BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220702
DTEND;VALUE=DATE:20220828
DTSTAMP:20260608T134323Z
CREATED:20220706T073925Z
LAST-MODIFIED:20260608T134323Z
UID:17928-1656720000-1661644799@iim.csic.es
SUMMARY:Ciencia cidadá na Microrreserva da praia de Lourido
DESCRIPTION:Ver Programa \nOs talleres de Ciencia Cidadá nas Dunas de Lourido realizaranse todos os sábados de xullo e agosto  en horario continuado de 11:00 a 13:00h para todas as idades\, e correrán a cargo do equipo de traballo de Hydrosphere (unha spin-off da Universidade de Vigo)\, a propia Universidade de Vigo (coa participación do Centro de Investigación Mariña e do grupo de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio) e o Consello Superior de Investigacións Científicas a través de dúas unidades de Cultura Científica (CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas). \nOs obradoiros céntranse tanto na zona das dunas como na zona de arribazón (onde chegan as algas á costa). \n⛱️ Actividades na zona de dunas | Observa e identifica a flora e fauna da duna\, contribue á biodiversidade plantando especies autóctonas e eliminando invasoras. \n? Actividades na zona de arribazón | Recolle as algas que chegan do mar e identifícaas\, realiza unha mostraxe científica para observar a macrofauna da rexión\, identifican a especie e as relacións con outras especies (a taxonómía)\, caza microplásticos na area e avalía o seu impacto no medio. \nAdemais\, o persoal investigador tamén traballará ao longo do areal para estudar o tipo de sedimento e a súa orixe e para realizar perfís topográficos que acheguen información sobre a morfoloxía da praia e a súa dinámica.  \nInscrición por orden de chegada ata completar aforo (máx. 12 persoas) \nSaca un #CoastSnap e fai ciencia dende a praia!\n \nXunto coas actividades relacionadas coa Microrreserva de Lourido\, poderás atopar un tótem bastante especial. \nEste poste é unha nova base galega do proxecto #CoastSnap de «Centinelas da Costa». Só co teu móbil poderás contribuír a un proxecto científico real para facer un seguimento da evolución da costa ao longo do tempo. \nTira unha foto-snap co teu móbil usando a base\, súbeo á aplicación de CoastSnap e fai avanzar a #ciencia baixo o sol do verán! \nDescarga CoastSnap para Android \nDescarga CoastSnap para iOS \nSobre o proxecto | Microrreservas de praia\nO proxecto (financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia\, Innovación\, e o Concello de Nigrán) pretende crear unha pequena reserva natural en plena Praia América\, en Nigrán. \nO obxectivo deste proxecto de comunicación científica é cambiar o concepto que se ten das praias e dos sistemas dunares como espazos puramente dedicado ao lecer\, por outro máis sostible centrado no valor ecolóxico destes fráxiles ecosistemas litorais. \nO proxecto Microrreservas de Praia permitirá crear un espazo para a recuperación das ‘Dunas de Lourido’\, que se converterá nunha aula aberta na que se poderá compartir coa sociedade todo o traballo científico e técnico que se fai desde as institucións participantes. Ademais\, poderase observar a evolución das dunas e ser testemuñas de como o ecosistema se renaturaliza ao longo do tempo. \nDurante todo o proxecto buscarase a participación cidadá e levarán a cabo talleres didácticos e actividades que permitirán coñecer máis sobre estes ecosistemas\, a importancia da súa conservación e da recuperación destes espazos.
URL:https://iim.csic.es/evento/ciencia-cidada-na-microrreserva-da-praia-de-lourido/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2022/07/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080--567px-11-813.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220705
DTEND;VALUE=DATE:20220708
DTSTAMP:20260608T134323Z
CREATED:20220705T090540Z
LAST-MODIFIED:20260608T134323Z
UID:17925-1656979200-1657238399@iim.csic.es
SUMMARY:Try Olympus Lighsheet Alpha3 microscope at IIM-CSIC
DESCRIPTION:Contacta con Lucía Sánchez Ruiloba para reservar unha proba \nContact Lucía Sánchez Ruiloba to book a spot for a trial run \nReserva un sitio | Book a spot \n\nScroll down for English \n\nO Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) acolle esta semana un workshop para  para coñecer os últimos avances na microscopia de fluorescencia co dispositivo Alpha3 que brinda escaneos focales ópticos intelixentes a fin de permitir un procesamento de imaxes uniforme e exento de artefactos en todo o campo de visión. O sistema pode ser actualizado facilmente con opcións como o escaneo rápido (escaneo 3D intelixente)\, aplicación mosaico XY e controis de temperatura para satisfacer diversas necesidades experimentais. O software QtSPIM proporciona unha interface intuitiva e clara para recompilar imaxes de X\, E\, Z\, θ\, T\, λ a máxima velocidade. Podes traer as túas mostras para probar. \nHorario\nMartes – 5 de xullo \n\n9:30h –10:30h; Presentación –“The best user experience with ultra thin light sheet microscopy” (Meeting room at Instituto InvestigacionesMarinas) por Ms. Irina Rakotoson\, Life Science Product Manager. \n11:00h –17:00h; Sesións de demostración do equipo\npor Dr. Cyprian Wozniak\, Especialista \nMércores – 6 de xullo \n11:00h –17:00h; Sesións de demostración do equipo\npor Dr. Cyprian Wozniak\, Especialista \nXoves – 7 de xullo \n11:00h –17:00h; Sesións de demostración do equipo\npor Dr. Cyprian Wozniak\, Especialista \nTemas da presentación\n\nIntrodución á microscopía lightsheet (de lámina de luz)\nA tecnoloxía Alpha3\nA importancia dunha óptica de alta calidade\nCapacidade de macro a micro\nDúbidas e cuestións\n\n  \n\nThe Institute for Marine Research (IIM-CSIC) is hosting a workshop this week to learn about the latest advances in fluorescence microscopy with the Alpha3 device that provides intelligent optical focal scans to allow uniform\, artifact-free image processing throughout the world. field of view. The system can be easily upgraded with options such as fast scanning (smart 3D scanning)\, XY mosaic application and temperature controls to meet various experimental needs. QtSPIM software provides an intuitive and clear interface to compile images of X\, E\, Z\, θ\, T\, λ at maximum speed. You can bring your samples for a trial run\, \nSchedule\nTuesday – 5th July \n9:30h –10:30h; Lecture –“The best user experience with ultra thin light sheet microscopy” (Meeting room at Instituto InvestigacionesMarinas) by Ms. Irina Rakotoson\, Life Science Product Manager. \n11:00h –17:00h; Live system demo sessions\nBy Dr. Cyprian Wozniak\, Application Specialist \nWednesday – 6th July \n09:30h –17:00h; Live system demo sessions\nBy Dr. Cyprian Wozniak\, Application Specialist \nThursday- 7th July \n09:30h –17:00h; Live system demo sessions\nBy Dr. Cyprian Wozniak\, Application Specialist \nTopics for lecture\n\nIntroduction to the light sheet microscopy\nThe alpha3 technologies\nThe importance from high quality optics\nMacro to micro capability\nDoubts & Questions
URL:https://iim.csic.es/evento/try-olympus-lighsheet-alpha3-microscope-iim-csic/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2022/07/taller-microscoia-b21.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220709
DTEND;VALUE=DATE:20220710
DTSTAMP:20260608T134324Z
CREATED:20220704T073206Z
LAST-MODIFIED:20260608T134324Z
UID:17924-1657324800-1657411199@iim.csic.es
SUMMARY:Cando arde o mar | Saberes compartidos
DESCRIPTION:Foto: Ana García \nPrograma | Cando arde o mar. Saberes Compartidos. \nPrograma completo | Muros Mira ao Mar \n  \nEste proxecto do Instituto de Investigacións Mariñas\, Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC) e o Consello da Cultura Galega (CCG)\, en colaboración con Culturmar\, quere establecer un diálogo entre o coñecemento científico e o coñecemento tradicional e experiencial arredor da ardora\, a bioluminiscencia producida pola proliferación de fitoplancto. Esta proliferación –xeralmente da especie Noctiluca scintillans\, pero tamén doutras especies– está relacionada coa oceanografía e o ciclo estacional do fitoplancto\, que afectan directamente á produción de recursos pesqueiros. \nO fenómeno\, tamén chamado ardentía\, está moi presente na cultura mariñeira\, e será o fío condutor dun diálogo entre o ámbito científico\, explicando as bases biolóxicas\, as causas e a súa influencia sobre a abundancia e calidade dos recursos pesqueiros\, e as denominacións que ten no noso idioma; a xente do mar\, achegando o coñecemento tradicional no ámbito pesqueiro; e artistas con obra directamente conectada coa ardora ou outros fenómenos de bioluminiscencia na natureza. \nO público asistente poderá observar in-situ a bioluminiscencia de cultivos de microalgas\, nunha instalación desenvolvida polo persoal do IEO e o IIM. \nO evento organizado polo Consello da Cultura Galega\, o IIM-CSIC\, e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial será inaugurado por Rosario Álvarez\, presidenta do Consello da Cultura Galega\, Xosé Pintado\, vicedirector de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas (Consello Superior de Investigacións Científicas) e Pepe Sacau\, presidente de Culturmar. \nParticiparán no evento: \n\nLuísa Martínez\, oceanógrafa\, autora e ilustradora de álbums informativos e responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.\nFrancisco Rodríguez Hernández\, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC)\, no grupo de investigación VGOHAB\, experto en microalgas e ecoloxía do fitoplacto (https://fitopasion.com/oautor).\nXosé Iglesias Lamela\, mariñeiro\, capitán de pesca e poeta Mar de ardora na paisaxe.\nAna María García Suárez\, fotoxornalista de La Voz de Galicia desde 1999 autora do libro Mar de Ardora e coautora con outros astrofotógrafos galegos do libro Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno.\nFrancisco Fernández Rei\, catedrático de Filoloxía Románica da USC e responsable do Arquivo do Galego Oral do Instituto da Lingua Galega.\nFernando Casás\, artista plástico experimental que vive entre España e Brasil. Iniciador do movemento de Arte & Natureza e profesor-doutor e investigador na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.\n\nAdemáis\, contará coa participación especial de Primitivo Pedrosa González\, vicepatrón maior da Confraría de pescadores de Muros\, con máis de 25 anos de experiencia como patrón de embarcacións de pesca artesanal e veciño de Carnota\, onde adoitan “arder as aghuas” no verán.
URL:https://iim.csic.es/evento/cando-arde-o-mar-saberes-compartidos/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2022/07/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080--567px-8-2b0.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR