BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241010
DTEND;VALUE=DATE:20241011
DTSTAMP:20260608T134313Z
CREATED:20241007T095636Z
LAST-MODIFIED:20260608T134313Z
UID:18042-1728518400-1728604799@iim.csic.es
SUMMARY:Sexo\, epixenética e cintas de vídeo
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(enlace dispoñible no día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato comezará ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC\, e irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación. \nNesta ocasión\, o seminario será impartido por Sofía Consuegra\, Investigadora Distinguida do Programa ATRAE\, do Grupo de Biotecnoloxía Acuática (ACUABIOTEC). \nSexo\, epixenética e cintas de vídeo: análise do papel adaptativo da variabilidade epixenética utilizando peixes endogámicos como modelo\nA variación epixenética representa un mecanismo potencial para xerar respostas adaptativas en presenza de baixa diversidade xenética\, e podería ser unha fonte alternativa de fenotipos plásticos adaptativos que poden explicar a persistencia de poboacións altamente endogámicas en ambientes variables. \nA medida en que as modificacións epixenéticas actúan independentemente da variación xenómica é clave para comprender o seu papel potencial na evolución\, e os organismos endogámicos ofrecen unha oportunidade única para separar a variación xenética da epixenética. Os peixes do xénero Kryptolebias son ideais para estes estudos. Kryptolebias marmoratus e K. hermaphroditus son os dous únicos vertebrados autofecundantes coñecidos\, e son endogámicos de forma natural. Ó analizar a súa variación xenética e epixenética\, o seu comportamento\, a composición do microbioma e a súa resposta ás cargas parasitarias no laboratorio e no seu medio natural\, atopamos evidencias de que os patróns de metilación do ADN dependen da interacción dinámica entre o xenotipo e o medio. \nNon obstante\, tamén identificamos efectos parentais epixenéticos relacionados coas condicións ambientais que\, se se manteñen a través das xeracións\, poden representar unha estratexia evolutiva para as especies con baixa diversidade xenética que se enfrontan a cambios ambientais rápidos.   \nSofía Consuegra\n O seu traballo céntrase fundamentalmente na xenética da conservación\, a ecoloxía molecular e a xestión de recursos (pesqueira e acuicultura)\, fundamentalmente pero non exclusivamente\, en organismos acuáticos. \nLicenciada en Bioloxía pola Universidade de Oviedo\, traballou durante seis anos como Asesora Científica da Xunta de Cantabria antes de doutorarse en Xenética da Conservación pola Universidade de Cantabria. \nFixo posdoctorados no Instituto de Zooloxía de Londres e na Universidade de St Andrews antes de converterse en profesora na Universidade de Aberystwyth ata 2013 e desde entón catedrática de Ecoloxía Evolutiva na Universidade de Swansea. Actualmente é investigadora distinguida (ATRAE) no IIM.
URL:https://iim.csic.es/evento/sexo-epixenetica-e-cintas-de-video-analise-do-papel-adaptativo-da-variabilidade/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/10/encontros-espresso-rrss-sofia-consuegra-1010-2024-907.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR