BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es/gl
X-WR-CALDESC:Events for IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220428
DTEND;VALUE=DATE:20220429
DTSTAMP:20220421T114114Z
CREATED:20220421T114114Z
LAST-MODIFIED:20220421T114114Z
UID:17910-1651104000-1651190399@iim.csic.es
SUMMARY:A III edición de Esfera CSIC Norte chega a Vigo para falar de pesca sostible
DESCRIPTION:Inscrición de balde | Inscríbete de balde \nO vindeiro xoves 28 de abril\, o Instituto de Investigacións Mariñas participará no evento “Esfera CSIC Norte”\, iniciativa da Delegación do CSIC en Asturias e da Cámara Oficial de Comercio de Oviedo en colaboración coa Delegación do CSIC en Galicia e a Cámara de Comercio de Pontevedra\, Vigo e Vilagarcía de Arousa. \n“Esfera CSIC Norte\, con C de Ciencia\, Cámaras de Comercio e Cooperación” é un espazo aberto de innovación\, investigación\, transferencia tecnolóxica\, divulgación científica e sector produtivo entre os centros do CSIC do norte e noroeste de España e Castela e León\, que integra todos os institutos\, centros e unidades mixtas de investigación do CSIC e as cámaras de comercio destas comunidades. \nAta a data celebráronse dúas edicións: en 2019 en Cantabria\, “Mellorar a saúde a través dos nosos datos. Novos retos de futuro”\, e en 2021 en Asturias\, “Hidróxeno. Estratexia para un futuro sostible”. \nNesta edición cóntase coa colaboración da Consellería do Mar da Xunta de Galicia\, o Ministerio de Agricultura\, Pesca e Alimentación\, a Axencia Europea de Control da Pesca\, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo\, a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores\, Marine Instruments e o Banco Santander. \nO evento diríxese a todo o sector pesqueiro. O prazo de inscrición\, de balde\, está aberto a través da seguinte ligazón. \nTerá lugar nas instalacións da Cámara de Comercio de Pontevedra\, Vigo e Vilagarcía (Rúa República Argentina\, 18A\, Vigo)\, e desenvolverase de 09.00 a 14.30 horas a través de relatorios\, mesas redondas e obradoiros. \nCoincidindo coa celebración do Ano Internacional da Pesca Artesanal\, ESFERA CSIC NORTE será un punto de encontro para a transferencia e o intercambio de coñecemento entre os diferentes actores implicados na xestión pesqueira\, onde se debaterán as oportunidades para acadar unha pesca sostible desde o punto de vista científico\, empresarial\, social e das administracións públicas. \nHaberá un bloque dedicado a “Retos para unha explotación sostible da pesca”\, que contará con relatorios a cargo de persoas expertas na materia con diferentes perfís\, entre as que figuran investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas e do Instituto Español de Oceanografía; a empresa Marine Instruments; os presidentes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo e da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores; e representantes da Xunta de Galicia\, do Ministerio de Agricultura\, Pesca e Alimentación e da Axencia Europea de Control da Pesca. \nA cultura científica é imprescindible para achegar á sociedade os avances científicos e tecnolóxicos\, e Esfera contará nesta ocasión coa iniciativa do Instituto de Investigacións Mariñas “E que rico sabe o mar! Sostibilidade do mar á mesa”\, segundo número da serie “Viñetas de Ciencia Mariña”\, unha ferramenta didáctica para o alumnado e divulgativa para o público xeral\, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Estará dirixida polos responsables da Unidade de Cultura Científica do IIM e participará alumnado de secundaria e de FP.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/iii-edicion-de-esfera-csic-norte-chega-vigo-para-falar-de-pesca-sostible/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2022/04/2022-04-21-esfera-csic-norte-pesca-sostible-b47.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR