BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.4.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es
X-WR-CALDESC:Eventos para IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241213
DTEND;VALUE=DATE:20241214
DTSTAMP:20260608T134313Z
CREATED:20241209T112516Z
LAST-MODIFIED:20260608T134313Z
UID:18048-1734048000-1734134399@iim.csic.es
SUMMARY:5ª Asemblea Xeral do Programa de Ciencias Mariñas
DESCRIPTION:O Programa de Ciencias Mariñasde Galicia \nSantiago de Compostela\, 13 de decembro de 2024 – A Cidade da Cultura converteuse  este venres\, día 13 de decembro\, no epicentro da investigación e innovación mariña en Galicia. Este evento reúne arredor de 200 participantes\, entre investigadores e representantes das administracións\, sectores produtivos e organizacións do mundo do mar\, para avaliar avances e debater os desafíos presentes e futuros da ciencia e as investigacións nestes ámbitos en Galicia. \nBaixo o título «Avances fronte aos desafíos identificados e encontro cos sectores do mar»\,  a xornada foi inaugurada por Javier Alfonso Villares\, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia\, precedéndoo na benvida aos asistentes J. Francisco Saborido Rey\, coordinador científico do Programa e investigador do IIM-CSIC. Conformada como un espazo de diálogo e colaboración arredor das necesidades e retos existentes na Galicia do mar aos que dar resposta dende a investigación\, nesta Asemblea destacáronse os avances nas áreas de observación e monitorización do medio mariño\, a acuicultura sostible e a transformación social e económica. Durante a xornada\, os expertos ofreceron conferencias\, mesas redondas e paneis temáticos nos que se debateron os retos e os logros alcanzados até a data de hoxe polas entidades participantes. \nOs relatorios destacaron os avances na investigación sobre novas plataformas  e tecnoloxías de observación para obter máis e mellores datos que permitan coñecer o estado do medio mariño e as alteracións que se producen nel así como o seu impacto. Tamén os avances no coñecemento sobre o estado dos recursos e as tecnoloxías para a mellora das producións acuícola\, marisqueira e pesqueira foron parte dos temas abordados. A xornada\, na súa última sesión\, xirou arredor da importancia de conectar estas investigacións coas de carácter socioeconómico\, valorando tamén a súa importancia no desenvolvemento das principais políticas públicas para os sectores do mar.  \nPresentáronse varias iniciativas innovadoras\, como novas plataformas de observación integradas\, os avances tamén nas estratexias e na planificación do uso destas ferramentas\, un laboratorio virtual mariño e simuladores de eventos extremos\, a dixitalización nas cadeas de valor no sector pesqueiro\, a aplicación de ferramentas xenómicas para a mellora das producións na acuicultura e no marisqueo\, e os avances para a xestión e abastecemento sostible de semente de moluscos. Ademais das innovacións no ámbito das tecnoloxías\, dende o Programa presentáronse tamén os avances no coñecemento e nas técnicas de análise socioeconómico que permitirán comprender mellor a medida na que as actividades humanas se ven máis ou menos afectadas polos cambios no ambiente. Tamén a medida na que os instrumentos da nova regulamentación e das estratexias públicas – Economía Azul\, Cambio Climático e Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral de Galicia – poderán mellorar a súa eficacia facendo uso de todo o elenco das tecnoloxías e do coñecemento que emerxe deste Programa de Ciencias Mariñas. \nUnha aposta pola innovación e a sustentabilidade\nO encontro centrouse en tres bloques temáticos que reflectiron a importancia das innovacións en áreas clave como a observación e monitorización mariña\, o aproveitamento sostible dos recursos e a resiliencia dos ecosistemas costeiros. \nNa primeira sesión abordáronse os retos tecnolóxicos cara a unha observación mariña integrada e sostible. Presentáronse avances sobre as redes de observación destacando avances como as novas plataformas bioxeoquímicas\, a automatización de bioensaios ecotoxicolóxicos\, e o uso de drons con intelixencia artificial para monitorización de macroalgas no intermareal. Ademais\, presentáronse ferramentas e servizos innovadores\, como un laboratorio virtual mariño e o desenvolvemento de xemelgos dixitais. Tamén se analizaron as necesidades dos sectores relacionados coa pesca\, as enerxías renovables e a sustentabilidade\, concluíndo cun debate sobre os retos e prioridades compartidas. \nA segunda parte do encontro abordou a actividade pesqueira\, marisqueira e acuícola sostibles\, coa innovación coma un dos piares fundamentais para garantir a viabilidade do sector nos próximos anos. \nAbordáronse diferentes enfoques e tecnoloxías para garantir a sostibilidade na pesca\, incluíndo o uso da xenómica na xestión de recursos\, modelos «end-to-end» en especies clave\, dixitalización na cadea de valor e a análise da sostibilidade dende un punto de vista socioeconómico. Tamén se presentaron solucións innovadoras como o aplicación de intelixencia artificial para mellorar os procesos na industria. A sesión pechouse cun debate sobre estes retos e oportunidades para a sostibilidade pesqueira. \nA segunda das mesas mostrou avances en innovación para mellorar a sustentabilidade e eficiencia na acuicultura. Tratáronse temas como a mellora das condicións sanitarias das producións\, novas metodoloxías para avaliar o benestar animal\, innovación na alimentación sustentable\, ferramentas xenómicas e sistemas para diversificar os sistemas da produción na acuicultura. Ademais\, representantes do sector compartiron experiencias prácticas sobre a transformación en curso nestes sectores. \nA terceira das mesas centrouse en como fortalecer a resiliencia no marisqueo e miticultura. Presentáronse ferramentas como sistemas de predición para alertas ambientais que afectan ás condicións de confort dos cultivos\, produción de semente resistente a patoloxías\, criopreservación de larvas e semente de moluscos para poder desestacionalizar a produción e modelos para avaliar parámetros poboacionais. Tamén se destacou a importancia da sostibilidade no mexillón galego e no marisqueo\, pechando cun debate cos sectores afectados sobre as solucións presentadas. \nO coñecemento dos ecosistemas costeiros e o futuro da economía do mar\nA sesión final  estivo dedicada á xestión sostible e resiliente do medio mariño\,  e destacou o papel do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia en facilitar coñecemento e información para a toma de decisións informada\, o desenvolvemento dun marco regulatorio eficaz e das estratexias públicas relacionadas co medio mariño. Discutíronse temas esenciais como a xestión integrada do litoral galego e as oportunidades derivadas da nova lexislación\, así como as estratexias de economía azul e de cambio climático para Galicia. Tamén se abordaron sistemas de cuantificación e análise da interrelación das actividades do complexo mar-industria en áreas do litoral\, indicadores ambientais integrados como o Ocean Health Index\, a relevancia e os mecanismos para  estimar o valor e o balance do carbono azul e servizos recreativos\, e os efectos do cambio climático na vulnerabilidade do sector pesqueiro e marisqueiro. A sesión concluíu disertando sobre a medida na que unha estratexia de observación mariña realmente integral e integrada resulta unha ferramenta clave para a comprensión dos ecosistemas costeiros e mariños e a mellora da xestión da relación das actividades humanas sobre os mesmos. \nTransversalmente e ao longo de toda a xornada os responsables de moderar e orientar os relatorios fixeron especial fincapé en desenvolver\, en paralelo e complementariamente ás investigacións\, novas estratexias para lograr unha transferencia de coñecemento transformadora\, dirixida primordialmente a mellorar a capacidade do sistema e da cidadanía para facer máis e mellor aproveitamento dos avances científicos en beneficio do conxunto da sociedade. \nA reunión constituíuse como un espazo para que a comunidade investigadora das institucións públicas galegas\, o sector privado e representantes da administración  compartisen os seus puntos de vista e establecesen a intención de manter o diálogo e amplificar as oportunidades de colaboración. Todo isto baixo o consenso de que a mesma resulta imprescindible para abordar os desafíos compartidos en relación á sostibilidade e xestión dos recursos mariños. \nColaboración entre Entidades de Investigación e o Sector Empresarial \nO encontro\,  organizado polo Instituto de Investigacións Mariñnas\, Consejo Superior de Investigaciones Científicas  (IIM-CSIC)\, o Centro Tecnolóxico do Mar\, Fundación CETMAR e a Universidade de Vigo (UVigo)\, contou asimesmo coa participación  de todas as institucións e dos centros de investigación que forman parte do Programa; a Universidade de Santiago de Compostela (USC)\, a Universidade da A Coruña (UdC)\, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)\, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR)\, Meteogalicia\, o Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) e e os centros propios da Consellería do Mar\, o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e o Instituto Galego de Formación Acuícola (IGAFA) xunto con empresas e organizacións que están a impulsar a innovación nos sectores do mar. \nO Programa de Ciencias Mariñas de Galicia conta cun orzamento de 10 millóns de euros e está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do Plan de Transformación Recuperación e Resiliencia con fondos Next Generation EU e o Fondo Europeo Marítimo\, da Pesca e da Acuicultura a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. O Programa forma parte do Plan Complementario de Ciencias Mariñas a nivel do Estado\, no que ademais de Galicia interveñen as Comunidades Autónomas de Murcia\, Andalucía\, C. Valenciana\, Cantabria\, Illes Baleares e Canarias. \nOs avances e resultados acadados no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia supoñen un paso adiante na mellora da investigación e a innovación no sector\, consolidando a Galicia como un referente en ciencias mariñas e impulsando a súa capacidade para afrontar os retos ambientais\, sociais e económicos do futuro.
URL:https://iim.csic.es/evento/5a-asemblea-xeral-do-programa-de-ciencias-marinas/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/12/2024122-a16.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241219
DTEND;VALUE=DATE:20241220
DTSTAMP:20260608T134313Z
CREATED:20241209T080615Z
LAST-MODIFIED:20260608T134313Z
UID:18047-1734566400-1734652799@iim.csic.es
SUMMARY:Eco-morphodynamics of coastal systems
DESCRIPTION: ATTEND VIA STREAMING  \n(link available on the day) \nThe «Encontros Espresso» (Espresso Get-Togethers) are a format of talks held at IIM with the aim of getting to know each other better\, getting to know better the activity that takes place in our center and exploring the world of marine science\, encouraging scientific-technical discussion and strengthening links between groups where both research and technical staff can participate to share their work\, experiences and results. \nThese are events designed specifically for our staff\, but everyone is welcome to join in via streaming. \nThis new format will begin at 10:00 a.m. in the IIM-CSIC Meeting Hall and will include complimentary coffee («Espresso») to encourage a smooth flow of communication. \nOn this occasion\, the seminar will be given by Ana Vila Concejo\, a Full Professor in Coastal Geomorphology at the University of Sydney\, with a distinguished career in research on coastal systems and eco-morphodynamics. \nEco-morphodynamics of coastal systems\n‘Eco-morphodynamics’ arises when studying coastal systems where certain species may dominate some of the feedbacks between hydrodynamics and morphological responses. Most eco-morphodynamic studies focus on coral reefs\, but they also include oyster reefs\, saltmarshes and mangroves\, and even seagrasses. \nCoral reefs provide significant ecosystem services including food security and coastal protection to people and property\, aside from representing a major tourist attraction. Corals around the world are irreversibly transforming due to unprecedented rapid environmental change. \nThis multi-disciplinary presentation focuses on recent advances in understanding how coral reefs interact with waves and sediments under climate change. The last part of the presentation includes some recent research on how we apply eco-morphodynamics to ecosystem restoration using examples of oyster reefs and Posidonia in Australia. \nAna Vila Concejo\nGraduated in Marine Geoscience from the University of Vigo (Spain)\, where she completed an MSc on urban estuarine beaches. In 2004\, she completed her PhD at the University of Algarve (Portugal). She moved to Australia in 2005 and has been working at the University of Sydney since 2007\, where she has consolidated a successful career in Coastal Geomorphology\, becoming a Full Professor in 2023. Her research has mostly focused on tidal inlets\, beaches in estuaries and bays (BEBs)\, and coral reefs. Her research on eco-morphodynamics includes coral reefs\, oyster reefs\, and other ecosystems contributing to Nature-Based Solutions. She has published over 100 contributions to the literature and has an extensive international network of collaborators. \nAt the University of Sydney\, she co-leads the Geocoastal Research Group\, and she is also Deputy Head of the School of Geosciences\, Co-Director of the Marine Studies Institute\, and Deputy Director of One Tree Island Research Station on the Great Barrier Reef. She is part of the Science Advisory Committee of the Sydney Institute of Marine Science\, and between 2020 and 2024\, she was a member of the Australian Research Council (ARC) College of Experts. \nIn 2016\, she co-founded the international network for Women in Coastal Geoscience and Engineering (WICGE)\, which she co-chaired until 2023. WICGE now has over 600 members globally\, and she is part of the Advisory Committee. She is also the co-host of the successful podcast Coast2Cast\, where she interviews coastal scientists and engineers from all over the world.
URL:https://iim.csic.es/evento/eco-morphodynamics-coastal-systems/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/wp-content/uploads/2024/12/copia-de-copia-de-2024-12-19-encontros-espresso-evento-web-ana-vila-concejo-3-07c.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR