BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230912
DTEND;VALUE=DATE:20230913
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230901T103439Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17997-1694476800-1694563199@iim.csic.es
SUMMARY:Xornada de Portas Abertas
DESCRIPTION:Rexístrate de balde \nO Instituto de Investigacións Mariñas\, en Bouzas\, ten o pracer de convidarvos á Xornada de Portas Abertas que terá lugar o 12 de setembro de 2023 entre as 10:00 e as 19:00 horas\, elixe a quenda que che vaia mellor! \nEste evento brindaravos a oportunidade de coñecer de preto laboratorios\, corredores\, acuarios e espazos onde descubrir o traballo que realizamos no ámbito da investigación mariña. \nAsí\, percorrerás o Instituto en visitas guiadas duns 90 minutos\, coñecendo ás científicas e técnicos que fan ciencia dende o noso barrio. Contaremos tamén con demostracións prácticas realizadas polo noso persoal. \nNon deixes de traer á familia e amigos para pasar un día verdadeiramente inesquecible! \nO Instituto de Investigacións Mariñas está situado na rúa de Eduardo Cabello\, 6\, Bouzas – Vigo.  \nRecomendamos o uso de calzado cómodo e que non sexa delicado nin de tea para realizar as visitas\, xa que teremos que pasar obligatoriamente por pediluvios para a desinfección do calzado antes de entrar a algunhas salas. \nA﻿ccesibilidade e interpretación en LSE \nNas quendas das 10:00 horas e das 16:00 horas contaremos con interpretación de Lingua de Signos Española (LSE) para as persoas que o precisen. \nPor motivos de organización\, agradecemos que no formulario indiquedes se precisaredes este servizo ou non. \nPor outra banda\, indicar que a visita -dunha duración estimada de 1 hora e media- se realiza en espazos estreitos que\, por desgraza\, imposibilitan realizala en cadeira de rodas. \nAcceso á visita e puntualidade \nO IIM-CSIC é un centro de investigación e o seu traballo continuará tamén ese día. Para evitar afectar ao traballo dos grupos de investigación\, pregamos a máxima puntualidade das persoas rexistradas. Unha vez comece a visita\, no caso de non estar presente algún dos asistentes rexistrados\, entenderase que a persoa non asistirá e\, por tanto\, o seu lugar poderá ser ocupado por outra no caso de que así se solicite. Recomendamos presentarse na entrada do Instituto 5 minutos antes do comezo da visita.
URL:https://iim.csic.es/evento/xornada-de-portas-abertas/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/evento-web-96e.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230913
DTEND;VALUE=DATE:20230914
DTSTAMP:20260608T134318Z
CREATED:20230906T132157Z
LAST-MODIFIED:20260608T134318Z
UID:17998-1694563200-1694649599@iim.csic.es
SUMMARY:Nuestros orígenes: momentos clave en el IIP
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \n\nNesta ocasión teremos un Encontros Espresso especial\, co gallo dos 50 anos do comezo do traballo do IIM-CSIC na vila de Bouzas. Unha ocasión especial para recordar as orixes deste edificio e desta veciñanza coa que tanto temos compartido\, dando grazas por estas 5 décadas de ciencia mariña ao voso carón.  \n\nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 11:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos. unha vez máis\, co noso compañeiro\, Ricardo Prego\, procedente do Grupo de Bioxeoquímica Mariña.
URL:https://iim.csic.es/evento/nuestros-origenes-momentos-clave-en-el-iip/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/20230906-181530-0000-ca9.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230929
DTEND;VALUE=DATE:20230930
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230915T040241Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18001-1695945600-1696031999@iim.csic.es
SUMMARY:"Neuston 3: En concerto co océano" con Abraham Cupeiro | Ocean Night 2023
DESCRIPTION:​Entradas en eventbrite \n«Neuston 3: en concerto co océano» é unha fascinante viaxe musical polo océano a cargo do talentoso músico Abraham Cupeiro. Este concerto pretende transmitir a vital importancia do océano na vida e sustentabilidade da terra\, así como difundir os principios da Cultura Oceánica (UNESCO\, 2020). \nO artista\, é un construtor e multiinstrumentista que emprega sonoridades de instrumentos recuperados do esquecemento do tempo. Neste evento\, deleitaranos con varias composicións musicais inspiradas no océano e no traballo do Instituto de Investigacións Mariñas. \nO evento\, organizado pola Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC\, en Vigo\, en colaboración co Real Jardín Botánico de Madrid (RJB-CSIC) co gallo da Ocean Night – Noite Europea das Persoas Investigadoras (MSCA-ERN) terá lugar en sala Cátedra Cavanilles do RJB – CSIC de Madrid o día 29 de setembro en dúas sesións\, ás 18:30 e ás 20:30 horas\, elixe a que mellor che veña!.  A entrada será pola rúa Claudio Molina\, 1. \nO concerto\, de entrada libre\, é o resultado dunha estreita colaboración entre o artista sarriao e a comunidade científica do Instituto; a través dunha serie de visitas ao centro e de reunións cos grupos de investigación e co equipo da súa Unidade de Cultura Científica. \n\nAs entradas\, que poden adquirirse a partir do xoves\, 21 de setembro\, ás 18h en eventbrite. \n\nOs Neuston Experiments e a Ocean Night do CSIC\nO evento\, denominado Neuston Experiment 3: In concert with the Ocean\, é xa o terceiro da serie dos Neuston Experiments\, comezados no ano 2008\, coa participación de artistas como Vitor Freixanes\, Rosa Aneiros\, Manuel Sendón\, Marilar Aleixandre ou Miguelanxo Prado\, así como Mónica de Nut na edición de 2021. \nA música\, inspirada pola ciencia mariña\, combinarase cunha montaxe audiovisual que se proxectará durante o evento\, montada a partir de imaxes reais fornecidas pola comunidade científica do instituto de Bouzas. \nO acontecemento será un dos moitos organizados esa noite como celebración da Ocean Night ( ‘Noite do Océano’\, en galego). A Ocean Night é un programa de divulgación científica integral de 2 anos de duración (2022 y 2023) que busca fomentar a chamada “cultura oceánica”\, a consciencia do impacto que os ecosistemas mariños teñen na sociedade e viceversa\, así como pór en valor o coñecemento científico\, a investigación e as persoas que traballan neste eido. \n\nDescubre todos os eventos que dende a Ocean Night preparamos por toda a península. Accede a web. \n\nÉ\, ademais\, un dos proxectos financiados pola European Researcher’s Night (MSCA-ERN)\, unha convocatoria europea de fomento da Cultura Científica promovida dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa. A MSCA-ERN\, ten lugar anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar as persoas que investigan á cidadanía para que coñezan o seu traballo e os beneficios que aportan á sociedade. \nA organización do evento recae sobre cinco dos principais centros de investigación mariña e costeira do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC): o Institut Mediterrani d’Estudis Avançats (IMEDEA-UiB-CSIC; Esporles)\, o Institut de Ciències del Mar  (ICM-CSIC; Barcelona)\, o Centre d’Estudis Avançats de Blanes (CEAB-CSIC; Blanes)\, o Instituto de Ciencias del Mar de Andalucía (ICMAN-CSIC; Cádiz)\, e o propio IIM-CSIC de Vigo. Xunto con eles\, colaboran tamén a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia\, a Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC (UTM-CSIC) e o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal (IATS-CSIC; Castellò). \nO artista\, Abraham Cupeiro\nAbraham Cupeiro (Sarria\, 1980) é un construtor e multintrumentista galego que busca a recuperación de instrumentos perdidos no tempo para utilizalos na creación de novas sonoridades. \nAdemais da súa fonda formación musical\, Abraham destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro) e por recuperar un instrumento ancestral da tradición galega desaparecido na segunda metade do século XX: a corna. \nConstrutor dos seu propios instrumentos\, o sarriao conta actualmente con 3 proxectos musicais en marcha: Resoando no pasado\, Pangea e Sons esquecidos. Destaca ademais a súa labor de divulgación musical en escolas\, redes sociais e incluso a través de programas como La Resistencia. \nProxecto financiado pola Unión Europea\n \nA Noite Europea dos Investigadores é un proxecto europeo de divulgación científica promovido dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa\, que se desenvolve anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar á cidadanía ás persoas que realizan investigacións para que coñezan o seu traballo\, os beneficios que aportan á sociedade e o seu impacto na vida diaria.
URL:https://iim.csic.es/evento/neuston-3-en-concerto-co-oceano-con-abraham-cupeiro-ocean-night-2023/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/imaxe-web-e52.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230929
DTEND;VALUE=DATE:20230930
DTSTAMP:20260608T134317Z
CREATED:20230921T045754Z
LAST-MODIFIED:20260608T134317Z
UID:18002-1695945600-1696031999@iim.csic.es
SUMMARY:Adaptacións morfolóxicas e patróns de expresión xenética na migración do ollo de peixes planos.
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase cada dúas semanas\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa nosa compañeira\, Laura Guerrero Peña\, Investigadora predoutoral do Laboratorio de Biolotecnoloxía Acúatica. \nAdaptacións morfolóxicas e patróns de expresión xenética na migración do ollo de peixes planos.\nOs depredadores dependen en gran medida das súas capacidades visuais para detectar e rastrexar con precisión ás súas presas. Como resultado diso\, algunhas especies desenvolveron adaptacións únicas na súa morfoloxía e sistema visual\, aumentando a eficiencia no seu comportamento de emboscada. Os peixes planos son un exemplo diso; estes peixes son simétricos e peláxicos ao nacer\, pero experimentan unha serie de cambios morfolóxicos que lles permiten vivir como xuvenís bentónicos. Entre os moitos cambios que experimentan\, inclúese a migración dun ollo cara ao outro lado do corpo. No noso estudo\, levamos a cabo unha análise transcriptómico do ollo que migra e do que non migra en tres estadios cruciais da metamorfose do rodaballo co propósito de atopar diferenzas de expresión xénica entre ambos os ollos. Os nosos datos revelaron un patrón de expresión único para o xene da ependimina (epd)\, un xene con funcións na memoria\, rexeneración e plasticidade neuronal. Para investigar máis a fondo o potencial papel do xene epd\, creamos mutantes knockout en peixes cebra e examinamos a rexeneración axonal despois dunha lesión no nervio óptico\, comparando o fenotipo en peixes salvaxes e mutantes. Desta maneira\, exploramos a posible correlación da asimetría do nervio óptico e a migración dun dos ollos en peixes planos coa sobreexpresión obtida do xene epd no ollo que migra durante o clímax da metamorfose. \nLaura Guerrero Peña\nGraduada en Bioloxía pola Universidade de Granada\, cun Máster en Bioloxía Molecular\, Celular e Xenética na Universidade da Coruña. Actualmente está a realizar a súa tese doutoral financiada por unha bolsa FPI no Grupo de Biotecnoloxía Acuática no Instituto de Investigacións Mariñas\, estudando a rede reguladora de xenes que fan posible a remodelación metamórfica en peixes planos. \nO traballo que vai presentar Laura nesta sesión de Encontros recibiu o Premio á mellor presentación oral dentro do XIV Congress of Iberian Association of Comparative Endocrinology – AIEC2023.
URL:https://iim.csic.es/evento/adaptacions-morfoloxicas-e-patrons-de-expresion-xenetica-na-migracion-do-ollo-de/
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2023/09/encontros-espresso-laura-guerrero-8a9.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR