BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es/gl
X-WR-CALDESC:Events for IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20210328T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20211031T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220915
DTEND;VALUE=DATE:20220916
DTSTAMP:20220914T161422Z
CREATED:20220914T161422Z
LAST-MODIFIED:20220914T161422Z
UID:17935-1663200000-1663286399@iim.csic.es
SUMMARY:Cambio climático e tropicalización na biodiversidade e nas funcións ecosistémicas do arrecife de Levant
DESCRIPTION:Con motivo da Década das Ciencias Oceánicas promovida pola ONU (#ODS14)\, que pretende xerar un marco que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de forma sostible os océanos e mares do mundo\, e así acadar os obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible\, os centros de investigación mariña do CSIC: IMEDEA\, CEAB\, ICM\, ICMAN\, e o IIM organizaron unha serie de xornadas conxuntas baixo o título “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña ” pola que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual realizado por un recoñecido experto en diferentes temas mariños. Este mes: \n“Impactos do cambio climático e da tropicalización das especies exóticas na biodiversidade dos arrecifes de Levante e as funcións dos ecosistemas”\nPOÑENTE:  Prof. Gil Rilov ( https://www.rilovlab.com/ ). Investigación oceanográfica e limnolóxica israelí.< / p> \n \n 
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/climate-change-tropicalization-levant-reef-biodiversity-and-ecosystem-functions/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2022/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-13-5a5.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220923
DTEND;VALUE=DATE:20220924
DTSTAMP:20220923T080731Z
CREATED:20220923T080731Z
LAST-MODIFIED:20220923T080731Z
UID:17938-1663891200-1663977599@iim.csic.es
SUMMARY:Ecoloxía dos calamares lolixínidos nun afloramento costeiro
DESCRIPTION:Elsa García\, do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC\, defenderá a súa tese na nosa sede de Bouzas. A tese abordou a ecoloxía dos calamares lolixínidos nun afloramento costeiro. Dirixida por Ángel F. González. \nForma parte do programa de doutoramento Do*Mar da Universidade de Vigo.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/ecology-loliginid-squid-coastal-upwelling/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2022/09/tese-elsa-garcia-evento-web-16f.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220929
DTEND;VALUE=DATE:20220930
DTSTAMP:20220922T160321Z
CREATED:20220922T160321Z
LAST-MODIFIED:20220922T160321Z
UID:17937-1664409600-1664495999@iim.csic.es
SUMMARY:Os océanos nun clima cambiante
DESCRIPTION:Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14)\, que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible\, os centros mariños do CSIC —IMEDEA\, CEAB\, ICM\, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”\, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas. \nOs océanos nun clima cambiante\nA Terra está a experimentar un quecemento rápido de grande magnitude\, sen precedentes na súa velocidade durante millóns de anos. Como está a afectar isto á física dos océanos e\, polo tanto\, a nós? A conferencia abordará o quecemento oceánico e as súas consecuencias: 1) a cuberta de xeo mariño de verán no Ártico reduciuse á metade en extensión e tamén en grosor\, de modo que agora só queda arredor dunha cuarta parte da masa de xeo que era normal ata a década de 1970. 2) A expansión térmica e a perda de xeo continental están a provocar a subida global do nivel do mar\, arredor de 20 cm ata o momento\, e acelerándose. O último informe do IPCC concluíu que non se pode descartar unha subida de 2 metros para o ano 2100. 3) Os ciclóns tropicais obteñen a súa enerxía da calor almacenada no océano superior e\, como consecuencia\, xa se están volvendo máis violentos co quecemento global\, ademais de estender o seu alcance a latitudes máis altas. 4) A circulación meridional de retorno do Atlántico (AMOC) estase debilitando desde mediados do século XX e agora é máis feble ca en calquera momento dos últimos 1.000 anos. Isto é motivo de gran preocupación\, pois xa está tendo impacto no tempo europeo\, e a AMOC ten un punto de inflexión no que podería deterse por completo. \nPONENTE:  Dr. Stefan Rahmstorf. Postdam University\, Germany. \nStefan Rahmstorf é un oceanógrafo e climatólogo alemán. Desde 2000 é profesor de Física dos Océanos na Universidade de Potsdam. Estudou oceanografía física na Universidade de Bangor e doutorouse en oceanografía pola Victoria University of Wellington (1990). O seu traballo céntrase no papel das correntes oceánicas no cambio climático. Foi un dos autores principais do Cuarto Informe de Avaliación do IPCC. Rahmstorf é cofundador do blog Real Climate\, descrito por Nature como un dos cinco mellores blogs de ciencia en 2006 e incluído por Time entre os 15 mellores sitios web ambientais en 2008. Contribúe con frecuencia con artigos sobre clima e cambio climático/quecemento global na prensa divulgativa\, algúns deles sindicados internacionalmente a través de Project Syndicate. Escribe unha columna regular na revista ambiental alemá Zeo2 e publicou o libro de ciencia infantil Wolken\, Wind und Wetter (Nubes\, vento e tempo) sobre tempo e clima. Rahmstorf comentou o cambio climático e a política climática en televisión e radio. Foi retratado como un dos 10 principais científicos do clima do mundo polo Financial Times en 2009. A Universidade de Flensburg constatou que\, entre todo o persoal científico do clima de Alemaña\, Rahmstorf publicou o maior número de estudos situados entre os máis citados da literatura científica durante os anos 1994-2013. Rahmstorf foi membro do Consello Asesor Alemán sobre Cambio Global (WBGU) desde 2004 ata 2013.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/oceans-changing-climate/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2022/09/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-13-5a5.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20220930
DTEND;VALUE=DATE:20221001
DTSTAMP:20220707T111626Z
CREATED:20220707T111626Z
LAST-MODIFIED:20220707T111626Z
UID:17930-1664496000-1664582399@iim.csic.es
SUMMARY:"Neuston 3: En concerto co océano" con Abraham Cupeiro | Ocean Night
DESCRIPTION:O construtor e multiinstrumentista Abraham Cupeiro tocará na noite do venres\, 30 de setembro\, ás 20.30h\, no Teatro Afundación de Vigo\, nunha colaboración co Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC co gallo da Ocean Night – Noite Europea das Persoas Investigadoras (MSCA-ERN). \nO concerto\, con entradas de balde\, é o produto final dunha colaboración entre o artista sarriao e a comunidade científica do Instituto; a través dunha serie de visitas ao centro e de reunións cos grupos de investigación e co equipo da súa Unidade de Cultura Científica. \n\nAs entradas\, que poden adquirirse xa en ataquilla.com están a esgotarse rápidamente\, polo que recomendamos gardar o teu espazo o antes posible. \n\nOs Neuston Experiments e a Ocean Night do CSIC\nO evento\, denominado Neuston Experiment 3: En concerto co océano\, é xa o terceiro da serie dos Neuston Experiments\, comezados no ano 2008\, coa participación de artistas como Vitor Freixanes\, Rosa Aneiros\, Manuel Sendón\, Marilar Aleixandre ou Miguelanxo Prado\, así como Mónica de Nut na última edición de 2021. \nA música\, inspirada pola ciencia mariña\, combinarase cunha montaxe audiovisual que se proxectará durante o evento\, montada a partir de imaxes reais fornecidas pola comunidade científica do instituto de Bouzas. \nO acontecemento será un dos moitos organizados esa noite como celebración da Ocean Night ( ‘Noite do Océano’\, en galego). A Ocean Night é un programa de divulgación científica integral de 2 anos de duración (2022 e 2023) que busca fomentar a chamada “cultura oceánica”\, a consciencia do impacto que os ecosistemas mariños teñen na sociedade e viceversa\, así como pór en valor o coñecemento científico\, a investigación e as persoas que traballan neste eido. \n\nDescubre todos os eventos que dende a Ocean Night preparamos por toda a península. Accede a web. \n\nÉ\, ademais\, un dos proxectos financiados pola Noite Europea das Persoas Investigadoras (MSCA-ERN)\, unha convocatoria europea de fomento da Cultura Científica promovida dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Skłodowska-Curie do programa Horizonte Europa. A MSCA-ERN\, ten lugar anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar as persoas que investigan á cidadanía para que coñezan o seu traballo e os beneficios que aportan á sociedade. \nA organización do evento recae sobre cinco dos principais centros de investigación mariña e costeira do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC): o Institut Mediterrani d’Estudis Avançats (IMEDEA-UiB-CSIC; Esporles)\, o Institut de Ciències do Mar  (ICM-CSIC; Barcelona)\, o Centre d’Estudis Avançats de Blanes (CEAB-CSIC; Blanes)\, o Instituto de Ciencias do Mar de Andalucía (ICMAN-CSIC; Cádiz)\, e o propio IIM-CSIC de Vigo. Xunto con eles\, colaboran tamén a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia\, a Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC (UTM-CSIC) e o Instituto de Acuicultura Torre da Sal (IATS-CSIC; Castellò). \nO artista\, Abraham Cupeiro\nAbraham Cupeiro (Sarria\, 1980) é un construtor e multintrumentista galego que busca a recuperación de instrumentos perdidos no tempo para utilizalos na creación de novas sonoridades. \nAdemais da súa fonda formación musical\, Abraham destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro) e por recuperar un instrumento ancestral da tradición galega desaparecido na segunda metade do século XX: a corna. \nConstrutor dos seu propios instrumentos\, o sarriao conta actualmente con 3 proxectos musicais en marcha: Resoando no pasado\, Pangea e Sons esquecidos. Destaca ademais o seu labor de divulgación musical en escolas\, redes sociais e mesmo a través de programas como La Resistencia. \nProxecto financiado pola Unión Europea\n \nA Noite Europea dos Investigadores é un proxecto europeo de divulgación científica promovido dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Skłodowska-Curie do programa Horizonte Europa\, que se desenvolve anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar á cidadanía ás persoas que realizan investigacións para que coñezan o seu traballo\, os beneficios que aportan á sociedade e o seu impacto na vida diaria.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/ocean-night/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2022/09/imaxe-de-noticias-e-historia-780x500-px-4-2cc.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR