BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.17.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230706
DTEND;VALUE=DATE:20230707
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230627T095231Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17994-1688601600-1688687999@iim.csic.es
SUMMARY:Malvinas/Falkland y aguas internacionales en diálogo transdisciplinar.
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nFinanciado por Red LifeHUB.CSIC (PIE-202120E047-Conexiones Life). \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Esmeralda Broullón\, procedente do Grupo de Estudios Americanos da Escuela de Estudios Hispano-Americanos / Instituto de Historia (EEHA/IH-CSIC) \, que coa súa intervención pecha esta 1ª tempada dos Encontros Espresso! \nMalvinas/Falkland y aguas internacionales en diálogo transdisciplinar. Un enfoque etnohistórico de las pesquerías españolas en época contemporánea.\nEsta presentación exporá os resultados dunha primeira exploración transdisciplinar acerca das pesqueiras e a frota de gran altura no Atlántico Sudoccidental (ATSW). Desde un enfoque etnohistórico de partida\, ten como finalidade transferir unha cosmovisión e achegar o estado da cuestión acerca destas en época actual. \nAtenderase ao seu desenvolvemento no pasado recente\, en canto actividade extractiva de recursos naturais nun territorio de fronteiras concibido como espazo xeográfico e fenómeno socio-político. Por esta razón\, seleccionáronse as coordenadas xeopolíticas de Malvinas/Falkland e augas internacionais\, correspondentes ás sub-áreas de zona de pesca 41.3.1 e 41.3.2 de FAO. \nO obxectivo principal é explorar un específico modo de vida extraterritorial baixo a singradura de dous continentes (Europa-América) nun diálogo transdisciplinar. Posto que o desenvolvemento científico-tecnolóxico\, os recursos naturais e as forzas de traballo a bordo son tres dos piares esenciais no acceso aos mares e unha recursos caracterizados\, do mesmo xeito que a tripulación\, pola súa itinerancia. Sen obviar a “nacionalización” das augas emprendidas a finais dos anos setenta do pasado século XX. \nEn canto a hipótese de partida sostense\, de maneira correlativa\, que a singularidade fronteiriza e inter-rexional dunhas augas carentes dun organismo internacional regulador (ORP)\, xunto á división internacional do traballo e intersección de marcadores étnicos e de xénero\, introducidos no novo século\, regulan a estrutura social e o imaxinario cultural das xentes que faenan mar adentro. Uns actores ‘internados’\, é dicir\, asistidos por un exacerbado illamento territorial e un renovado espazo segregacional no mar e en terra. Homes a bordo de distintas nacionalidades xunto a unha desnivelada inserción feminina. Dito doutra maneira\, actores inmersos no industrializado proceso de captura de arrastre e elaboración do peixe\, pero re-conceptualizado baixo a categoría de «salvaxe». En definitiva\, unha xerárquica colectividade subsumida nunhas globalizadas cadeas de renovados consumos baixo o paradigma dun novo sistema alimentario. \nEsmeralda Broullón \nLicenciada en Antropoloxía e doutora en Historia. A súa área de especialización vira ao redor dos estudos sobre a cultura en articulación con tres eixos: poboación\, narrativas diaspóricas e imaxinarios políticos transculturales. Na actualidade é Científica Titular da EEHA/IH-CSIC. Foi investigadora posdoctoral no CCHS-CSIC\, Madrid (JAE-doc); investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Sevilla; docente universitaria (TU/Aneca\, 2016) e asesora técnica na Consellería de Igualdade (Xunta de Andalucía). \nAo longo da súa carreira\, realizou estudos de campo entre sociedades marítimo-pesqueiras do ámbito iberoamericano e prestado especial atención aos movementos sociais femininos\, entre estes «Rosa dos Ventos» (Vigo). É integrante da Rede Iberoamericana de Investigación en Comunidades Marítimas (RiCoMa)\, coordinada pola Universidade do Mar da Prata e a Universidade de Barcelona. \nOs resultados da súa investigación foron transferidos en revistas indexadas e monografías colectivas\, entre as que destacan: «Inclusión social y visibilidad del rol femenino en las sociedades marítimas». En Igual\, D. e González Guardiola\, M. D.\, El mar vivido: Perfiles sociales de las gentes de mar en larga duración (siglos XV-XXI)\, UClM\, 2020; «Politics\, ideology and culture of the Andalusians in the Southern Cone of America: between Hispanic essentiality and self-identity»\, JILAR\, 24/3\, 2019; «Más allá del Gran Sol: O itinerario transoceánico das pesqueiras galegas desde una perspectiva dos Estudos Culturais (1945–1955)»\, Galicia 21\, Bangor University and University College Cork\, 2018. \nCoordinou e editou o dossier\, «Género\, ciencia y conocimiento»\, Revista Internacional de Filosofía Daimon\, Sup. 6\, 2017 e Intrépidas. Entre Europa y las ‘Américas’: cultura\, arte y política en equidad\, Madrid\, Praza e Valdés\, 2022. \nNo periodo entre xuño e xullo do 2023 realiza unha estancia de investigación interdisciplinar no IIM-CSIC sobre o ‘mundo’ das pesqueiras e a frota de orixe española no Atlántico Sudoccidental: Malvinas e augas Internacionais en época contemporánea. Estancia e liña de investigación financiada pola Rede Life. Hub/CSIC: https://lifehub.csic.es
URL:https://iim.csic.es/evento/malvinasfalkland-y-aguas-internacionales-en-dialogo-transdisciplinar/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/07/encontros-espresso-esmeralda-v2-corrixida-0-80e.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230727
DTEND;VALUE=DATE:20230729
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230706T070502Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17996-1690416000-1690588799@iim.csic.es
SUMMARY:De Bouzas a Ríos
DESCRIPTION:No IIM-CSIC estamos comprometidos coa implicación da sociedade na investigación mariña\, polo que o primeiro que queremos facer antes de mudar a nosa sede ao barrio de Teis é presentarnos ante a veciñanza e compartir con eles a obra arquitectónica que formará parte da súa paisaxe nos próximos anos\, nun evento de balde e aberto ao público xeral. \nAsí\, presentaremos ante o noso novo barrio os 38 proxectos arquitectónicos presentados a un concurso público para construir a nosa nova sede\, incluído o proxecto gañador. Unha primeira pedra para poñer a Ríos\, a Teis e á cidade de Vigo no epicentro da investigación mariña a nivel local e global\, dentro do proxecto do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar. \nEste evento ten como obxectivo convidar ao público e\, especialmente\, á veciñanza dos arredores a coñecer o proxecto. A exposición poderá visitarse o 27 de xullo\, de 16:00 a 19:00 horas\, e o 28 de xullo\, de 11:00 a 14:00 horas. O persoal do IIM-CSIC estará presente para guiar ao público pola exposición. Haberá tamén interpretación a Lingua de Signos Española (LSE) dispoñible. \nNon perdades a ocasión de formar parte deste momento destacado na historia da nosa cidade\, unha oportunidade única para coñecer de primeira man as 38 candidaturas participantes e o proxecto gañador de arquitectura que porá primeira pedra no Campus Científico-Tecnolóxico do Mar
URL:https://iim.csic.es/evento/de-bouzas-rios/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/07/invitacion-a-evento-etea-42-59-4cm-1080-1080px-1080-567px-a32.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230912
DTEND;VALUE=DATE:20230913
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230901T103439Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17997-1694476800-1694563199@iim.csic.es
SUMMARY:Xornada de Portas Abertas
DESCRIPTION:Rexístrate de balde \nO Instituto de Investigacións Mariñas\, en Bouzas\, ten o pracer de convidarvos á Xornada de Portas Abertas que terá lugar o 12 de setembro de 2023 entre as 10:00 e as 19:00 horas\, elixe a quenda que che vaia mellor! \nEste evento brindaravos a oportunidade de coñecer de preto laboratorios\, corredores\, acuarios e espazos onde descubrir o traballo que realizamos no ámbito da investigación mariña. \nAsí\, percorrerás o Instituto en visitas guiadas duns 90 minutos\, coñecendo ás científicas e técnicos que fan ciencia dende o noso barrio. Contaremos tamén con demostracións prácticas realizadas polo noso persoal. \nNon deixes de traer á familia e amigos para pasar un día verdadeiramente inesquecible! \nO Instituto de Investigacións Mariñas está situado na rúa de Eduardo Cabello\, 6\, Bouzas – Vigo.  \nRecomendamos o uso de calzado cómodo e que non sexa delicado nin de tea para realizar as visitas\, xa que teremos que pasar obligatoriamente por pediluvios para a desinfección do calzado antes de entrar a algunhas salas. \nA﻿ccesibilidade e interpretación en LSE \nNas quendas das 10:00 horas e das 16:00 horas contaremos con interpretación de Lingua de Signos Española (LSE) para as persoas que o precisen. \nPor motivos de organización\, agradecemos que no formulario indiquedes se precisaredes este servizo ou non. \nPor outra banda\, indicar que a visita -dunha duración estimada de 1 hora e media- se realiza en espazos estreitos que\, por desgraza\, imposibilitan realizala en cadeira de rodas. \nAcceso á visita e puntualidade \nO IIM-CSIC é un centro de investigación e o seu traballo continuará tamén ese día. Para evitar afectar ao traballo dos grupos de investigación\, pregamos a máxima puntualidade das persoas rexistradas. Unha vez comece a visita\, no caso de non estar presente algún dos asistentes rexistrados\, entenderase que a persoa non asistirá e\, por tanto\, o seu lugar poderá ser ocupado por outra no caso de que así se solicite. Recomendamos presentarse na entrada do Instituto 5 minutos antes do comezo da visita.
URL:https://iim.csic.es/evento/xornada-de-portas-abertas/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/evento-web-96e.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230913
DTEND;VALUE=DATE:20230914
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230906T132157Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17998-1694563200-1694649599@iim.csic.es
SUMMARY:Nuestros orígenes: momentos clave en el IIP
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \n\nNesta ocasión teremos un Encontros Espresso especial\, co gallo dos 50 anos do comezo do traballo do IIM-CSIC na vila de Bouzas. Unha ocasión especial para recordar as orixes deste edificio e desta veciñanza coa que tanto temos compartido\, dando grazas por estas 5 décadas de ciencia mariña ao voso carón.  \n\nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 11:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos. unha vez máis\, co noso compañeiro\, Ricardo Prego\, procedente do Grupo de Bioxeoquímica Mariña.
URL:https://iim.csic.es/evento/nuestros-origenes-momentos-clave-en-el-iip/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/20230906-181530-0000-ca9.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230929
DTEND;VALUE=DATE:20230930
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230915T040241Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18001-1695945600-1696031999@iim.csic.es
SUMMARY:"Neuston 3: En concerto co océano" con Abraham Cupeiro | Ocean Night 2023
DESCRIPTION:​Entradas en eventbrite \n«Neuston 3: en concerto co océano» é unha fascinante viaxe musical polo océano a cargo do talentoso músico Abraham Cupeiro. Este concerto pretende transmitir a vital importancia do océano na vida e sustentabilidade da terra\, así como difundir os principios da Cultura Oceánica (UNESCO\, 2020). \nO artista\, é un construtor e multiinstrumentista que emprega sonoridades de instrumentos recuperados do esquecemento do tempo. Neste evento\, deleitaranos con varias composicións musicais inspiradas no océano e no traballo do Instituto de Investigacións Mariñas. \nO evento\, organizado pola Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC\, en Vigo\, en colaboración co Real Jardín Botánico de Madrid (RJB-CSIC) co gallo da Ocean Night – Noite Europea das Persoas Investigadoras (MSCA-ERN) terá lugar en sala Cátedra Cavanilles do RJB – CSIC de Madrid o día 29 de setembro en dúas sesións\, ás 18:30 e ás 20:30 horas\, elixe a que mellor che veña!.  A entrada será pola rúa Claudio Molina\, 1. \nO concerto\, de entrada libre\, é o resultado dunha estreita colaboración entre o artista sarriao e a comunidade científica do Instituto; a través dunha serie de visitas ao centro e de reunións cos grupos de investigación e co equipo da súa Unidade de Cultura Científica. \n\nAs entradas\, que poden adquirirse a partir do xoves\, 21 de setembro\, ás 18h en eventbrite. \n\nOs Neuston Experiments e a Ocean Night do CSIC\nO evento\, denominado Neuston Experiment 3: In concert with the Ocean\, é xa o terceiro da serie dos Neuston Experiments\, comezados no ano 2008\, coa participación de artistas como Vitor Freixanes\, Rosa Aneiros\, Manuel Sendón\, Marilar Aleixandre ou Miguelanxo Prado\, así como Mónica de Nut na edición de 2021. \nA música\, inspirada pola ciencia mariña\, combinarase cunha montaxe audiovisual que se proxectará durante o evento\, montada a partir de imaxes reais fornecidas pola comunidade científica do instituto de Bouzas. \nO acontecemento será un dos moitos organizados esa noite como celebración da Ocean Night ( ‘Noite do Océano’\, en galego). A Ocean Night é un programa de divulgación científica integral de 2 anos de duración (2022 y 2023) que busca fomentar a chamada “cultura oceánica”\, a consciencia do impacto que os ecosistemas mariños teñen na sociedade e viceversa\, así como pór en valor o coñecemento científico\, a investigación e as persoas que traballan neste eido. \n\nDescubre todos os eventos que dende a Ocean Night preparamos por toda a península. Accede a web. \n\nÉ\, ademais\, un dos proxectos financiados pola European Researcher’s Night (MSCA-ERN)\, unha convocatoria europea de fomento da Cultura Científica promovida dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa. A MSCA-ERN\, ten lugar anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar as persoas que investigan á cidadanía para que coñezan o seu traballo e os beneficios que aportan á sociedade. \nA organización do evento recae sobre cinco dos principais centros de investigación mariña e costeira do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC): o Institut Mediterrani d’Estudis Avançats (IMEDEA-UiB-CSIC; Esporles)\, o Institut de Ciències del Mar  (ICM-CSIC; Barcelona)\, o Centre d’Estudis Avançats de Blanes (CEAB-CSIC; Blanes)\, o Instituto de Ciencias del Mar de Andalucía (ICMAN-CSIC; Cádiz)\, e o propio IIM-CSIC de Vigo. Xunto con eles\, colaboran tamén a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia\, a Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC (UTM-CSIC) e o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal (IATS-CSIC; Castellò). \nO artista\, Abraham Cupeiro\nAbraham Cupeiro (Sarria\, 1980) é un construtor e multintrumentista galego que busca a recuperación de instrumentos perdidos no tempo para utilizalos na creación de novas sonoridades. \nAdemais da súa fonda formación musical\, Abraham destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro) e por recuperar un instrumento ancestral da tradición galega desaparecido na segunda metade do século XX: a corna. \nConstrutor dos seu propios instrumentos\, o sarriao conta actualmente con 3 proxectos musicais en marcha: Resoando no pasado\, Pangea e Sons esquecidos. Destaca ademais a súa labor de divulgación musical en escolas\, redes sociais e incluso a través de programas como La Resistencia. \nProxecto financiado pola Unión Europea\n \nA Noite Europea dos Investigadores é un proxecto europeo de divulgación científica promovido dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa\, que se desenvolve anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar á cidadanía ás persoas que realizan investigacións para que coñezan o seu traballo\, os beneficios que aportan á sociedade e o seu impacto na vida diaria.
URL:https://iim.csic.es/evento/neuston-3-en-concerto-co-oceano-con-abraham-cupeiro-ocean-night-2023/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxe-web-e52.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230929
DTEND;VALUE=DATE:20230930
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230921T045754Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18002-1695945600-1696031999@iim.csic.es
SUMMARY:Adaptacións morfolóxicas e patróns de expresión xenética na migración do ollo de peixes planos.
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Laura Guerrero Peña\, Investigadora predoutoral do Laboratorio de Biolotecnoloxía Acúatica. \nAdaptacións morfolóxicas e patróns de expresión xenética na migración do ollo de peixes planos.\nOs depredadores dependen en gran medida das súas capacidades visuais para detectar e rastrexar con precisión ás súas presas. Como resultado diso\, algunhas especies desenvolveron adaptacións únicas na súa morfoloxía e sistema visual\, aumentando a eficiencia no seu comportamento de emboscada. Os peixes planos son un exemplo diso; estes peixes son simétricos e peláxicos ao nacer\, pero experimentan unha serie de cambios morfolóxicos que lles permiten vivir como xuvenís bentónicos. Entre os moitos cambios que experimentan\, inclúese a migración dun ollo cara ao outro lado do corpo. No noso estudo\, levamos a cabo unha análise transcriptómico do ollo que migra e do que non migra en tres estadios cruciais da metamorfose do rodaballo co propósito de atopar diferenzas de expresión xénica entre ambos os ollos. Os nosos datos revelaron un patrón de expresión único para o xene da ependimina (epd)\, un xene con funcións na memoria\, rexeneración e plasticidade neuronal. Para investigar máis a fondo o potencial papel do xene epd\, creamos mutantes knockout en peixes cebra e examinamos a rexeneración axonal despois dunha lesión no nervio óptico\, comparando o fenotipo en peixes salvaxes e mutantes. Desta maneira\, exploramos a posible correlación da asimetría do nervio óptico e a migración dun dos ollos en peixes planos coa sobreexpresión obtida do xene epd no ollo que migra durante o clímax da metamorfose. \nLaura Guerrero Peña\nGraduada en Bioloxía pola Universidade de Granada\, cun Máster en Bioloxía Molecular\, Celular e Xenética na Universidade da Coruña. Actualmente está a realizar a súa tese doutoral financiada por unha bolsa FPI no Grupo de Biotecnoloxía Acuática no Instituto de Investigacións Mariñas\, estudando a rede reguladora de xenes que fan posible a remodelación metamórfica en peixes planos. \nO traballo que vai presentar Laura nesta sesión de Encontros recibiu o Premio á mellor presentación oral dentro do XIV Congress of Iberian Association of Comparative Endocrinology – AIEC2023.
URL:https://iim.csic.es/evento/adaptacions-morfoloxicas-e-patrons-de-expresion-xenetica-na-migracion-do-ollo-de/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/encontros-espresso-laura-guerrero-8a9.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231002
DTEND;VALUE=DATE:20231003
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230925T040150Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18003-1696204800-1696291199@iim.csic.es
SUMMARY:Genetic manipulations of the circadian clock system in zebrafish
DESCRIPTION:O vindeiro luns\, 02 de outubro\, ás 12 horas (CEST – Vigo) no Salón de Actos do Instituto de Investigación Mariñas  o Prof. Yoav Gothilf (School of Neurobiology\, Biochemistry and Biophysics) impartirán a conferencia: \nTitulo: «Genetic manipulations of the circadian clock system in zebrafish (and a tale of two relevant rare genetic diseases)» \nTras a presentación\, terá lugar unha sesión de preguntas e respostas.  \nProf. Yoav Gothilf\nDept/Faculty Department of Neurobiology\, George S. Wise Faculty of Life Sciences\, Tel Aviv University\, Tel Aviv\, ISRAEL \n 
URL:https://iim.csic.es/evento/genetic-manipulations-circadian-clock-system-zebrafish/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-1-a1f.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231005
DTEND;VALUE=DATE:20231007
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230925T074338Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18004-1696464000-1696636799@iim.csic.es
SUMMARY:FOROACUI XXV | Menudo ForoAcui
DESCRIPTION:PROGRAMA | ForoACUI XXV  \nO vindeiros\, xoves\, 5 e venres\, 6 de outubro\, no Auditorio Municipal do Grove\, celebrarase o XXV Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas. \nEste Foro é un encontro anual que naceu en 1998 co obxectivo de ser un espazo de referencia para comunicar a realidade e as perspectivas de futuro da pesca\, o marisqueo e a acuicultura en Galicia. Os principais obxectivos son\, a formación\, a divulgación e principalmente\, a interacción entre o persoal investigador\, o sector empresarial e a Administración. \nA primeira xornada abrirase cunha conferencia inaugural da man de Albert Tacon (visitante Universidade de São Paulo- Brasil) e con dúas mesas de traballo repartidas o longo da maña unha do Instituto de Acuicultura de la USC\, e outra sobre o Marisqueo e Pesca de Baixura. \nA segunda xornada centrarase no tema da acuicultura do futuro onde falarán representantes sociais e expertos científicos que achegarán a súa visión múltidisciplinar do debate en cuestión.  \nO evento finalizará coa entrega de: XVIII Premio ao mellor póster e audiovisual (Patrocinado pola SEA). \nAdemais\, este ano\, o evento vese ampliado cara ás persoas máis pequenas co proxecto «Menudo ForoAcui»\, que terá lugar o día 17 de novembro. O proxecto está coordinado polo grupo Procesos Oceánicos en Cambio Global do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. \nMenudo ForoAcui\nXornada lúdico-educativa que se celebrará o 17 de novembro no Grove (Pontevedra). Esta xornada coordinada polo grupo Procesos Oceánicos en Cambio Global do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC ofrecerá unha serie de actividades que inclúen charlas\, teatro\, presentacións audiovisuais e moito máis. O propósito principal do proxecto é contribuír a incrementar as habilidades de cultura oceánica\, concienciar aos estudantes sobre a importancia dos recursos mariños\, a acuicultura e a saúde dos océanos. \nTras esta xornada inicial\, cada unha das clases seleccionadas para participar en Menudo ForoAcui profundará ao longo do curso escolar en áreas específicas de traballo. Estas liñas abarcan desde o marisqueo a pé\, o estudo do mexillón\, a exploración de recursos mariños e a súa relación co cambio climático\, ata a investigación das macroalgas\, o valor dos alimentos mariños\, os desafíos dos microplásticos e a problemática do lixo mariño\, así como o estudo de especies invasoras. \nAo longo do curso\, os estudantes recibirán a visitas de investigadores e expertos de institucións colaboradoras vinculadas ao sector. A través de charlas\, talleres e saídas de campo\, os estudantes mergullaranse en diversas temáticas relacionadas coa acuicultura e os recursos mariños. Ademais\, os grupos recibirán orientación e asesoramento para levar a cabo análise e estudos sobre os diferentes temas. Os resultados destas investigacións plasmaranse en pósteres e presentacións audiovisuais\, todos elaborados polos propios estudantes. \nAdemais de enriquecer a formación dos estudantes\, equipos especializados en pedagoxía e didáctica traballarán co profesorado para mellorar as súas habilidades relacionadas coa saúde dos océanos\, os recursos mariños e a acuicultura. \nO colofón desta emocionante iniciativa celebrarase o 7 de xuño de 2024\, coa realización dun congreso especial de Menudo ForoAcui.  Neste evento\, os participantes terán a oportunidade de presentar os seus traballos en forma de pósteres e presentacións audiovisuais\, ademais de participar en exposicións orais para compartir os seus achados e conclusións. \nMenudo ForoAcui non só promove a educación e a conciencia sobre o mundo mariño\, senón que tamén fomenta a colaboración e a investigación entre estudantes e expertos\, contribuíndo así ao coidado e preservación dos nosos océanos. \n«Proyecto realizado con la colaboración de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia\, Innovación y Universidades»
URL:https://iim.csic.es/evento/foroacui-xxv-menudo-foroacui/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-5-547.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231009
DTEND;VALUE=DATE:20231010
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230925T092729Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18005-1696809600-1696895999@iim.csic.es
SUMMARY:Sclerochronology research in the Adriatic Sea – what can we learn from bivalve shells?
DESCRIPTION:Melita Peharda\, is a Senior Scientist at the Institute of Oceanography and Fisheries (Split\, Croatia) who will be visiting the IIM-CSIC next week. Her research is in the field of marine ecology and is mostly related to bivalve ecology and sclerochronology\, including analysis of tissue\, shell growth increment structures and shell geochemistry. By analysing the physical and chemical variations in the accretionary hard tissues of organisms\, a lot of information can be obtained with applications for the management and conservation of commercially important and protected bivalve species. \nMelita will explain us about her research in the Adriatic sea and introduce shortly the Institute of Oceanography and Fisheries\, which was the first national scientific institution dedicated to marine research in Croatia\, with a lot of similarities with our IIM-CSIC because of their large multidisciplinary approach\, encompassing biological\, chemical\, and physical oceanography as well as sedimentology\, fishery\, and mariculture. \nAre you all invited to meet her next Monday\, October 9th at 13:30 at the IIM-CSIC’s Conference Hall.
URL:https://iim.csic.es/evento/sclerochronology-research-adriatic-sea-what-can-we-learn-bivalve-shells/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-8-ace.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231019
DTEND;VALUE=DATE:20231020
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20231010T113231Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18009-1697673600-1697759999@iim.csic.es
SUMMARY:Residencias Creativas: espazos para a divulgación da ciencia
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Luisa Martínez Lorenzo\, doutora en ciencias do mar e responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia. \nResidencias Creativas: espazos para a divulgación da ciencia\nEstamos nunha década decisiva na que é clave que a cidadanía coñeza as metas da Axenda 20-30 e tome conciencia sobre o seu papel\, individual e colectivo\, nas necesarias e urxentes medidas a levar a cabo. \nNeste contexto\, a comunidade científica xoga un papel fundamental que debería incluír unha eficiente e adaptada comunicación social da ciencia\, evitando deste xeito as informacións vertidas por gobernos e medios de comunicación que\, en moitos casos non buscan unha concienciación real da cidadanía. \nAnte este reto as aproximacións arte e ciencia preséntanse como poderosas vías de achegamento á sociedade. Novas narrativas que amosan a información científica desde outros enfoques\, que sorprenden e invitan á reflexión\, sen impoñer ou reclamar respostas. Unha canle de comunicación directa coa sociedade que da voz ás comunidades científica e artística\, con información rigorosa\, sen intermediarios e co obxectivo de chamar a atención\, de fomentar o pensamento critico e de deixar pegada no público. \nNesta conversa amosaranse os resultados e recorrido da Residencia Artística e de Creación levada a cabo por Luisa Martínez\, responsable da UCC do CSIC en Galicia e divulgadora científica\, no marco do proxecto Cartografías Líquidas (iniciativa del clúster EU National Institutes for Culture San Salvador). O tema de traballo foi o ODS 6 (Auga limpa e saneamento) e a entidade responsable do acompañamento e asesoramento foi  Plataforma Global El Salvador.   \nAs obras realizadas polos 6 artistas participantes nesta iniciativa\, pódense ver no CCESVLab\, espazo virtual de pensamento\, creación e innovación do Centro Cultural de España en El Salvador:  https://lab.ccesv.org/tema/ciencia-y-tecnologia/ \nLuisa Martínez Lorenzo\nDra. en Ciencias do mar\, divulgadora científica e ilustradora\, é desde o 2008\, responsable da Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia. Ten ampla experiencia no desenvolvemento de accións que achegan a ciencia á cidadanía\, especialmente no eido da investigación mariña. Como relatora participa en cursos e xornadas sobre a comunicación da ciencia\, e sobre o uso dos libros informativos para achegar a investigación ao público infantil e xuvenil.
URL:https://iim.csic.es/evento/residencias-creativas-espazos-para-divulgacion-da-ciencia/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/10/encontros-espresso-luisa-martinez-19out-5d2.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231104
DTEND;VALUE=DATE:20231105
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20231016T110108Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18010-1699056000-1699142399@iim.csic.es
SUMMARY:Taller | Atopa a especie! | MCG23 | SCT23
DESCRIPTION:Reservas e + info aquí \nA UCC+I do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) en colaboración coa Biblioteca de Galicia (Xunta de Galicia) e coa UCC Delegación do CSIC en Galicia\, organiza un obradoiro en torno ao xogo de mesa chamado «ATOPA A ESPECIE!». Esta actividade forma parte do Mes da Ciencia en Galego nas Biblilotecas e da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía do CSIC e terá lugar o vindeiro 4 de novembro na Aula I da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. \nO xogo «ATOPA A ESPECIE!» está deseñado especialmente para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos\, e ofrece unha combinación de diversión e aprendizaxe a través dun xogo de memoria con especies mariñas autóctonas. Achégate a esta emocionante aventura educativa na que exploraremos as augas de Galicia e descubriremos a importancia de protexer o noso medio mariño. \n\nA participación nesta actividade é gratuita\, pero  require unha reserva previa. As prazas son limitadas!. \n\nAprende xogando! Descubre as Especies Mariñas de Galicia  \n?? Crianzas de 6 a 12 anos. \n«ATOPA A ESPECIE!» é unha oportunidade para aprender xogando e descubrir as especies mariñas de Galicia. Está recomendado para nenos e nenas de 6 a 12 anos\, sempre acompañados dunha persoa responsable. \nA natureza ofrécenos unha gran cantidade de marabillas por descubrir e a rica costa atlántica de Galicia alberga unha biodiversidade mariña fascinante. O obxectivo desta actividade é achegar aos máis novos a este tesouro natural e promover a súa conservación. \nUn xogo educativo baseado na memoria e nas especies mariñas \nO xogo educativo consiste en emparellar cartas que representan diferentes especies mariñas que habitan as costas de Galicia. As crianzas mergullaranse no mundo do océano mentres gozan combinando imaxes de peixes\, crustáceos e outros habitantes do mar. \nÁ medida que se mergullan no xogo\, tamén coñecerán as diferentes especies mariñas que se atopan nas augas galegas. Con cada carta\, aprenderán unha breve e divertida descrición das especies correspondentes\, e fomentarase o uso dos nomes comúns en galego\,enriquecendo o seu vocabulario e a súa conexión coa fauna e flora da súa contorna. \nO valor da conservación \nMáis aló da diversión e da aprendizaxe\, esta actividade ten un obxectivo fundamental: concienciar á mocidade\, ás persoas que xestionarán o noso futuro\, sobre a importancia de conservar as especies mariñas e os seus ecosistemas. Galicia conta cunha riqueza natural inigualable nas súas augas\, e é fundamental que as xeracións vindeiras comprendan a necesidade de protexer estas especies para o benestar do noso planeta e da sociedade en xeral. \nAo familiarizarse coas especies mariñas e comprender o seu papel no equilibrio ecolóxico\, nenas e nenos converteranse en defensores do océano e embaixadoras da conservación. Unha actividade que busca inspirar un amor duradeiro pola natureza e ccontribuír a unha conciencia ambiental que perdure durante toda a súa vida.
URL:https://iim.csic.es/evento/taller-atopa-especie-mcg23/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/10/04nov-atopa-a-especie-evento-web-d4d.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231110
DTEND;VALUE=DATE:20231111
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20231117T123205Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18012-1699574400-1699660799@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas Escolares ao IIM | IES Valle Inclán
DESCRIPTION:Despois da benvida e presentación do traballo que se realiza no IIMC-CSIC por parte da UCC+I do centro\, os estudantes tiveron a oportunidade de participar nunha charla con varios grupos do instituto\, incluíndo Bioxeoquímica Mariña\, Laboratorio de Xeoquímica Orgánica e os Acuarios. \nMoitas grazas por vir! Desexamos volver a velos por aquí!»
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-escolares-ao-iim-ies-valle-inclan/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/01/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-18-109.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231124
DTEND;VALUE=DATE:20231125
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230927T093539Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18008-1700784000-1700870399@iim.csic.es
SUMMARY:Encontros IIM 2023 | 4ª fase
DESCRIPTION:Aquí podes ver todos os traballos presentados \nQue son os Encontros?\nSon unha xuntanza informal anual na que todo o persoal do centro tanto investigador como técnico\, en prácticas\, temporal ou funcionario poda compartir o que fai co gallo de coñecernos mellor e ter unha idea máis concreta da actividade do IIM fomentando a discusión científico-técnica\, e reforzando vínculos entre grupos \nA idea é que todos o persoal se sinta implicado e nos conte en que consiste o seu traballo diario\, a través dun póster que poderá comentar durante a xornada nun tempo estimado de non máis de 5 minutos. \nProgramación
URL:https://iim.csic.es/evento/encontros-iim-2023-4a-fase/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/10/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-14-7ca.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231130
DTEND;VALUE=DATE:20231201
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20231116T111455Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18011-1701302400-1701388799@iim.csic.es
SUMMARY:Pesquerías sostenibles a largo plazo en un ambiente cambiante
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Natalia Petit\, do Grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños \n«Pesquerías sostenibles a largo plazo en un ambiente cambiante: integrando la genética de poblaciones a las ciencias pesqueras».\nOs cambios nas condicións físicas\, químicas e biolóxicas dos hábitats mariños\, orixinados por diversas actividades humanas (é dicir o cambio global)\, complican as avaliacións necesarias para garantir a sustentabilidade a longo prazo dos recursos pesqueiros naturais. Para prosperar\, as especies mariñas deben adaptarse ás novas condicións ambientais mediante o proceso de selección natural\, que utiliza a variabilidade xenética presente nas poboacións das especies como materia prima. \nCon todo\, os episodios de sobreexplotación xeran diminucións nos tamaños das poboacións\, reducindo proporcionalmente os seus niveis de diversidade xenética e\, potencialmente\, a capacidade da especie para adaptarse a cambios no ambiente. A xenética das poboacións é a disciplina encargada de investigar os cambios nos niveis e patróns de diversidade xenética das poboacións\, proporcionando un marco teórico sólido para avaliar tanto a posible perda de variabilidade xenética por explotación como o tempo necesario para a súa recuperación. \nDesta maneira\, a inclusión da xenética de poboacións nas avaliacións dos recursos mariños explotados é de suma importancia e urxencia para garantir a sustentabilidade a longo prazo destes recursos. \nNatalia Petit-Marty \nXenetista e bióloga evolutiva. Obtivo a súa Licenciatura en Xenética en 1999 en Arxentina\, onde tamén iniciou a súa carreira investigadora abordando temas relacionados coa xenética de poboacións de insectos infestas. En 2003\, trasladouse a España e comezou a súa tese doutoral en xenética de poboacións e evolución molecular\, no marco do programa de doutoramento en Xenética da Universidade Autónoma de Barcelona\, obtendo o grao de Doutor con máxima cualificación en 2008. \nEntre 2009 e 2013\, levou a cabo diversos proxectos\, principalmente centrados na xenómica de poboacións de especies de primates\, como investigadora postdoutoral no Instituto de Bioloxía Evolutiva de Barcelona. En 2014\, estableceuse na Illa de Menorca\, onde traballou de forma independente\, focalizándose principalmente en temas relacionados coa conservación mariña. En 2019\, trasladouse a Hong Kong para desempeñarse como investigadora postdoutoral no Swire Institute of Marine Science da Universidade de Hong Kong\, onde desenvolveu proxectos relacionados cos mecanismos de adaptación de especies mariñas aos cambios nas condicións do mar. Finalmente\, en 2022\, obtivo unha posición postdoutoral financiada polas Accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) para traballar no proxecto “Potencial adaptativo ao cambio nas condicións do ambiente en especies de peixes explotadas” no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM -CSIC) en Vigo\, a cal é a súa posición actual. \nNatalia publicou vinte e catro artigos científicos\, sendo a autora principal en once deles; colaborou en diferentes proxectos científicos a nivel nacional e internacional e participa activamente en actividades de divulgación científica para concientizar sobre a vulnerabilidade do medio mariño ás actividades humanas.
URL:https://iim.csic.es/evento/pesquerias-sostenibles-largo-plazo-en-un-ambiente-cambiante/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/11/encontros-espresso-natalia-30nov-2-57a.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20231214
DTEND;VALUE=DATE:20231215
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20231205T045617Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18013-1702512000-1702598399@iim.csic.es
SUMMARY:Sementando no mar
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\, coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nRematamos os Encontros Espresso 2023 da man da nosa compañeira\, Laura García Peteiro\, do Grupo de EsMaBa – Ecoloxía\, Biomarcadores e Xestión Sostible de Bivalvos \n«Sementando no mar: Novas aproximacións e ferramentas para un marisqueo e acuicultura sustentables«.\nO marisqueo e a acuicultura de bivalvos están baseados en invertebrados bentónicos sedentarios con unha forte e persistente estrutura espacial\, que require do deseño de estratexias de manexo espazo-específicas. Un plan de manexo espacial adecuado para estes recursos implica un profundo coñecemento\, non só da estrutura espacial dos stocks e do esforzo pesqueiro que se realiza en eles\, se non tamén dos fluxos de individuos entre sub-poboacións e\, por tanto\, dos patróns de dispersión larvaria destas especies. Non en tanto\, a inclusión de termos relativos á conectividade entre sub-poboacións non é frecuentemente incluído nos plans de manexo destes recursos\, en gran parte debido a dificultade de obter estimadores empíricos desta variable. \nNeste seminario falaremos de novas ferramentas multidisciplares que están comezando a empregarse en Galicia\, (uso de drones\, modelos bio-físicos\, técnicas de marcaxe natural de larvas\, etc.)\, que permiten identificar poboacións chave para a reposición dos stocks\, así como os factores hidrolóxicos e ambientais que determinan eses padróns de conectividade. O uso combinado destas técnicas\, ofrece un avance prometedor para a inclusión de parámetros de conectividade nos plans de xestión de estes recursos\, peza imprescindible para conseguir unha explotación sustentable do marisqueo e a acuicultura de bivalvos en Galicia. \nLaura García Peteiro\nDoutora en Bioloxía Mariña e Acuicultura (2009) con ampla experiencia inter-sectorial e interdisciplinar\, tendo traballado en ONGs (SEO-BirdLife)\, empresas do sector da acuicultura (PROINSA S.A.)\, centros tecnolóxicos (CETMAR)\, universidades e centros de investigación nacionais (IIM-CSIC\, UVigo) e internacionais (UAveiro-Portugal\, OIMB-USA). Na súa faceta investigadora\, principalmente especializada en acuicultura de bivalvos\, patróns de dispersión larvaria\, ecoloxía\, fisioloxía e xestión de especies sedentarias de interese comercial\, destacando a utilización de novas tecnoloxías para a xestión integral dos recursos naturais\, como o uso de técnicas de marcaxe natural (“elemental fingerprinting”)\, o uso de drones para a monitorización de poboacións do intermareal rochoso ou a aplicación de técnicas SIX (Sistemas de Información Xeográfica) que permiten a incorporación da compoñente espacial na xestión dos recursos\, sendo o marisqueo e a acuicultura de bivalvos os seus principais focos de interese. \n 
URL:https://iim.csic.es/evento/sementando-no-mar/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/12/encontros-espresso-laura-peteiro-15dec-e84.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240118
DTEND;VALUE=DATE:20240119
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240112T094151Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18014-1705536000-1705622399@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas Escolares ao IIM | Colexio Nuestra Señora de la Esperanza
DESCRIPTION:Despois da benvida e presentación do traballo realizado no IIMC-CSIC pola UCC+I do centro\, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer os nosos acuarios. Nesta ocasión\, ademais\, o grupo Biosistemas e Enxeñaría de Bioprocesos\, con Carlos Vilas\, Adrián Pedreira e Míriam R. García\, mostráronlles a planta piloto dentro do proxecto «Modelos basados en datos e actualización de modelos para xemelgos dixitáis»\, facendo especial énfase no morbistostato no contexto do proxecto «Xemelgos dixitáis para hixienización en procesos da industria alimentaria». \nTamén compartiron tempo coa unidade SEMAIM: Microscopia óptica e análise de imaxe\, onde as compañeiras Lucía Sánchez Ruiloba e Laura Gómez Montoto mostraron o traballo desenvolvido nesta unidade. \nMoitas grazas por vir! 
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-escolares-ao-iim-colexio-nuestra-senora-de-la-esperanza/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/01/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-19-2df.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240130
DTEND;VALUE=DATE:20240131
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240129T094349Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18015-1706572800-1706659199@iim.csic.es
SUMMARY:The immune response of the mussel M. galloprovincialis.
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n  \nAmaro Saco Beiroa\, do grupo de Inmunoloxía e Xenómica do IIM-CSIC\, defenderá a súa tese pola Universidade de Vigo\, dentro do  Programa de Doutoramento en Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida de forma presencial no salón de actos do IIM. Poderá seguirse on line. \nA tese\, titulada «The immune response of the mussel Mytilus galloprovincialis. Transcriptomics\, proteomics and evolutionary aspects»  foi codirixida por Antonio Figueras e Beatriz Novoa\, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.
URL:https://iim.csic.es/evento/immune-response-mussel-mytilus-galloprovincialis-transcriptomics-proteomics-and/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/01/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-20-a67.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240211
DTEND;VALUE=DATE:20240309
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240205T105741Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18017-1707609600-1709942399@iim.csic.es
SUMMARY:11F2024 | O programa do IIM-CSIC
DESCRIPTION:O Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC celebra un ano máis o «Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia»  #11F2024  cun programa de actividades deseñado para destacar o papel das mulleres na investigación mariña e creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais. \nO programa do IIM desenvolverase a partir de febreiro e está composto pola publicación de vídeos e charlas en escolas\, destacando o papel das científicas e técnicas como #MulleresDeCiencia. \n\nSaber do Mar | Tempada 3\n \nO Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) estrea a 3ª tempada da serie «Saber do Mar»\, o primeiro vídeo emitirase coincidindo co propio día 11 de feberiro na canle de Youtube do IIM-CSIC e a protagonista será a nosa compañeira Camino Gestal\, xefa do grupo de Patobioloxía Molecular Mariña\, que nos falará da influencia da alimentación no crecemento e saúde dos polbos mediante técnicas ómicas.  \nSaímos á rúa para preguntarlle á xente que coñece do que facemos no IIM-CSIC\, que lle gustaría coñecer da nosa actividade científica e\, en definitiva\, que lle gustaría saber do mar. Estas preguntas\, que gravamos en vídeo e están sendo contestadas da mesma forma polos científicos e científicas do centro. \nO resultado final é unha serie de audiovisuais que seguimos completando con esta 3ª tempada de #SaberDoMar! \nActividade organizada co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología 2018. \nEsta nova tempada dará lugar a unha nova serie de 5 audiovisuais protagonizados pola veciñanza e o persoal do noso centro. \nVisualiza a tempada 1 e 2 \n\nCharlas en centros educativos\nNo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)\, comprometémonos a promover a ciencia e a investigación mariña. Durante as próximas semanas\, varias traballadoras do centro visitarán escolas para compartir a súa labor como científicas e técnicas. \nEste esforzo busca inspirar ás futuras xeracións e fomentar a participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía. O noso obxectivo principal é achegar a ciencia mariña aos estudantes\, destacando o papel crucial das mulleres neste campo e motivándoos a considerar carreiras en ciencia e tecnoloxía. Ademais\, buscamos promover a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico e visibilizar o traballo das científicas.
URL:https://iim.csic.es/evento/11f2024-o-programa-do-iim-csic/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-21-ddc.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240221
DTEND;VALUE=DATE:20240222
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240221T074138Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18018-1708473600-1708559999@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas ao IIM | Centro de Estudos Superiores Aloya
DESCRIPTION:Foi un pracer darlle a benvida ao Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do CES Aloya nas nosas instalacións do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación\, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles: \n10:00 – Recepción e Benvida: \nIniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I. \nVisitas a laboratorios e Acuario: \nDurante a visita\, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario\, guiados por persoas expertas en cada área: \n\nGrupo de Inmunoloxía e Xenómica (Beatriz Novoa).\nLaboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Raquel Aranguren\, Begoña Villaverde).\nGrupo de Patobioloxía Molecular Mariña (Camino Gestal\, Sonia Dios e Maria del Mar Costa\, Sara Polo)\nGrupo de Ecoloxía de Recursos Mariños (Alex Alonso\, Mariña Fabeiro)\nAcuario do centro.\n\n14:00 – Despedida: \nEsperamos que desfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)! \n\nAlgunhas das accións realizadas nesta visita organizada pola UCC+I  do centro\, enmarcáronse nos seguintes proxectos:  “OceanNight”\, “IMANREFIVIR: Resposta antiviral dos peixes contra virus ARN” e “BIMICRODIS: Bivalvos\, microbioma e enfermidades”. “Inmunidade en polbo común: recoñecemento do non propio e resposta inducida por patóxenos – INMUNOCTOPUS” e “Efecto da ondada oceánica no sistema de afloramento das Rías Baixas: dinámica de superficie sobre casos biolóxicos seleccionados – STRAUSS”\, ambos enmarcados no Programa I+D+I do MCIU\, e “Avances no benestar de polbo\, Octopus vulgaris\, en cultivo. Unha aproximación multidisciplinar para un cultivo sustentable – OCTOWI” e “Ferramentas para a xestión sustentable do abastecemento natural de semente de bivalvos – BiReMARK”\, enmarcados no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia. Marine Science Programme (ThinkInAzul). MICIN e Xunta de Galicia. Fondos Next Generation EU (PRTR-C17.I1) e Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP/FEMPA)”.
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-ao-iim-centro-de-estudos-superiores-aloya/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-23-a70.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240228
DTEND;VALUE=DATE:20240229
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240222T103938Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18020-1709078400-1709164799@iim.csic.es
SUMMARY:Presentación de HippoDEC
DESCRIPTION:Inscricións \nO vindeiro 28 de febreiro terá lugar a presentación do proxecto “Hippo-DEC: Diagnóstico do estado de conservación de cabalos de mar no litoral español\, áreas críticas e medidas de conservación» no Auditorio do Cambón\, sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia\, situado en Vigo. \nEste proxecto\, liderado polos investigadores Miquel Planas  e Jorge Urcera do grupo de Ecoloxía de Recursos Mariños do IIM-CSIC\, ten como obxectivo principal avaliar a situación actual das poboacións salvaxes de cabalos de mar\, especies vulnerables incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial dende 2011. «O proxecto Hippo-DEC permitirá recompilar\, analizar e avaliar información vital para a conservación destas especies\, así como propoñer medidas de protección e áreas críticas que requiren atención especial. \nEsta iniciativa representa un avance significativo cara á protección e preservación dos cabalos de mar no litoral español\, demostrando o compromiso conxunto da comunidade científica e a sociedade na conservación da biodiversidade mariña. \nO proxecto conta coa colaboración de Observadores do Mar\, Fundación Aula do Mar do Mediterráneo\, ONG Oceánidas\, Fundación Oceanográfic de Valencia\, ONG Ambiens\, Palma Aquarium\, Acuario Gijón e Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais\, a investigación está financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Protocolo Xeral de Actuación DGBBD-OAPN-FB-CSIC en materia de patrimonio natural\, biodiversidade\, forestal e adaptación ao cambio global\, co obxectivo de determinar zonas preferentes de conservación e propoñer medidas de actuación. \n\n Programa   
URL:https://iim.csic.es/evento/presentacion-del-proxecto-hippo-dec/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/noticas-2023-11-b71.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240311
DTEND;VALUE=DATE:20240312
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240311T111921Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18021-1710115200-1710201599@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas Escolares ao IIM | Colexio Lar
DESCRIPTION:Foi un pracer darlle a benvida ao Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do Colexio Lar nas nosas instalacións no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación\, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles: \n10:00 – Recepción e Benvida: \nIniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I. \nVisitas a Laboratorios e Acuario: \nDurante a visita\, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario\, guiados por expertos en cada área: \n\nGrupo de Inmunoloxía e Xenómica ( Beatriz Novoa).\nLaboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Raquel Aranguren e Begoña Villaverde).\nGrupo de Patobioloxía Molecular Mariña (Camino Gestal\, Sonia Dios\, Marimar e Sara Polo)\nAcuario do centro.\n\nEsta acción foi organizada pola UCC+ I do centro e levouse a cabo no marco dos proxectos “OceanNight” \n14:00 – Despedida: \nEsperamos que disfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)!
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-escolares-ao-iim-colexio-lar/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/03/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-25-15f.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240414
DTEND;VALUE=DATE:20240613
DTSTAMP:20260608T134315Z
CREATED:20240410T094551Z
LAST-MODIFIED:20260608T134315Z
UID:18025-1713052800-1718236799@iim.csic.es
SUMMARY:Mar e Pasado: Patrimonio Accesible
DESCRIPTION:O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) comezará mañá «Mar e Pasado»\, unha serie de obradoiros interactivos deseñados especificamente para persoas con alzhéimer e outras demencias en toda Galicia\, que forman parte integrante de a iniciativa «Patrimonio Accesible». \nSerán catro obradoiros\, cun público reducido e contidos adaptados ao público obsetico\, sobre a biodiversidade e ecoloxía dos moluscos bivalvos e tecnoloxías tradicionais para a súa explotación\, como o marisqueo ou as bateas. Neles\, os asistentes participarán a través da conexión coas súas lembranzas do pasado e da estimulación sensorial da actividade cerebral\, reforzada a través das tradicionais cancións mariñeiras que actuarán como fío condutor das sesións. \nA elaboración destes obradoiros contou coa estreita colaboración de AFAMO\, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo\, e a Fundación Legar\, dedicada á recuperación e difusión do patrimonio cultural musical de Galicia. \nO obxectivo principal destes obradoiros será establecer un vínculo entre os participantes e as súas memorias mediante actividades sensoriais\, emocionais e cognitivas. Para conseguilo\, empregaranse materiais táctiles e cancións tradicionais do mar\, creando unha experiencia que combine o coñecemento científico coa conexión emocional. \nAdemais de favorecer a comprensión da biodiversidade mariña e das tradicións culturais galegas\, estes obradoiros buscarán ofrecer un ambiente inclusivo e de apoio ás persoas maiores e ás que se enfrontan a enfermidades cognitivas. \nTraballando estreitamente con asociacións especializadas e prestando unha atención individualizada ás necesidades de cada participante\, apostamos por crear un ambiente de coidado\, respecto e cariño en cada obradoiro. \nEste proxecto é unha iniciativa conxunta da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia (Delegación Institucional)\, o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT\, Santiago de Compostela) a través da súa Unidade de Valorización\, e o Instituto de Investigación Marinas (IIM\, Vigo). ) a través da súa Unidade de Cultura Científica. \nOs obradoiros terán lugar o 14 de maio en Cee\, o 20 de maio en Moaña\, o 10 de xuño en Burela e o de xuño. 12 en Ribeira. \nDatos do proxecto\nEste proxecto está financiado por FECYT – Ministerio de Ciencia\, Innovación e Universidades. Código FECYT: B-18215 e forma parte do proxecto “Coordinación Anual da Rede da UCC: Cultura Científica Accesible para Persoas con Discapacidade no CSIC”\, concedido á Vicepresidencia Adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do CSIC. \nEntidades implicadas\nO proxecto conta coa participación de diversas entidades\, entre as que se atopan a UCC da Delegación do CSIC en Galicia\, encargada da coordinación\, así como a UCC+I do IIM-CSIC e a Unidade de Valorización do Incipit -CSIC. . Ademais\, colaboran a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL)\, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias do Morrazo (AFAMO) e como entidades implicadas\, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Viveiro (AFA Viveiro). . )\, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela (AFAN Burela)\, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (AFAFES)\, a Asociación Galega de Axuda a Enfermos de Alzhéimer Tipo. Demencias (AGADEA)\, a Fundación Legar e a Fundación Alfareiras Terra Teruel (con Incipit). \n 
URL:https://iim.csic.es/evento/mar-e-pasado-patrimonio-accesible/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/04/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-43-fcf.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240416
DTEND;VALUE=DATE:20240417
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240402T085115Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18022-1713225600-1713311999@iim.csic.es
SUMMARY:ASEQURA | Biofilms de 'Listeria monocytogenes' na industria alimentaria
DESCRIPTION: Formulario de Rexistro  \n(Unha vez rexistrado mandarase o enlace a reunión) \nO vindeiro 16 de abril de 2024\, celebrarase un seminario virtual titulado «Biofilms de Listeria monocytogenes: relevancia na industria alimentaria e implicación na avaliación de riscos». \nEste seminario é parte do proxecto de investigación ASEQURA\, que ten como obxectivo realizar unha avaliación cuantitativa de risco microbiolóxico (MRCA) de Listeria monocytogenes en produtos pesqueiros e derivados cárnicos\, prestando especial atención á formación de biopelículas e contaminación cruzada como fonte de contaminación nas cadeas de procesamento. \nO evento é gratuíto\, terá unha duración de 90 minutos e será impartido polos principais investigadores do proxecto\, Elena Carrasco Jiménez e Antonio Valero Díaz da  Universidade de Córdoba (UCO)\, así como Marta López Cabo e Juan José Rodríguez Herrera do grupo MicroTec do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC  \nACCEDE Á PÁXINA DO PROXECTO
URL:https://iim.csic.es/evento/asequra-biofilms-de-listeria-monocytogenes-na-industria-alimentaria/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/04/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-37-147.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240418
DTEND;VALUE=DATE:20240419
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240404T081459Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18024-1713398400-1713484799@iim.csic.es
SUMMARY:Programa de Ciencias Mariñas | Reunión de seguimento PT7
DESCRIPTION:Páxina web do PCCMMG \nO xoves 18 de abril\, no CETMAR\, terá lugar a reunión de seguimento do PT7 dentro do Programa de Ciencia Mariñas de Galicia (PCCMMG). O equipo de coordinación estará formado por Jose manuel Fernández Babarro\, EsMaBa (IIM-CSIC)  e Antonio Villalba García\, CIMA-Corón\, (CIMA) (PTE) \nDesenvolver ferramentas para mellorar a produción marisqueira sostible (PT7)\nO marisqueo e a acuicultura de moluscos bivalvos en Galicia son interdependentes de xeito que a sostenibilidade e a mellora da produción de bivalvos requiren actuacións coordinadas en ámbolos dous eidos. Tanto a acuicultura de bivalvos como o marisqueo susténtanse sobre recursos sedentarios bentónicos con ciclos de vida e estrutura espacial complexos\, o que ten como consecuencia que dous dos piares principais da economía do mar en Galicia estean sometidos a procesos altamente variables e\, polo de agora\, pouco predicibles\, o que dificulta enormemente a xestión integral destes recursos\, en especial pola variabilidade espacial e temporal no recrutamento\, que condiciona a dispoñibilidade de semente tanto para a súa engorda en bancos marisqueiros e viveiros (bateas\, parques) coma para a repoboación de bancos naturais. O obxectivo xeral do paquete de traballo é proporcionar procedementos e ferramentas que garantan un abastecemento sostible de semente para mellorar e fortalecer a acuicultura de moluscos bivalvos nun contexto de explotación sustentable dos recursos naturais de Galicia\, contemplando actuar nas dúas fontes posibles de subministro de semente\, o recrutamento no medio natural (Actuación 1) e a súa produción en criadeiros (Actuación 2). Tendo en conta as prioridades do sector galego de produción de moluscos\, o traballo centrarase en tres especies\, o mexillón Mytilus galloprovincialis\, a ameixa fina Ruditapes decussatus e a ameixa babosa Venerupis corrugata. Os resultados servirán de referencia para desenvolver protocolos aplicables a outras especies no futuro. \n\nActuación 1. O obxectivo é crear ferramentas espazo-específicas para xestionar eficazmente o subministro natural de semente de bivalvos. En primeiro lugar avaliaranse as actuais redes de monitorización dos stocks\, mellorando o seu deseño se é necesario\, e estableceranse novas metodoloxías que permitan unha maior precisión e eficacia na avaliación de parámetros demográficos chave\, como a abundancia larvaria (en conexión co PT6) e a capacidade reprodutiva (incorporando novos biomarcadores). Por outra banda\, a través dunha serie de técnicas emerxentes (marcaxe natural por elementos traza e modelado numérico)\, crearanse matrices de conectividade que permitirán identificar as poboacións máis relevantes como fonte-sumidoiro ante diferentes escenarios climáticos. A información permitirá parametrizar un modelo meta-poboacional que posibilitará predicir a dinámica de dispersión larvaria e a evolución das poboacións ante diferentes situacións. Toda a información integrarase nun Sistema de Información Xeográfica dispoñible en aberto para a súa utilización como ferramenta de toma de decisións na xestión dos recursos\, en función de diferentes opcións de manexo e de escenarios climáticos contrastantes. \nActuación 2. Hoxe non hai protocolos que aseguren a produción sostible ó longo de todo o ano de semente de ameixa fina en criadeiro\, e os que se empregan para a ameixa babosa aínda non acadan un mínimo aceptable de eficiencia e rendibilidade\, mentres que os de mexillón aínda non pasaron dos ensaios a moi pequena escala. O obxectivo é optimizar os protocolos de produción de semente de ameixas fina e babosa en criadeiro\, para asegurar o subministro de semente de calidade demandada para a súa engorda e fortalecer a resiliencia dos bancos marisqueiros explotados. A limitación orzamentaria impide incluír na proposta a produción de semente de mexillón en criadeiro e a optimización dos procedementos de preengorda e engorda en medio natural da semente de bivalvos producida en criadeiro; estas actividades aprázanse ata obter financiamento abonda. As tarefas planeadas nesta actuación agrúpanse en tres actividades\, (1) establecemento de protocolos fiables de acondicionamento de reprodutores\, axustando as condicións abióticas e a nutrición\, de indución á posta e de criopreservación de gametos e larvas\, para asegurar a produción de semente en criadeiro todo o ano; (2) optimización dos protocolos de cultivo larval e poslarval a través da adaptación de sistemas de fluxo aberto e recirculación\, optimización da dieta\, procedementos que aseguren a supervivencia na metamorfose e das poslarvas e semente; (3) coñecemento minucioso da microbiota e patóxenos asociados ós distintos estadios e compartimentos de cultivo\, mediante metaxenómica e metatranscriptómica. Outras tarefas esenciais vencelladas ás tres actividades fican aprazadas agardando financiamento. Dispoñer de protocolos fiables de produción en criadeiro é condición sine qua non para abordar programas de selección xenética de mellora de caracteres de especial interese\, como resistencia a enfermidades ou tolerancia ó estrés ambiental asociado ó cambio climático. \nNesta páxina podes ver máis detalles sobre os paquetes de traballo asociadas ao PCCMMG . \nPaquetes de traballo \n\n  \nPrograma de Ciencias Mariñas de Galicia\nO IIM-CSIC coordina\, xunto co CETMAR e a Universidade de Vigo\, o novo Programa de Ciencias Mariñas de Galicia\, coa protección e xestión sostible dos servizos dos ecosistemas mariños como o seu principal reto\, implicando a máis de 89 grupos de investigación galegos. \nEsta nova estratexia actuará a través de tres grandes liñas de actuación: a observación e seguimento do medio mariño e do litoral; acuicultura sostible\, intelixente e de precisión\, e innovación\, coñecemento e oportunidades para adaptarse ao cambio na economía mariña. \n \nO Programa de Ciencias Mariñas de Galicia é un dos sete programas de Ciencias Mariñas dos Plans Complementarios de I+D+i coas Comunidades Autónomas\, que forman parte do Compoñente 17\, Investimento 1 do Plan de Transformación e Recuperación da Resiliencia da UE. As accións do Programa fináncianse unhas a través dos fondos Next Generation EU e outras a través do Fondo Europeo Maritimo de Pesca e Acuicultura (FEMP/FEMPA). \nNesta páxina podes ver máis detalles sobre as accións asociadas ao Programa lideradas polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. \nPáxina do programa IIM-CSIC
URL:https://iim.csic.es/evento/programa-de-ciencias-marinas-reunion-de-seguimento-pt7/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/04/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-36-291.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240425
DTEND;VALUE=DATE:20240426
DTSTAMP:20260608T134315Z
CREATED:20240422T065900Z
LAST-MODIFIED:20260608T134315Z
UID:18026-1714003200-1714089599@iim.csic.es
SUMMARY:Madagascar biodiversity and opportunities for marine research
DESCRIPTION:Next Thursday\, 25th April\, the IIM-CSIC will host the seminar: «Madagascar biodiversity and opportunities for marine research» by Dr Fanomezana Ratsoavina from the Université d’Antananarivo\, in Madagascar. \nAs part of its joint visit to our country\, both Dr Ratsoavina and her colleague\, Dr Zafimaheri Rakotomalala\, will share the reality of Malagasy research and the opportunities that the island gathers for new research and innovation ventures\, both terrestrial and marine. \n\nMadagascar biodiversity and opportunities for marine research\nMadagascar is in the top 10 of biodiversity hotspots worldwide. Despite the intensive research on the terrestrial realm\, we know little about this biodiversity. Research on the marine environment is scarce in comparison. I will provide an overview of the rich biodiversity found in Madagascar as well as the various challenges and dangers that threaten its sustainability. Furthermore\, I will cover several subjects that attract the attention of both national and international researchers. I will also talk about potential new frontiers and promising prospects in the realm of marine sciences and research to broaden the scope of exploration and investigation in this unique island. \nDr Fanomezana Ratsoavina\nDr Fanomezana Ratsoavina is ‘Maitre de Conferences’ and a Direct for the Mention de Zoologie et Biodiversité Animale (Mention of Zoology and Animal Biodiversity) at the University of Antananarivo. Her work is focused on the Malagasy biodiversity\, taxonomy phylogenetics and conservation.  \n\nThis event has been organised by the Integrated Marine Ecology (INMARE) research group of the Institute of Marine Research (IIM-CSIC). If you have a career in research and you are interested in a meeting to explore new collaborations with the two guest researchers you may apply for a spot by sending an email to David Vieites (david.vieites@csic.es).
URL:https://iim.csic.es/evento/madagascar-biodiversity-and-opportunities-marine-research/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/04/2024-04-22-eventos-madagascar-a43.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240426
DTEND;VALUE=DATE:20240427
DTSTAMP:20260608T134315Z
CREATED:20240425T101650Z
LAST-MODIFIED:20260608T134315Z
UID:18027-1714089600-1714175999@iim.csic.es
SUMMARY:Programa de Ciencias Mariñas | Reunión de seguimento do PT11
DESCRIPTION:Páxina web do PCCMMG \nO venres 26 de abril\, na sede do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)\, terá lugar a reunión de seguimento do PT11 dentro do Programa de Ciencia Mariñas de Galicia (PCCMMG). O equipo de coordinación estará formado por Pepe Pintado (IIM-CSIC)  e  Domingo Antonio García Allut (UDC) \nFerramentas de transformación social para o desenvolvemento sostible de Galicia no medio mariño (PT11)\nO impacto da investigación debe verse traducido en beneficios económicos\, ambientais\, sociais e culturais que contribúan ó progreso e transformación social cara a realidades máis sostibles e territorios máis resilientes. Para que se produza o devandito impacto\, requírese que: 1) o coñecemento científico chegue ós diferentes sectores e actores públicos e privados\, así como á cidadanía no seu conxunto e\, 2) que os receptores sexan permeables a este coñecemento\, de forma que se maximice o seu alcance e aproveitamento e poida enraizar\, resultando nunha integración efectiva e significativa a todos os niveis. Facilitar a canalización adecuada do fluxo deste coñecemento\, conferiríalle un maior potencial transformador e suporía un avance na sustentabilidade mariña. \nEste paquete de traballo desenvolverá un Modelo Integrado de Xestión do Fluxo de Coñecemento Científico en ciencias mariñas (canles\, resultados\, tecnoloxías\, conceptos\, datos\, métodos\, etc.)\, adaptado especificamente ó contexto ambiental\, sociocultural\, económico e institucional da Comunidade Autónoma de Galicia\, e baseado na cultura científica\, a transferencia e a capacitación como catalizadores para a innovación e a transformación social\, e desde xeito\, avanzar cara a un cambio de paradigma na xestión do coñecemento científico\, onde prime unha concepción holística e integrada do mesmo. \n\nEste modelo permitirá crear estratexias para que os resultados da I+D+i en ciencias mariñas 1) xeren cultura oceánica a través da sensibilización\, a educación e a participación da sociedade\, 2) adquiran valor social\, económico e patrimonial\, e 3) xeren capacidades\, tanto en ámbitos profesionais como non profesionais\, contribuíndo a un desenvolvemento sostible de todas aquelas actividades vencelladas o ámbito mariño\, sobre as bases da economía azul e da Investigación e Innovación Responsables (Responsible Research and Innovation -RRI-)\, con vistas a favorecer unha transformación social inclusiva e sostible. Esta proposta articularase en: \n\nUn MARCO CONCEPTUAL\, que incluirá a análise do contexto;\nMETODOLOXÍAS E PROTOCOLOS\, coma o deseño dun sistema de avaliación e seguimento adaptado; principios de boa gobernanza a implementar nos procesos participativos\, entre outros;\nFERRAMENTAS de apoio\, ben a partir da adaptación dalgunhas xa existentes e/ou de nova creación.\n\nEstes instrumentos aplicaranse con carácter piloto en\, cando menos\, dous dos restantes paquetes de traballo do Programa de Ciencias Mariñas (PCCiencias Mariñas). Este enfoque demostrativo permitirá obter CASOS DE ESTUDO que comprobarán a funcionalidade e robustez do modelo para potenciar e amplificar o impacto social das liñas temáticas que o Programa prioriza para o futuro (Liña 1. Observación e control do medio mariño e litoral e Liña 2. Acuicultura sostible\, intelixente e de precisión). \nComo produto final\, obterase para cada unha das áreas (Capacitación\, Transferencia e Cultura Científica) unha guía\, con estrutura similar en cada unha delas\, que permitirá as sinerxías entre as aproximacións e o transvasamento de coñecementos e boas prácticas entre as áreas e entre as organizacións promotoras\, incrementando a posibilidade de levar a cabo accións coordinadas\, reforzando a rede e facilitando a aplicabilidade das ferramentas xeradas a varios ámbitos. O seu uso e aplicación está dirixida tanto ó persoal investigador e técnico\, como ós servizos e unidades especializadas\, para reforzar así as capacidades de soporte no conxunto do sistema. \nEsta proposta\, de aproximación transdisciplinar e multiaxente\, basearase na cooperación interinstitucional permitindo á comunidade investigadora e ás organizacións das que forman parte crear e traballar nunha REDE\, de forma coordinada\, baixo un marco común que aglutine e explote recursos e capacidades\, dotando dunha maior axilidade e fluidez ó ecosistema de innovación en nosa CCAA. A estrutura en rede permitiría atender ó mesmo tempo\, con xeometrías e dinámicas variables\, as necesidades de capacitación\, transferencia e cultura científica. \nNesta páxina podes ver máis detalles sobre os paquetes de traballo asociadas ao PCCMMG . \nPaquetes de traballo \n\nPrograma de Ciencias Mariñas de Galicia\nO IIM-CSIC coordina\, xunto co CETMAR e a Universidade de Vigo\, o novo Programa de Ciencias Mariñas de Galicia\, coa protección e xestión sostible dos servizos dos ecosistemas mariños como o seu principal reto\, implicando a máis de 89 grupos de investigación galegos. \nEsta nova estratexia actuará a través de tres grandes liñas de actuación: a observación e seguimento do medio mariño e do litoral; acuicultura sostible\, intelixente e de precisión\, e innovación\, coñecemento e oportunidades para adaptarse ao cambio na economía mariña. \n \nO Programa de Ciencias Mariñas de Galicia é un dos sete programas de Ciencias Mariñas dos Plans Complementarios de I+D+i coas Comunidades Autónomas\, que forman parte do Compoñente 17\, Investimento 1 do Plan de Transformación e Recuperación da Resiliencia da UE. As accións do Programa fináncianse unhas a través dos fondos Next Generation EU e outras a través do Fondo Europeo Maritimo de Pesca e Acuicultura (FEMP/FEMPA). \nNesta páxina podes ver máis detalles sobre as accións asociadas ao Programa lideradas polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. \nPáxina do programa IIM-CSIC
URL:https://iim.csic.es/evento/programa-de-ciencias-marinas-reunion-de-seguimento-pt11/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/04/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-45-73b.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240508
DTEND;VALUE=DATE:20240509
DTSTAMP:20260608T134315Z
CREATED:20240506T124214Z
LAST-MODIFIED:20260608T134315Z
UID:18029-1715126400-1715212799@iim.csic.es
SUMMARY:Reto Signátidos: avistamento de cabalos de mar e peixes pipa
DESCRIPTION:O día 8 de maio\, ás 19h\, terá lugar unha sesión informativa aberta online (a través de Zoom)\, para coñecer o Reto Signátidos\, que buscará a colaboración cidadá no avistamento de cabalos de mar e peixes pipa para completar o Atlas de Signátidos do Litoral Español. \nOs cabalos de mar (Hippocampus spp.) son especies protexidas incluídas na Lista Española de Especies Silvestres con Especial Protección. A información dispoñible sobre o estado das poboacións silvestres destas especies é moi limitada\, polo que é necesario recoller\, analizar e avaliar a información dispoñible e ampliar o coñecemento sobre estas especies. \nPor iso\, o quipo do proxecto HippoDEC (liderado dende o departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC) e Observadores del Mar\, lanzas o Reto Signátidos. Únete a sesión informativa! \nINSCRÍBETE Á SESIÓN INFORMATIVA \nPrograma da sesión informativa\nData: 08/05/2024 \n19:00h: Presentación del Proyecto Hippo-DEC | IIM-CSIC \n19:20h: Identificación de especies y hábitats de signátidos \n19:45h: Cómo subir observaciones? | Observadores del Mar – Plataforma de ciencia cidadá mariña \nO proxecto HippoDEC\no proxecto “Hippo-DEC: Diagnóstico do estado de conservación de cabalos de mar no litoral español\, áreas críticas e medidas de conservación»\, liderado polos investigadores Miquel Planas  e Jorge Urcera do departamento de Ecoloxía de Recursos Mariños do IIM-CSIC\, ten como obxectivo principal avaliar a situación actual das poboacións salvaxes de cabalos de mar\, especies vulnerables incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial dende 2011. «O proxecto Hippo-DEC permitirá recompilar\, analizar e avaliar información vital para a conservación destas especies\, así como propoñer medidas de protección e áreas críticas que requiren atención especial. \nEsta iniciativa representa un avance significativo cara á protección e preservación dos cabalos de mar no litoral español\, demostrando o compromiso conxunto da comunidade científica e a sociedade na conservación da biodiversidade mariña. \nO proxecto conta coa colaboración de Observadores do Mar\, Fundación Aula do Mar do Mediterráneo\, ONG Oceánidas\, Fundación Oceanográfic de Valencia\, ONG Ambiens\, Palma Aquarium\, Acuario Gijón e Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais\, a investigación está financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Protocolo Xeral de Actuación DGBBD-OAPN-FB-CSIC en materia de patrimonio natural\, biodiversidade\, forestal e adaptación ao cambio global\, co obxectivo de determinar zonas preferentes de conservación e propoñer medidas de actuación.
URL:https://iim.csic.es/evento/reto-signatidos-avistamento-de-cabalos-de-mar-e-peixes-pipa/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/05/retosignatidos-081.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240509
DTEND;VALUE=DATE:20240510
DTSTAMP:20260608T134315Z
CREATED:20240508T091645Z
LAST-MODIFIED:20260608T134315Z
UID:18031-1715212800-1715299199@iim.csic.es
SUMMARY:Programa de Ciencias Mariñas | Reunión de seguimento do PT5
DESCRIPTION:Páxina do programa IIM-CSIC \nMañá\, 9 de maio\, terá lugar a reunión de seguimento do paquete de traballo PT5 do Programa de Ciencia Mariñas de Galicia (PCCMMG)\, en formato online. O equipo de coordinación estará composto por Eva Balsa-Canto (IIM-CSIC) e Moncho Gómez Gesteira (UVigo). \nSimulador mariño multiescala e transdisciplinar (PT5)\nNesta proposta pretendemos avanzar no desenvolvemento dun simulador multiescala e transdisciplinar\, aplicable ó medio mariño e á acuicultura. O simulador será unha ferramenta esencial para integrar datos procedentes de diferentes fontes e xerar o coñecemento\, o marco e a evidencia necesarios para abordar os retos ambientais\, sociais e económicos: explorar e predicir as consecuencias do cambio global no medio mariño\, e apoiar a toma de decisións orientada á xestión de usos e recursos. \nO simulador proposto integrará técnicas de intelixencia artificial e modelos ambientais\, oceanográficos\, ecolóxicos a múltiples escalas e económicos. Permitirá a análise de escenarios e\, finalmente\, facilitará a toma de decisións que favorezan a sustentabilidade do medio mariño e dos sectores socioeconómicos asociados\, a pesca e a acuicultura\, para as xeracións futuras. \n\nA programación do simulador require a integración de múltiples datos de calidade e o desenvolvemento de métodos numéricos\, teóricos e computacionais ad hoc. Por este motivo\, propoñemos un enfoque escalonado\, en tres actuacións ou probas de concepto\, que permiten unha aproximación realista\, e sentan as bases para o futuro simulador mariño multiescala e transdisciplinar. \nActuación 1\, centrada no desenvolvemento dun simulador de eventos extremos e os seus efectos.  Mediante técnicas de IA\, estableceranse modelos preditivos para detectar patróns meteorolóxicos e hidrodinámicos e estimar a evolución do sistema atmosfera-océano a escalas altas. Ademais\, modelaranse os efectos dos fenómenos meteorolóxicos ambientais extremos sobre os ecosistemas mariños. Ó acoplar diferentes modelos de simulación numérica con técnicas de IA\, mellorarase a capacidade de reproducir a hidrodinámica das zonas costeiras\, o que permitirá prever eventos de baixa salinidade (con gran impacto nos cultivos mariños) ou inundacións de zonas habitadas. Tamén simularemos a mobilización de contaminantes ó medio mariño\, incluídos os procedentes de incendios e ambientes urbanos\, así como de contaminantes emerxentes. Como caso aplicado consideraremos a Ría de Arousa. \nActuación 2\, centrada no desenvolvemento dun modelo ‘end2end’ en pesca. Proponse completar os modelos biofísicos existentes en Galicia con modelos de niveis tróficos superiores e módulos de compoñentes socioeconómicos que permitan o desenvolvemento de modelos ‘end2end’ con aplicacións para a pesca galega. O modelo centrarase en tres especies de especial importancia ecolóxica\, económica e cultural para Galicia: a sardiña\, a pescada e o polbo. Os modelos obtidos permitirán\, mellorar o coñecemento do ecosistema mariño de Galicia e das interaccións coa pesca\, e realizar simulacións de escenarios (que pasa se?) para avaliar os impactos dos cambios a escala climática\, incluídos os impactos na abundancia das especies comerciais e impactos socio-económicos (en colaboración con PT10). \nActuación 3\, centrada no desenvolvemento de dous xemelgos dixitais en acuicultura multitrófica integrada. Nesta actuación abordaremos a formulación de simuladores de dous tipos de cultivo multitóficos: off-shore e IMTA-RAS (un sistema de cultivo en recirculación). As macroalgas estarán presentes en ámbolos dous tipos de cultivos. Definiremos pois\, os modelos fisiolóxicos das especies de interese e integrarémolos\, no primeiro caso\, nun modelo de long-line que terá en conta as condicións hidrodinámicas e ambientais e\, no segundo caso\, nun sistema RAS. A batea dixital integrará modelos fisiolóxicos de mexillón con modelos oceanográficos. Os simuladores de long-line e batea integraranse nun xemelgo dixital IMTA off-shore que permitirán predicir os efectos dos cambios nas variables ambientais sobre a calidade e produtividade dos cultivos na Ría de Ares\, ademais\, permitirán a simulación de escenarios de cara á optimización dos cultivos. O xemelgo dixital IMTA RAS que abordará a interacción de peixe-macroalga-probiótico permitirá o deseño racional dos cultivos IMTA-RAS de precisión (en colaboración con PT9). \nOs modelos e desenvolvementos de software de cada proba de concepto compartiranse ó público na medida do posible de acordo coas directrices de xestión de datos FAIR. \n\nPrograma de Ciencias Mariñas de Galicia\nO IIM-CSIC coordina\, xunto co CETMAR e a Universidade de Vigo\, o novo Programa de Ciencias Mariñas de Galicia\, coa protección e xestión sostible dos servizos dos ecosistemas mariños como o seu principal reto\, implicando a máis de 89 grupos de investigación galegos. \nEsta nova estratexia actuará a través de tres grandes liñas de actuación: a observación e seguimento do medio mariño e do litoral; acuicultura sostible\, intelixente e de precisión\, e innovación\, coñecemento e oportunidades para adaptarse ao cambio na economía mariña. \n \nO Programa de Ciencias Mariñas de Galicia é un dos sete programas de Ciencias Mariñas dos Plans Complementarios de I+D+i coas Comunidades Autónomas\, que forman parte do Compoñente 17\, Investimento 1 do Plan de Transformación e Recuperación da Resiliencia da UE. As accións do Programa fináncianse unhas a través dos fondos Next Generation EU e outras a través do Fondo Europeo Maritimo de Pesca e Acuicultura (FEMP/FEMPA). \nNesta páxina podes ver máis detalles sobre as accións asociadas ao Programa lideradas polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. \nPáxina do programa IIM-CSIC
URL:https://iim.csic.es/evento/programa-de-ciencias-marinas-reunion-de-seguimento-do-pt5/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/05/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-47-34c.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240510
DTEND;VALUE=DATE:20240511
DTSTAMP:20260608T134315Z
CREATED:20240514T073627Z
LAST-MODIFIED:20260608T134315Z
UID:18032-1715299200-1715385599@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas Escolares ao IIM | Grao de Ciencias do Mar da UVigo
DESCRIPTION:Foi un pracer darlle a benvida ao Grao de Ciencias do Mar da UVigo nas nosas instalacións no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación\, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles: \n10:00 – Recepción e Benvida: \nIniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I. \nVisitas a Laboratorios e Acuario: \nDurante a visita\, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario\, guiados por expertos en cada área: \n\nBioxeoquímica Mariña (Ricardo Prego)\nGrupo de Inmunoloxía e Xenómica ( Beatriz Novoa).\nEcoloxía e Recursos Mariños (Lara García e Helena Domínguez)\nMicrobioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños (Raquel Nogueira)\n\nEsta acción foi organizada pola UCC+ I do centro e levouse a cabo no marco dos proxectos “OceanNight” \n14:00 – Despedida: \nEsperamos que disfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)!
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-escolares-ao-iim-grao-de-ciencias-do-mar-da-uvigo/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/05/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-49-8bf.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240515
DTEND;VALUE=DATE:20240516
DTSTAMP:20260608T134315Z
CREATED:20240429T115104Z
LAST-MODIFIED:20260608T134315Z
UID:18028-1715731200-1715817599@iim.csic.es
SUMMARY:Os bivalvos como provedores de servizos ecosistémicos
DESCRIPTION:INSCRICIÓN \nO vindeiro 15 de maio\, realizarase a presentación da rede de investigación BIVALRED: Rede para o estudo e a promoción dos servizos ecosistémicos de bivalvos.  \nEnmarcado dentro das actividades da rede de investigación BIVALRED (@BivalRed2024)\, e dentro das actividades do «European Maritime Day in your Country» este obradoiro pretende integrar coñecementos científicos de diferentes disciplinas arredor do estudo dos servizos ecosistémicos que proporcionan os bivalvos e da sensibilización da sociedade sobre os bens e servizos que proporcionan estes moluscos a través de varios casos prácticos. \nA rede de investigación BIVALRED tamén se presentará como unha ferramenta para mellorar a coordinación entre investigadores de diferentes disciplinas como impulsores da acción colectiva da sociedade en torno á conservación dos bivalvos. \nEn xeral\, o obradoiro ten como obxectivo promover a concienciación\, o diálogo\, a colaboración e a acción para resaltar todo o potencial dos bivalvos como provedores de servizos ecosistémicos ao tempo que se abordan os desafíos de conservación aos que nos enfrontamos nun contexto de cambio global\, así como como fomentar o desenvolvemento sostible. \nModalidades de participación previa INSCRICIÓN \nOn-line (Enviaremos un link para conectarse ese mismo día) \nPresencial (Salón Actos IIM – Eduardo Cabello\, 6\, Vigo) \nConsulta o programa\n\n15.00h. Presentación da rede de investigación BIVALRED – Rede para o estudo e promoción dos servizos dos ecosistemas de bivalvos. Jose Manuel Fernández Babarro (IIM-CSIC de Vigo)\n\n15.15h Marisqueo e cambio global. Elsa Vázquez Otero (Universidade de Vigo) \n\n\n15:30h Restauración e Bioextracción. Marina Albentosa (IEO-CSIC de Murcia) \n\n\n15:45h Acuicultura. Fiz da Costa (IEO-CSIC de Vigo) \n\n\n16.00h. Uso de biosensores. José Manuel Fernández Babarro (IIM-CSIC de Vigo) \n\n\n16.15h FINS: Operacionalización da capacidade de carga da acuicultura. Ramón Filgueira. (Dalhousie University\, Halifax\, Nova Scotia\, Canadá) \n\n\n16.30h-17.00h. Mesa redonda de debate e interacción entre relatores e participantes \n\n\nQue é BIVALRED?\nBIVALRED é unha rede de investigación\, que pretende funcionar como unha ferramenta para estudar e promover os servizos ecosistémicos dos bivalvos. A rede está coordinada polo IIM-CSIC\, e colabora persoal investigador da Universidade de Cádiz (UCA)\, a Universidade de Vigo (UVIGO)\, a Universidade do País Vasco/Euskal Herriiko Unibertsitatea (UPV/EHU)\, os Centros Oceanográficos de Murcia\, Cádiz e Vigo (IEO-CSIC)\, o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal (IATS-CSIC) e o Institut de Ciències del Mar (ICM-CSIC). Os obxectivos de BIVALRED\, entre outros\, son: (i) promover a colaboración a longo prazo entre os grupos de investigación pertencentes á rede; (ii) integrar coñecementos científicos de diferentes disciplinas arredor do estudo e promoción dos servizos ecosistémicos dos bivalvos; (iii) establecer protocolos para a análise e utilización conxunta de equipamentos e infraestruturas por parte dos grupos da rede; (iv) promover a mobilidade do persoal formador e dos novos investigadores e así (v) transferir coñecementos entre grupos de investigación\, así como colaborar na (vi) sensibilización da sociedade sobre os bens e servizos que prestan os bivalvos\, así como (vii) fomentar que a administración pública desenvolva políticas que favorezan a acuicultura e a restauración das poboacións de bivalvos; e (viii) intensificar as relacións coas organizacións internacionais que traballan pola recuperación das poboacións de bivalvos e os seus servizos ecosistémicos. \n Máis información
URL:https://iim.csic.es/evento/os-bivalvos-como-provedores-de-servizos-ecosistemicos/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/04/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-46-341.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR