BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.17.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es/gl
X-WR-CALDESC:Events for IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20200329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20201025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20210204
DTEND;VALUE=DATE:20210205
DTSTAMP:20210204T090714Z
CREATED:20210204T090714Z
LAST-MODIFIED:20210204T090714Z
UID:17866-1612396800-1612483199@iim.csic.es
SUMMARY:Novas vías na investigación das vitaminas mariñas: revisitando as preguntas biolóxicas clásicas e explorando novas funcións nos ciclos do carbono\, nitróxeno\, xofre e ferro
DESCRIPTION:Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14)\, que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible\, os centros mariños do CSIC —IMEDEA\, CEAB\, ICM\, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”\, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas. \nNovas vías na investigación das vitaminas mariñas: revisitando as preguntas biolóxicas clásicas e explorando novas funcións nos ciclos do carbono\, nitróxeno\, xofre e ferro\nAs vitaminas catalizan milleiros de reaccións bioquímicas que sosteñen a vida en todos os ecosistemas da Terra.  Porén\, a súa produción está limitada a un grupo relativamente reducido de microorganismos. No océano\, as vitaminas teñen un grande impacto no funcionamento dos ciclos bioxeoquímicos\, como o do carbono\, onde a súa dispoñibilidade se asociou cunha maior produción de biomasa. Máis alá do carbono\, varios estudos suxiren que a dispoñibilidade destas coenzimas tamén afecta aos ciclos do nitróxeno e do xofre. Malia a súa importancia\, o estudo das vitaminas nos sistemas mariños foi moi limitado e aínda descoñecemos as súas concentracións\, así como as súas variacións espaciais e temporais en moitos ecosistemas. Amosarei que as tres vitaminas xeralmente estudadas —biotina\, cobalamina e tiamina— non representan os requirimentos vitamínicos totais do plancto. Tomando como exemplo a niacina\, amosarei que o estudo da necesidade de coenzimas no mar debe ampliarse e incluír moléculas precursoras de vitaminas\, reflectindo así a grande complexidade das interaccións biolóxicas do plancto. Ademais da súa función como micronutrientes\, algunhas vitaminas poden ter outras funcións extracelulares unha vez excretadas á auga de mar. Usando as flavinas (variantes da riboflavina) como exemplo\, amosarei como algunhas destas moléculas poden catalizar reaccións de oxidación-redución de maneira extracelular e influír na accesibilidade biolóxica do nitróxeno e do ferro. Durante a presentación incluirei exemplos das liñas de investigación emerxentes no campo das vitaminas e debates sobre como as estamos abordando actualmente. Un dos grandes retos actuais é identificar todos os parámetros que afectan ao funcionamento da bomba de carbono dada a crise climática actual. \n \n 
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/new-avenues-marine-vitamins-research-revisiting-classical-biological-questions/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2021/05/1-evento-404.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20210208
DTEND;VALUE=DATE:20210209
DTSTAMP:20210208T095636Z
CREATED:20210208T095636Z
LAST-MODIFIED:20210208T095636Z
UID:17867-1612742400-1612828799@iim.csic.es
SUMMARY:Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
DESCRIPTION:Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia\, desde o IIM-CSIC queremos lembrar e visibilizar o importante labor e as achegas que realizan as investigadoras e técnicas do centro no mundo da ciencia e para a sociedade. \nPor iso\, nesta sección podedes atopar entrevistas con 11 preguntas nas que as nosas compañeiras nos ofrecen a súa visión do mundo da ciencia e nos achegan ao seu día a día a partir das súas experiencias persoais. \n9 exemplos de persoas\, mulleres e científicas que traballan todo o ano para facer avanzar o noso coñecemento!
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/dia-internacional-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2021/05/11f-portada-c7a.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20210224
DTEND;VALUE=DATE:20210225
DTSTAMP:20210224T095611Z
CREATED:20210224T095611Z
LAST-MODIFIED:20210224T095611Z
UID:17877-1614124800-1614211199@iim.csic.es
SUMMARY:Respondendo á sociedade\, promovendo a cultura oceánica
DESCRIPTION:A  UCC+i presentará algunhas iniciativas inspiradoras de Cultura Oceánica coa charla  “Respondendo á sociedade\, promovendo a cultura oceánica” na “I Conferencia Española de Promoción do Coñecemento sobre o Océano”\, organizada pola Fundación CETMAR dentro do Proxecto ICONO. \nIniciativa para a promoción da cultura mariña e do coñecemento do océano. A pesca e a acuicultura como sectores emblemáticos da economía azul en España (ICONO) \n\n\n\n \n\n \n\n\n\n\n 
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/responding-society-promoting-ocean-culture/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2021/02/icono-original-07c.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20210225
DTEND;VALUE=DATE:20210226
DTSTAMP:20210225T091123Z
CREATED:20210225T091123Z
LAST-MODIFIED:20210225T091123Z
UID:17875-1614211200-1614297599@iim.csic.es
SUMMARY:Presentación do proxecto iGENTAC
DESCRIPTION:NO  INSTITUTO  DE  INVESTIGACIÓNS  MARIÑAS\,  BUSCAMOS  A  COLABORACIÓN  CIDADÁ NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN IGENTAC.\nSE ESTÁS EN GALICIA\, MERGULLAS OU PESCAS  E TES UNHA CÁMARA\, PODES SUMARTE AO PROXECTO!  INTERÉSACHE? \nO proxecto iGENTAC pretende contribuír á monitorización de especies costeiras desenvolvendo   ferramentas   minimamente   invasivas   que   permitan   distinguir   entre exemplares dunha mesma especie. \nPara desenvolver e probar o sistema de fotoidentificación con intelixencia artificial\, escolleuse a raia mosaico\, Raja undulata\, como especie obxectivo. Isto débese a que presenta un patrón de coloración moi recoñecible e fácil de rexistrar mediante fotografías\, xa sexa no seu medio natural ou unha vez capturada. Para  crear  unha  base  de  datos  de  imaxes  dixitais  que  alimenten  os  algoritmos  de  recoñecemento empregados para discriminar entre individuos\, necesítase a colaboración cidadá.  \nPescas ou practicas algún tipo de actividade subacuática? Animaríaste a fotografar ou gravar a raia mosaico se a localizas? Tes fotografías\, vídeos ou observacións de recapturas de raia mosaico?  \n \n 
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/presentation-igentac-project/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2021/02/vlcsnap-2021-05-01-19h06m00s354-0-566.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR