BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es/gl
X-WR-CALDESC:Events for IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20200329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20201025T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20210429
DTEND;VALUE=DATE:20210602
DTSTAMP:20210429T065920Z
CREATED:20210429T065920Z
LAST-MODIFIED:20210429T065920Z
UID:17870-1619654400-1622591999@iim.csic.es
SUMMARY:II Ciclo de Conferencias "Aida Fernández Ríos"
DESCRIPTION:A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común colaborar para a realización da II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para el año 2021 e así promover o interese do público xeral\, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia. A RAGC leva organizando actividades\, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973 e\, en liña cos seus obxectivos (difundir a ciencia e a tecnoloxía)\, pretende instaurar este ciclo de conferencias no que se abordan distintas temáticas con repercusión na sociedade. \nNun primeiro bloque organízanse conferencias en formato seminario web impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC. E nun segundo bloque\, conferencias en centros de ensino da provincia de Pontevedra dirixidas ao alumnado da ESO. \nAida Fernández Ríos (Vigo\, 1947-Moaña\, 2015) foi unha investigadora que destacou polo seu coñecemento sobre a acidificación dos océanos por mor do cambio climático e foi a primeira muller en dirixir o Instituto de Investigacións Pesqueiras \nEstudou o bacharelato elemental en Vigo e con 25 anos comezou a traballar como auxiliar de laboratorio (daquela non se precisaba máis titulación) no Instituto de Investigacións Pesqueiras do CSIC\, denominado na actualidade Instituto de Investigacións Mariñas. Compaxinou o seu traballo cos estudos\, o que lle permitiu concluír o bacharelato superior\, cursar Bioloxía na Universidade de Santiago e\, posteriormente\, en 1992\, ler a súa tese de doutoramento\, dirixida por Fernando Fraga\, sobre o fitoplancto da ría de Vigo e as súas condicións ambientais. Pouco despois entrou como investigadora\, adscrita\, no Instituto de Investigacións Pesqueiras (IIP)\, centro no que desenvolveu toda a súa carreira ata acadar a categoría máxima como profesora de investigación. Desde 2006 ata 2011 foi directora do IIP\, sendo a primeira muller que acadou esa responsabilidade. Dos estudos sobre o fitoplancto pasou aos de oceanografía física e\, finalmente\, aos relativos á acidificación do océano como consecuencia do cambio climático\, nos que se converteu nunha investigadora de referencia en Europa\, dirixindo un Comité Internacional da Xeosfera con eses obxectivos desde 2005 a 2011. En 2015 foi nomeada académica de número da Real Academia de Ciencias de Galicia.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/ii-ciclo-de-conferencias-aida-fernandez-rios/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2021/05/ez5i68txmaqrp5m-0a8.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20210617
DTEND;VALUE=DATE:20210618
DTSTAMP:20210617T072216Z
CREATED:20210617T072216Z
LAST-MODIFIED:20210617T072216Z
UID:17888-1623888000-1623974399@iim.csic.es
SUMMARY:Tara Oceans: bioloxía de ecosistemas a escala planetaria
DESCRIPTION:Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14)\, que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible\, os centros mariños do CSIC —IMEDEA\, CEAB\, ICM\, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”\, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas. \nTara Oceans: bioloxía de ecosistemas a escala planetaria\nO océano é o maior ecosistema da Terra e\, con todo\, sabemos moi pouco sobre el. Isto é especialmente certo para o plancto que deriva no seu interior\, aínda que forma a base das redes tróficas mariñas e desempeña un papel clave nos ciclos bioxeoquímicos da Terra. O plancto oceánico é polo menos tan importante para o sistema terrestre como os bosques en terra\, pero a maior parte é invisible a simple vista e\, polo tanto\, segue en gran medida sen caracterizar. Para aumentar a nosa comprensión deste mundo pouco explorado formouse o consorcio multidisciplinar Tara Oceans arredor da goleta de investigación Tara\, de 36 m\, que mostreou plancto en máis de 210 lugares e en múltiples capas de profundidade en todas as grandes rexións oceánicas durante expedicións entre 2009 e 2013 (Karsenti et al. Plos Biol.\, 2011). Esta charla resumirá os recursos fundamentais do proxecto\, que representan colectivamente o maior esforzo de secuenciación de ADN realizado nos océanos (véxase o número especial de Science do 22 de maio de 2015 e Cell\, 14 de novembro de 2019)\, e análises que ilustran varios aspectos do enfoque de bioloxía de ecosistemas de Tara Oceans para abordar as contribucións microbianas aos procesos ecolóxicos e evolutivos. O proxecto proporciona recursos únicos para diversas disciplinas científicas que son fundamentais para cartografar a biodiversidade oceánica dunha ampla variedade de organismos que raramente se estudan conxuntamente\, explorar as súas interaccións e integrar a bioloxía na nosa comprensión fisicoquímica do océano\, así como identificar novos organismos e xenes de interese biotecnolóxico. Estes recursos\, e as innovacións científicas que xorden para comprendelos\, son tamén fundamentais para desenvolver o contexto ecolóxico de referencia e a capacidade preditiva necesarios para seguir o impacto do cambio climático no océano. \n \n\nPARA ESTUDANTES DE PROGRAMA OFICIAL: poderase solicitar o correspondente “Certificado de Asistencia” xusto ao finalizar o seminario a través dun correo electrónico ao responsable dos Seminarios do IMEDEA (alos@imedea.uib-csic.es)\, incluíndo os seguintes datos: título do seminario\, poñente\, nome completo do estudante\, programa de estudos e universidade. Non se atenderán peticións fóra de prazo. \n 
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/tara-oceans-eco-systems-biology-planetary-scale/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2021/05/1-evento-404.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR