SICAL: I+D en conservación de alimentos
O servizo SICAL proporciona asesoramento en I+D e ofrece solucións personalizadas para aumentar a calidade e seguridade alimentaria, co fin último de mellorar a comercialización de produtos pesqueiros e acuícolas. A nosa meirande garantía é o noso coñecemento científico e a nosa experiencia no desenvolvemento de máis de 20 contratos de investigación con empresas do sector tanto en Galicia como no resto de España e Europa.
Obxectivos e tarefas
O obxectivo do SICAL é ofrecer solucións a distintas escalas, dende estudos de consultoría ocasionais para empresas ata proxectos de I+D de meirande complexidade e alcance, todo isto co fin último de responder ás demandas do sector e contribuír á transferencia de tecnoloxía. Ademais, o grupo conta cunha colección de cepas bacterianas de Listeria monocytogenes e Staphylococcus aureus illadas de superficies e alimentos procedentes da industria alimentaria, máis concretamente do sector dos produtos do mar.
Catálogo de servizos
- SOLUCIÓNS ÓPTIMAS PARA A CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS (ADITIVOS NATURAIS, CONXELACIÓN, ETC.)
- SOLUCIÓNS INTEGRAIS AD HOC PARA ENVASADO DE ALIMENTOS (ENVASADO EN ATMOSFERAS MODIFICADAS, BALEIRO, BALEIRO CON PASTEURIZACIÓN, ETC.)
- AVALIACIÓN DE CALIDADE E VIDA ÚTIL DOS ALIMENTOS
- AVALIACIÓN DE SEGURIDADE DOS ALIMENTOS
- CONTROL DO PRODUTO FINAL (ANÁLISE FÍSICA, QUÍMICA, MICROBIOLÓXICA E ORGANOLÉPTICA)
- ASESORAMENTO SOBRE CONTROL HIXIÉNICO-SANITARIO PARA A INDUSTRIA DO PROCESADO DE ALIMENTOS
- DESEÑO DE PROTOCOLOS PARA ELIMINACIÓN DE BIOPELÍCULAS
- ESTUDOS SOBRE A INCIDENCIA DE MICROORGANISMOS PATÓXENOS EN PRODUTOS ALIMENTARIOS
- TECNOLOXÍAS COMBINADAS
- ANÁLISE DE VIABILIDADE TÉCNICA PARA NOVOS PRODUTOS
Equipo
-
MartaBernardezCostasPersoal técnico de apoiombernar@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438527
-
María TeresaBlancoMartínPersoal técnico de apoiotblanco@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438528
-
AlbertoGallegoLópezPersoal técnico de apoioRepresentante de persoalbertor@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438529
-
MartaLópezCaboXefatura de grupoVicedirección de Estratexia Científica e Transferenciamarta@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438526
-
SilviaMuñozSantiagoInvestigador/a posdoutoralsilviam@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438635
-
SoniaRodríguezCarreraPersoal técnico de apoiosoniacarrera@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438530
-
Juan JoséRodríguezHerreraInvestigador/a Principaljuanherrera@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438531