BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220702
DTEND;VALUE=DATE:20220828
DTSTAMP:20260608T134323Z
CREATED:20220706T073925Z
LAST-MODIFIED:20260608T134323Z
UID:17928-1656720000-1661644799@iim.csic.es
SUMMARY:Ciencia cidadá na Microrreserva da praia de Lourido
DESCRIPTION:Ver Programa \nOs talleres de Ciencia Cidadá nas Dunas de Lourido realizaranse todos os sábados de xullo e agosto  en horario continuado de 11:00 a 13:00h para todas as idades\, e correrán a cargo do equipo de traballo de Hydrosphere (unha spin-off da Universidade de Vigo)\, a propia Universidade de Vigo (coa participación do Centro de Investigación Mariña e do grupo de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio) e o Consello Superior de Investigacións Científicas a través de dúas unidades de Cultura Científica (CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas). \nOs obradoiros céntranse tanto na zona das dunas como na zona de arribazón (onde chegan as algas á costa). \n⛱️ Actividades na zona de dunas | Observa e identifica a flora e fauna da duna\, contribue á biodiversidade plantando especies autóctonas e eliminando invasoras. \n? Actividades na zona de arribazón | Recolle as algas que chegan do mar e identifícaas\, realiza unha mostraxe científica para observar a macrofauna da rexión\, identifican a especie e as relacións con outras especies (a taxonómía)\, caza microplásticos na area e avalía o seu impacto no medio. \nAdemais\, o persoal investigador tamén traballará ao longo do areal para estudar o tipo de sedimento e a súa orixe e para realizar perfís topográficos que acheguen información sobre a morfoloxía da praia e a súa dinámica.  \nInscrición por orden de chegada ata completar aforo (máx. 12 persoas) \nSaca un #CoastSnap e fai ciencia dende a praia!\n \nXunto coas actividades relacionadas coa Microrreserva de Lourido\, poderás atopar un tótem bastante especial. \nEste poste é unha nova base galega do proxecto #CoastSnap de «Centinelas da Costa». Só co teu móbil poderás contribuír a un proxecto científico real para facer un seguimento da evolución da costa ao longo do tempo. \nTira unha foto-snap co teu móbil usando a base\, súbeo á aplicación de CoastSnap e fai avanzar a #ciencia baixo o sol do verán! \nDescarga CoastSnap para Android \nDescarga CoastSnap para iOS \nSobre o proxecto | Microrreservas de praia\nO proxecto (financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia\, Innovación\, e o Concello de Nigrán) pretende crear unha pequena reserva natural en plena Praia América\, en Nigrán. \nO obxectivo deste proxecto de comunicación científica é cambiar o concepto que se ten das praias e dos sistemas dunares como espazos puramente dedicado ao lecer\, por outro máis sostible centrado no valor ecolóxico destes fráxiles ecosistemas litorais. \nO proxecto Microrreservas de Praia permitirá crear un espazo para a recuperación das ‘Dunas de Lourido’\, que se converterá nunha aula aberta na que se poderá compartir coa sociedade todo o traballo científico e técnico que se fai desde as institucións participantes. Ademais\, poderase observar a evolución das dunas e ser testemuñas de como o ecosistema se renaturaliza ao longo do tempo. \nDurante todo o proxecto buscarase a participación cidadá e levarán a cabo talleres didácticos e actividades que permitirán coñecer máis sobre estes ecosistemas\, a importancia da súa conservación e da recuperación destes espazos.
URL:https://iim.csic.es/evento/ciencia-cidada-na-microrreserva-da-praia-de-lourido/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2022/07/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080--567px-11-813.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR