BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240211
DTEND;VALUE=DATE:20240309
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240205T105741Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18017-1707609600-1709942399@iim.csic.es
SUMMARY:11F2024 | O programa do IIM-CSIC
DESCRIPTION:O Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC celebra un ano máis o «Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia»  #11F2024  cun programa de actividades deseñado para destacar o papel das mulleres na investigación mariña e creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais. \nO programa do IIM desenvolverase a partir de febreiro e está composto pola publicación de vídeos e charlas en escolas\, destacando o papel das científicas e técnicas como #MulleresDeCiencia. \n\nSaber do Mar | Tempada 3\n \nO Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) estrea a 3ª tempada da serie «Saber do Mar»\, o primeiro vídeo emitirase coincidindo co propio día 11 de feberiro na canle de Youtube do IIM-CSIC e a protagonista será a nosa compañeira Camino Gestal\, xefa do grupo de Patobioloxía Molecular Mariña\, que nos falará da influencia da alimentación no crecemento e saúde dos polbos mediante técnicas ómicas.  \nSaímos á rúa para preguntarlle á xente que coñece do que facemos no IIM-CSIC\, que lle gustaría coñecer da nosa actividade científica e\, en definitiva\, que lle gustaría saber do mar. Estas preguntas\, que gravamos en vídeo e están sendo contestadas da mesma forma polos científicos e científicas do centro. \nO resultado final é unha serie de audiovisuais que seguimos completando con esta 3ª tempada de #SaberDoMar! \nActividade organizada co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología 2018. \nEsta nova tempada dará lugar a unha nova serie de 5 audiovisuais protagonizados pola veciñanza e o persoal do noso centro. \nVisualiza a tempada 1 e 2 \n\nCharlas en centros educativos\nNo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)\, comprometémonos a promover a ciencia e a investigación mariña. Durante as próximas semanas\, varias traballadoras do centro visitarán escolas para compartir a súa labor como científicas e técnicas. \nEste esforzo busca inspirar ás futuras xeracións e fomentar a participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía. O noso obxectivo principal é achegar a ciencia mariña aos estudantes\, destacando o papel crucial das mulleres neste campo e motivándoos a considerar carreiras en ciencia e tecnoloxía. Ademais\, buscamos promover a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico e visibilizar o traballo das científicas.
URL:https://iim.csic.es/evento/11f2024-o-programa-do-iim-csic/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-21-ddc.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240221
DTEND;VALUE=DATE:20240222
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240221T074138Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18018-1708473600-1708559999@iim.csic.es
SUMMARY:Visitas ao IIM | Centro de Estudos Superiores Aloya
DESCRIPTION:Foi un pracer darlle a benvida ao Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do CES Aloya nas nosas instalacións do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación\, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles: \n10:00 – Recepción e Benvida: \nIniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I. \nVisitas a laboratorios e Acuario: \nDurante a visita\, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario\, guiados por persoas expertas en cada área: \n\nGrupo de Inmunoloxía e Xenómica (Beatriz Novoa).\nLaboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Raquel Aranguren\, Begoña Villaverde).\nGrupo de Patobioloxía Molecular Mariña (Camino Gestal\, Sonia Dios e Maria del Mar Costa\, Sara Polo)\nGrupo de Ecoloxía de Recursos Mariños (Alex Alonso\, Mariña Fabeiro)\nAcuario do centro.\n\n14:00 – Despedida: \nEsperamos que desfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)! \n\nAlgunhas das accións realizadas nesta visita organizada pola UCC+I  do centro\, enmarcáronse nos seguintes proxectos:  “OceanNight”\, “IMANREFIVIR: Resposta antiviral dos peixes contra virus ARN” e “BIMICRODIS: Bivalvos\, microbioma e enfermidades”. “Inmunidade en polbo común: recoñecemento do non propio e resposta inducida por patóxenos – INMUNOCTOPUS” e “Efecto da ondada oceánica no sistema de afloramento das Rías Baixas: dinámica de superficie sobre casos biolóxicos seleccionados – STRAUSS”\, ambos enmarcados no Programa I+D+I do MCIU\, e “Avances no benestar de polbo\, Octopus vulgaris\, en cultivo. Unha aproximación multidisciplinar para un cultivo sustentable – OCTOWI” e “Ferramentas para a xestión sustentable do abastecemento natural de semente de bivalvos – BiReMARK”\, enmarcados no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia. Marine Science Programme (ThinkInAzul). MICIN e Xunta de Galicia. Fondos Next Generation EU (PRTR-C17.I1) e Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP/FEMPA)”.
URL:https://iim.csic.es/evento/visitas-ao-iim-centro-de-estudos-superiores-aloya/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-23-a70.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240228
DTEND;VALUE=DATE:20240229
DTSTAMP:20260608T134316Z
CREATED:20240222T103938Z
LAST-MODIFIED:20260608T134316Z
UID:18020-1709078400-1709164799@iim.csic.es
SUMMARY:Presentación de HippoDEC
DESCRIPTION:Inscricións \nO vindeiro 28 de febreiro terá lugar a presentación do proxecto “Hippo-DEC: Diagnóstico do estado de conservación de cabalos de mar no litoral español\, áreas críticas e medidas de conservación» no Auditorio do Cambón\, sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia\, situado en Vigo. \nEste proxecto\, liderado polos investigadores Miquel Planas  e Jorge Urcera do grupo de Ecoloxía de Recursos Mariños do IIM-CSIC\, ten como obxectivo principal avaliar a situación actual das poboacións salvaxes de cabalos de mar\, especies vulnerables incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial dende 2011. «O proxecto Hippo-DEC permitirá recompilar\, analizar e avaliar información vital para a conservación destas especies\, así como propoñer medidas de protección e áreas críticas que requiren atención especial. \nEsta iniciativa representa un avance significativo cara á protección e preservación dos cabalos de mar no litoral español\, demostrando o compromiso conxunto da comunidade científica e a sociedade na conservación da biodiversidade mariña. \nO proxecto conta coa colaboración de Observadores do Mar\, Fundación Aula do Mar do Mediterráneo\, ONG Oceánidas\, Fundación Oceanográfic de Valencia\, ONG Ambiens\, Palma Aquarium\, Acuario Gijón e Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais\, a investigación está financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Protocolo Xeral de Actuación DGBBD-OAPN-FB-CSIC en materia de patrimonio natural\, biodiversidade\, forestal e adaptación ao cambio global\, co obxectivo de determinar zonas preferentes de conservación e propoñer medidas de actuación. \n\n Programa   
URL:https://iim.csic.es/evento/presentacion-del-proxecto-hippo-dec/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/02/noticas-2023-11-b71.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR