de interese comercial\, destacando a utilización de novas tecnoloxías para a xestión integral dos recursos naturais\, como o uso de técnicas de marcaxe natural (“elemental fingerprinting”)\, o uso de drones para a monitorización de poboacións do intermareal rochoso ou a aplicación de técnicas SIX (Sistemas de Información Xeográfica) que permiten a incorporación da compoñente espacial na xestión dos recursos\, sendo o marisqueo e a acuicultura de bivalvos os seus principais focos de interese. \n 
URL:https://iim.csic.es/evento/sementando-no-mar/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/12/encontros-espresso-laura-peteiro-15dec-e84.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240118
DTEND;VALUE=DATE:20240119
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240112T094151Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18014-1705536000-1705622399@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas Escolares ao IIM | Colexio Nuestra Señora de la Esperanza
DESCRIPTION:Despois da benvida e presentación do traballo realizado no IIMC-CSIC pola UCC+I do centro\, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer os nosos acuarios. Nesta ocasión\, ademais\, o grupo Biosistemas e Enxeñaría de Bioprocesos\, con Carlos Vilas\, Adrián Pedreira e Míriam R. García\, mostráronlles a planta piloto dentro do proxecto «Modelos basados en datos e actualización de modelos para xemelgos dixitáis»\, facendo especial énfase no morbistostato no contexto do proxecto «Xemelgos dixitáis para hixienización en procesos da industria alimentaria». \nTamén compartiron tempo coa unidade SEMAIM: Microscopia óptica e análise de imaxe\, onde as compañeiras Lucía Sánchez Ruiloba e Laura Gómez Montoto mostraron o traballo desenvolvido nesta unidade. \nMoitas grazas por vir! 
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-escolares-ao-iim-colexio-nuestra-senora-de-la-esperanza/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/01/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-19-2df.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240130
DTEND;VALUE=DATE:20240131
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240129T094349Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18015-1706572800-1706659199@iim.csic.es
SUMMARY:The immune response of the mussel M. galloprovincialis.
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n  \nAmaro Saco Beiroa\, do grupo de Inmunoloxía e Xenómica do IIM-CSIC\, defenderá a súa tese pola Universidade de Vigo\, dentro do  Programa de Doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida de forma presencial no salón de actos do IIM. Poderá seguirse on line. \nA tese\, titulada «The immune response of the mussel Mytilus galloprovincialis. Transcriptomics\, proteomics and evolutionary aspects»  foi codirixida por Antonio Figueras e Beatriz Novoa\, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.
URL:https://iim.csic.es/evento/immune-response-mussel-mytilus-galloprovincialis-transcriptomics-proteomics-and/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/01/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-20-a67.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240211
DTEND;VALUE=DATE:20240309
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240205T105741Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18017-1707609600-1709942399@iim.csic.es
SUMMARY:11F2024 | O programa do IIM-CSIC
DESCRIPTION:O Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC celebra un ano máis o «Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia»  #11F2024  cun programa de actividades deseñado para destacar o papel das mulleres na investigación mariña e creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais. \nO programa do IIM desenvolverase a partir de febreiro e está composto pola publicación de vídeos e charlas en escolas\, destacando o papel das científicas e técnicas como #MulleresDeCiencia. \n\nSaber do Mar | Tempada 3\n \nO Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) estrea a 3ª tempada da serie «Saber do Mar»\, o primeiro vídeo emitirase coincidindo co propio día 11 de feberiro na canle de Youtube do IIM-CSIC e a protagonista será a nosa compañeira Camino Gestal\, xefa do grupo de Patobioloxía Molecular Mariña\, que nos falará da influencia da alimentación no crecemento e saúde dos polbos mediante técnicas ómicas.  \nSaímos á rúa para preguntarlle á xente que coñece do que facemos no IIM-CSIC\, que lle gustaría coñecer da nosa actividade científica e\, en definitiva\, que lle gustaría saber do mar. Estas preguntas\, que gravamos en vídeo e están sendo contestadas da mesma forma polos científicos e científicas do centro. \nO resultado final é unha serie de audiovisuais que seguimos completando con esta 3ª tempada de #SaberDoMar! \nActividade organizada co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología 2018. \nEsta nova tempada dará lugar a unha nova serie de 5 audiovisuais protagonizados pola veciñanza e o persoal do noso centro. \nVisualiza a tempada 1 e 2 \n\nCharlas en centros educativos\nNo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)\, comprometémonos a promover a ciencia e a investigación mariña. Durante as próximas semanas\, varias traballadoras do centro visitarán escolas para compartir a súa labor como científicas e técnicas. \nEste esforzo busca inspirar ás futuras xeracións e fomentar a participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía. O noso obxectivo principal é achegar a ciencia mariña aos estudantes\, destacando o papel crucial das mulleres neste campo e motivándoos a considerar carreiras en ciencia e tecnoloxía. Ademais\, buscamos promover a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico e visibilizar o traballo das científicas.
URL:https://iim.csic.es/evento/11f2024-o-programa-do-iim-csic/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-21-ddc.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240221
DTEND;VALUE=DATE:20240222
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240221T074138Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18018-1708473600-1708559999@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas ao IIM | Centro de Estudos Superiores Aloya
DESCRIPTION:Foi un pracer darlle a benvida ao Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do CES Aloya nas nosas instalacións do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación\, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles: \n10:00 – Recepción e Benvida: \nIniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I. \nVisitas a laboratorios e Acuario: \nDurante a visita\, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario\, guiados por persoas expertas en cada área: \n\nGrupo de Inmunoloxía e Xenómica (Beatriz Novoa).\nLaboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Raquel Aranguren\, Begoña Villaverde).\nGrupo de Patobioloxía Molecular Mariña (Camino Gestal\, Sonia Dios e Maria del Mar Costa\, Sara Polo)\nGrupo de Ecoloxía de Recursos Mariños (Alex Alonso\, Mariña Fabeiro)\nAcuario do centro.\n\n14:00 – Despedida: \nEsperamos que desfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)! \n\nAlgunhas das accións realizadas nesta visita organizada pola UCC+I  do centro\, enmarcáronse nos seguintes proxectos:  “OceanNight”\, “IMANREFIVIR: Resposta antiviral dos peixes contra virus ARN” e “BIMICRODIS: Bivalvos\, microbioma e enfermidades”. “Inmunidade en polbo común: recoñecemento do non propio e resposta inducida por patóxenos – INMUNOCTOPUS” e “Efecto da ondada oceánica no sistema de afloramento das Rías Baixas: dinámica de superficie sobre casos biolóxicos seleccionados – STRAUSS”\, ambos enmarcados no Programa I+D+I do MCIU\, e “Avances no benestar de polbo\, Octopus vulgaris\, en cultivo. Unha aproximación multidisciplinar para un cultivo sustentable – OCTOWI” e “Ferramentas para a xestión sustentable do abastecemento natural de semente de bivalvos – BiReMARK”\, enmarcados no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia. Marine Science Programme (ThinkInAzul). MICIN e Xunta de Galicia. Fondos Next Generation EU (PRTR-C17.I1) e Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP/FEMPA)”.
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-ao-iim-centro-de-estudos-superiores-aloya/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-23-a70.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240228
DTEND;VALUE=DATE:20240229
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240222T103938Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18020-1709078400-1709164799@iim.csic.es
SUMMARY:Presentación de HippoDEC
DESCRIPTION:Inscricións \nO vindeiro 28 de febreiro terá lugar a presentación do proxecto “Hippo-DEC: Diagnóstico do estado de conservación de cabalos de mar no litoral español\, áreas críticas e medidas de conservación» no Auditorio do Cambón\, sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia\, situado en Vigo. \nEste proxecto\, liderado polos investigadores Miquel Planas  e Jorge Urcera do grupo de Ecoloxía de Recursos Mariños do IIM-CSIC\, ten como obxectivo principal avaliar a situación actual das poboacións salvaxes de cabalos de mar\, especies vulnerables incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial dende 2011. «O proxecto Hippo-DEC permitirá recompilar\, analizar e avaliar información vital para a conservación destas especies\, así como propoñer medidas de protección e áreas críticas que requiren atención especial. \nEsta iniciativa representa un avance significativo cara á protección e preservación dos cabalos de mar no litoral español\, demostrando o compromiso conxunto da comunidade científica e a sociedade na conservación da biodiversidade mariña. \nO proxecto conta coa colaboración de Observadores do Mar\, Fundación Aula do Mar do Mediterráneo\, ONG Oceánidas\, Fundación Oceanográfic de Valencia\, ONG Ambiens\, Palma Aquarium\, Acuario Gijón e Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais\, a investigación está financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Protocolo Xeral de Actuación DGBBD-OAPN-FB-CSIC en materia de patrimonio natural\, biodiversidade\, forestal e adaptación ao cambio global\, co obxectivo de determinar zonas preferentes de conservación e propoñer medidas de actuación. \n\n Programa   
URL:https://iim.csic.es/evento/presentacion-del-proxecto-hippo-dec/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/noticas-2023-11-b71.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240311
DTEND;VALUE=DATE:20240312
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240311T111921Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18021-1710115200-1710201599@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas Escolares ao IIM | Colexio Lar
DESCRIPTION:Foi un pracer darlle a benvida ao Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do Colexio Lar nas nosas instalacións no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación\, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles: \n10:00 – Recepción e Benvida: \nIniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I. \nVisitas a Laboratorios e Acuario: \nDurante a visita\, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario\, guiados por expertos en cada área: \n\nGrupo de Inmunoloxía e Xenómica ( Beatriz Novoa).\nLaboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Raquel Aranguren e Begoña Villaverde).\nGrupo de Patobioloxía Molecular Mariña (Camino Gestal\, Sonia Dios\, Marimar e Sara Polo)\nAcuario do centro.\n\nEsta acción foi organizada pola UCC+ I do centro e levouse a cabo no marco dos proxectos “OceanNight” \n14:00 – Despedida: \nEsperamos que disfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)!
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-escolares-ao-iim-colexio-lar/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/03/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-25-15f.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR