BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es/gl
X-WR-CALDESC:Events for IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20220327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20221030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230504
DTEND;VALUE=DATE:20230616
DTSTAMP:20230502T081140Z
CREATED:20230502T081140Z
LAST-MODIFIED:20230502T081140Z
UID:17977-1683158400-1686873599@iim.csic.es
SUMMARY:IV Ciclo de Conferencias "Aida Fernández Ríos"
DESCRIPTION:Inscrición de balde  \nA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común colaborar para levar a cabo o Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos e promover así o interese do público en xeral\, ademais de promover o enorme traballo científico realizado en Galicia. \nO nome do Ciclo provén da investigadora Aida Fernández Ríos (Vigo\, 1947-Moaña\, 2015). Aida destacou polos seus coñecementos sobre a acidificación dos océanos por mor do cambio climático e a primeira muller en dirixir o Instituto de Investigacións Mariñas. \nNeste IV ciclo de conferencias un primeiro bloque organízanse conferencias en formato seminario web impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC. E nun segundo bloque conferencias en centros de ensino da provincia de Pontevedra dirixidas ao alumnado da ESO. \n\nPrograma de charlas\nDescubre o programa completo na páxina oficial do Ciclo \nDescarga o díptico en PDF \n\nAida Fernández Ríos\nEstudou o bacharelato elemental en Vigo e con 25 anos comezou a traballar como auxiliar de laboratorio (para aquel non se precisaba máis titularidade) no Instituto de Investigacións Pesqueiras do CSIC (IIP-CSIC)\, actualmente denominado Instituto de Investigacións Mariñas. Compaxinou o seu traballo cos estudos\, o que lle permitiu rematar o bacharelato\, estudar Bioloxía na Universidade de Santiago e\, posteriormente\, en 1992\, leu a súa tese de doutoramento\, dirixida por Fernando Fraga\, sobre o Fitoplancto da Ría de Vigo e o seu medio ambiente e condicións. Pouco despois ingresou como investigadora\, adscrita\, xa no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM)\, centro no que desenvolveu toda a súa carreira ata acadar a máxima categoría como profesora investigadora. De 2006 a 2011 foi directora do Instituto\, sendo a primeira muller en acadar esta responsabilidade. Dos estudos sobre fitoplancto pasou á oceanografía física e\, finalmente\, aos estudos sobre a acidificación dos océanos como consecuencia do cambio climático\, nos que se converteu nunha investigadora líder en Europa\, dirixindo un Comité Internacional sobre a Xeosfera dende 2005 ata 2011. \nEn 2015 foi nomeada membro da Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC).
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/iv-ciclo-de-conferencias-aida-fernandez-rios/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/05/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-23-0c3.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230602
DTEND;VALUE=DATE:20230603
DTSTAMP:20230512T082037Z
CREATED:20230512T082037Z
LAST-MODIFIED:20230512T082037Z
UID:17980-1685664000-1685750399@iim.csic.es
SUMMARY:Ollando cara o norte: xornada de ciencia cidadá mariña
DESCRIPTION:INSCRICIÓN \nPROGRAMA DA XORNADA \nO Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) e Observadores do Mar\, plataforma de ciencia cidadá do CSIC\, organizan estas xornada de ciencia cidadá na costa do Atlántico Norte o venres 2 de xuño no Museo do Mar de Galicia\, en Vigo\, co obxectivo de visibilizar o rol da ciencia cidadá mariña na conservación do mar e para fomentar a implicación de toda a comunidade\, incluíndo novos sectores estratéxicos. \n\nEstrutura da xornada\nA xornada dividirase en dúas sesións: \nPola mañá\, de 10 a 13h \n1️⃣ Benvida e presentación: \n\nObservadores do Mar. Joaquim Garrabou (ICM-CSIC)\nProgramas de seguimento de especies vulnerables en España. Macarena Marambio (ICM-CSIC)\nFamilia Signátidos\, fascinantes e vulnerables. Miquel Planas (IIM-CSIC)\nEspecies invasoras. Rafael Bañón (GEMM )\n\n2️⃣ Proxección. \n3️⃣ Mesa redonda: “Ciencia cidadá marina para la investigación\, la administración e la cidadanía. Sinergias entre diferentes sectores.” \n\nCon Paulino Cameselle (CIESUB)\, Noelia Estévez (Xunta de Galicia – REDOGAL)\, José Antonio Fernández (P.N. Illas Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia)\, Fabián Ben (Fderación Nacional de Confrarías de Pescadores)\, Jesús S. Troncoso (Universidade de Vigo) e Eva Velasco (DIVERSIMAR – IEO Vigo). Modera: Sandra Espeja (Observadores do Mar).\n\n?️ Aperitivo \nPola tarde\, de 16h a 19h | ?‍?‍?‍?Obradoiros para tódolos públicos. \n4️⃣ Observadores do Mar: como formar parte da ciencia cidadá mariña.  \n5️⃣ Cabaliños de mar e peixes pipa: coñecer para protexer. Miquel Planas (IIM-CSIC) \n6️⃣ Especies invasoras no Atlántico norte. Rafael Bañón (GEMM) \n\nQuen desexe asistir a ambas sesións\, debe reservar entradas para cada unha delas seguindo as ligazón á INSCRICIÓN. \nMáis información no PROGRAMA.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/ollando-cara-o-norte-xornada-de-ciencia-cidada-marina/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/05/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-26-c4d.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230602
DTEND;VALUE=DATE:20230603
DTSTAMP:20230525T070555Z
CREATED:20230525T070555Z
LAST-MODIFIED:20230525T070555Z
UID:17982-1685664000-1685750399@iim.csic.es
SUMMARY:Obradoiro JFE Advantech Vigo
DESCRIPTION:O vindeiro 2 de xuño\, o IIM-CSIC celebrará o obradoiro JFE Advantech Vigo\, coordinado polo grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global. Unha magnífica oportunidade para coñecer os novos sensores oceanográficos e as súas aplicacións\, principios e metodoloxías de uso. \n  \nA persoa convidada será o Dr. Li Hua\, director xeral do Laboratorio de Investigación Oceanográfica\, División de Océano e Río de JFE Advantech Co.\, Ltd. (Xapón). \n\nPrograma\n9:00- 9:15 Presentación e introdución \n9:15- 9:45 Introdución xeral aos instrumentos JAC \n  \nCasos de análise \n10-10:45         YODA Profiler\, unha solución rápida e económica para obter perfís de alta calidade. \n10:50-11:35   O sensor HAI (sensor de indicación de algas nocivas)\, principios e uso. \n  \nPausa para xantar \n  \n14:00 Que rápido e estable pode ser o sensor RINKO (DO)  \nReunión de preguntas\, consultas e aplicacións válidas para diferentes proxectos e futuras necesidades.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/jfe-advantech-vigo-workshop/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/05/noticas-2023-4-b70.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230608
DTEND;VALUE=DATE:20230609
DTSTAMP:20230531T091643Z
CREATED:20230531T091643Z
LAST-MODIFIED:20230531T091643Z
UID:17984-1686182400-1686268799@iim.csic.es
SUMMARY:Ciencia mergullada no museo | Día Mundial do Océano 2023
DESCRIPTION:INSCRICIÓN \nENTRADAS DISPOÑIBLES A PARTIR DO 2 DE XUÑO\, ÁS 17 HORAS \n?️ No Museo do Mar de Galicia \n?️ 8 de xuño | ⏰ 18:00h \n? Recomendado para maiores de 14 anos \n\nSabias que a ciencia tamén se fai baixo a auga? En Ciencia Mergullada convidámoste a mergullar xunto ás investigadoras e técnicos do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC) para descubrir ás investigacións que realizan\, tamén\, dende o fondo da nosa ría. \nGrazas á participación da sociedade cooperativa 13GRADOS e a noso compañeiro Manuel García Blanco\, da Unidade de Monitorización e Observación do Medio Mariño (UMO)\, o evento contará con imaxes reais dos mergullos dos equipos de investigación deste centro científico de Bouzas. Ademais\, as persoas asistentes poderán participar nunha visita guiada polos fondos mariños grazas ao emprego de lentes de realidade virtual coas que poderán visualizar en 360º o foco das investigacións do IIM-CSIC. \nO evento comezará ás 18h (Vigo-CEST) cunha introdución na que o persoal científico e técnico do IIM-CSIC nos contará\, de primeira man\, como é traballar a varios metros baixo a superficie da ría de Vigo. Posteriormente\, por quendas\, as persoas asistentes poderán realizar a visita guiada virtual e gozar cunha visita\, de balde\, a parte da colección do Museo do Mar de Galicia en Vigo. \nEntradas gratuítas previa reserva. Só para maiores de 14 anos.  \nEvento organizado pola Unidade de Cultura Científica (UCC+I) e a Unidade de Observación e Mostraxe do Medio Mariño (UMO) do Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC). \nC﻿oa especial colaboración de 13GRADOS\, do Museo do Mar de Galicia e do proxecto europeo OCEAN NIGHT (101061165). \n\nPrograma de actividades\nA actividade comezará ás 18:00 horas: \n\nBenvida e agradecementos\nPresentación do traballo subacuático do IIM-CSIC\nExperiencia de 360º con lentes de realidade virtual e visita libre ás salas do museo\n\nVémonos no Museo do Mar de Galicia o 8 de xuño ás 18:00 para vivir esta gran experiencia virtual baixo a auga ??? \nDous proxectos implicados\nNo evento contaremos con representantes da comunidade científica e técnica do IIM-CSIC\, que traballan activamente (moitas veces baixo a auga) nos seguintes proxectos: \nProxecto NEMUNO\nO proxecto do grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global\,  “Metabolismo do ecosistema de una región de afloramiento costero: integración dos dominios pelágico e bentónico” (NEMUNO)\, financiado por Ministerio de Ciencia e Innovación (PID2021-122238OB-I00)\, é unha peza clave para comprender o funcionamento das rexións costeiras\, é coñecer o metabolismo neto do ecosistema\, é dicir\, o equilibrio entre a produción primaria e a respiración total. \nSendo conscientes dos diversos e valiosos hábitats existentes nas Rías Baixas\, o proxecto NEMUNO aborda o estudo do equilibrio entre a produción primaria e a respiración en diferentes hábitats mediante medicións de moi alta frecuencia de osíxeno e velocidade da corrente con instalacións no mesmo fondo do mar. \nProxectos MOVE e CONECTEE\nDous proxectos clave do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños que buscanestudar o movemento e comportamento das especies costeiras (peixes óseos e elasmobranquios) utilizando ferramentas de telemetría acústica para identificar os corredores e puntos críticos de conectividade destas poboacións. \nPodes ver máis información nas súas páxinas: \nProxecto MOVE \nProxecto CONECTEE
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/ciencia-mergullada-dia-mundial-do-oceano-2023/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/06/evento-web-reducido-1-021.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230608
DTEND;VALUE=DATE:20230609
DTSTAMP:20230601T104320Z
CREATED:20230601T104320Z
LAST-MODIFIED:20230601T104320Z
UID:17987-1686182400-1686268799@iim.csic.es
SUMMARY:Día Mundial do Océano | O programa do IIM-CSIC
DESCRIPTION:? Sabías que o océano alimenta millóns de persoas\, acolle a biodiversidade máis rica e produce a metade do noso oxíxeno? \n\nNo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo sabemos da importancia e da necesidade de coidar e protexer os nosos recursos mariños todos os días do ano. Guiados polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible\, traballamos xunto á comunidade\, creando vínculos coa industria\, promovendo a Cultura Oceánica e axudando ao noso contorno. \nPorén\, o Día Mundial do Océano sérvenos para levar á palestra a importancia do océano e do seu estudo. Para reivindicar unha ciencia mariña de calidade e fomentar o achegamento de toda a sociedade a esta gran masa de auga que nos une máis do que nos separa. Únete a nós nesta celebración! \n\nÁs 12h | VULNERABLES\n \n?️ Centro Social de Bouzas (Rúa Eduardo Cabello\, 53) \n?️ 8 de xuño | ⏰ 12h \n?‍??‍??‍??‍? Recomendable para público adulto \nCapacidade limitada. Inscrición a través do Centro Sociocultural de Bouzas / c.b.s.bouzas@xunta.es / 886110935 \nQue é ser “vulnerable”? A investigadora do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC\, Natalia Petit\, fará unha pequena introdución a este concepto e ao seu significado\, seguida dunha identificación de ecosistemas e especies vulnerables nos medios mariños\, así como dunha explicación de por que se consideran vulnerables. \nDesde o Centro Sociocultural de Bouzas\, ao mediodía do Día Mundial do Océano\, a investigadora tamén abrirá un espazo de reflexión sobre o traballo da ciencia\, das administracións e da cidadanía para reverter este estado de vulnerabilidade. \n+ info \n\nÁs 18h | Ciencia Mergullada no Museo \n \nINSCRICIÓN \nENTRADAS DISPOÑIBLES A PARTIR DO 2 DE XUÑO\, ÁS 17 HORAS \n?️ No Museo do Mar de Galicia (Avda. da Atlántida\, 160) \n?️ 8 de xuño | ⏰ 18:00h \n? Actividade para maiores de 14 anos. Capacidade limitada\, inscrición a través de Eventbrite. \nGrazas ao uso dunhas lentes de realidade virtual\, mergúllate na ría de Vigo xunto co persoal do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC) para descubrir as investigacións que realizan desde o fondo do mar. Todo con imaxes gravadas pola Sociedade Cooperativa 13GRADOS e polo noso compañeiro da UMO\, Manuel García Blanco\, durante as súas saídas de campaña. Ademais\, contaremos cunha serie de equipos de investigación do IIM que darán conta da súa experiencia traballando baixo a superficie. \nEsta actividade está organizada pola UCC+I e pola UMO do IIM-CSIC\, e conta coa colaboración dos grupos de Ecoloxía e Recursos Mariños e Procesos Oceánicos en Cambio Global\, ademais da Sociedade Cooperativa 13 Grados e o Museo do Mar de Galicia. \nActividade impartida por Natalia Petit e organizada por Susi Piñeiro (Unidade de Cultura Científica IIM-CSIC)\, en colaboración co Centro Sociocultural de Bouzas. Entrada de balde!
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/dia-del-oceano-el-programa-del-iim-csic/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/06/evento-web-reducido-copia-a26.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230608
DTEND;VALUE=DATE:20230609
DTSTAMP:20230601T115649Z
CREATED:20230601T115649Z
LAST-MODIFIED:20230601T115649Z
UID:17988-1686182400-1686268799@iim.csic.es
SUMMARY:VULNERABLES
DESCRIPTION:?️ Centro Sociocultural de Bouzas \n?️ 8 de xuño | ⏰ 12:00h \n?‍??‍??‍??‍? Recomendable para público adulto \nEntrada gratuíta con reserva previa \n\nQue é ser “vulnerable”? A investigadora do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC\, Natalia Petit\, fará unha pequena introdución a este concepto e o seu significado\, seguida dunha identificación de ecosistemas e especies vulnerables nos medios mariños\, así como unha explicación de por que son considerados vulnerables. \nDende o Centro Sociocultural de Bouzas\, ao mediodía do Día Mundial dos Océanos\, a investigadora tamén abrirá un espazo de reflexión sobre o traballo da ciencia\, das administracións e da cidadanía para reverter este estado de vulnerabilidade. \nActividade impartida por Natalia Petit e organizada por Susi Piñeiro (Unidade de Cultura Científica IIM-CSIC)\, en colaboración co Centro Sociocultural de Bouzas. \nEntrada gratuíta con rexistro previo no propio Centro Social co que colaboramos. Deberá contactarse con eles ben presencialmente (rúa Eduardo Cabello\, 53 – Vigo)\, por teléfono (886110935) ou por email (c.b.s.bouzas@xunta.es).
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/vulnerables/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/06/tese-daniel-broullon-duran-5ff.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230609
DTEND;VALUE=DATE:20230610
DTSTAMP:20230526T145243Z
CREATED:20230526T145243Z
LAST-MODIFIED:20230526T145243Z
UID:17983-1686268800-1686355199@iim.csic.es
SUMMARY:Benestar animal e domesticación do polbo: un enfoque metaxenómico
DESCRIPTION:SÍGUEO POR STREAMING  \n(ligazón dispoñible o día da transmisión) \nOs “Encontros Espresso” son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós\,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos pensados especialmente para o noso persoal\, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming. \nEste novo formato celebrarase mensualmente\, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados  con café de cortesía (“Espresso”) para favorecer o bo fluír da comunicación. \nDesta vez encontrámonos coa noso compañeiro\, Daniel Costas Imbernón \nBenestar animal e domesticación do polobo común: un enfoque metaxenómico\nNos últimos anos propúxose o polbo común como candidato potencial para a diversificación da acuicultura. O crecente interese no cultivo desta especie puxo de manifesto a necesidade do desenvolvemento e a implementación de boas prácticas de produción que sexan compatibles co benestar animal. A avaliación do benestar a miúdo realízase mediante indicadores que son susceptibles de nesgos ao depender da interpretación subxectiva da persoa que os está a avaliar\, o que subliña a necesidade de buscar novos biomarcadores cuantificables e obxectivos que permitan unha avaliación máis precisa e eficaz. Neste contexto\, traballos recentes sinalaron o papel do microbioma asociado aos animais de produción como un biomarcador indicativo das condicións de benestar e saúde. Neste seminario presentarase un estudo no que se utilizou un enfoque metaxenómico para caracterizar\, por primeira vez\, as comunidades microbianas asociadas ao mucus da pel de polbos adultos tanto de vida salvaxe como domesticados. O obxectivo da nosa investigación é determinar se as condicións de cultivo alteran o microbioma e\, en consecuencia\, o benestar destes animais. Os resultados obtidos permitirán coñecer a composición da microbiota principal presente na pel desta especie e a súa potencial aplicación como biomarcador de benestar animal. \nDaniel Costas Imbernón\nDaniel Costas é licenciado en Bioloxía pola USC e Máster en Xenómica e Xenética pola UVigo.  Actualmente desenvolve a súa tese doutoral no Laboratorio de Biotecnoloxía Acuática\, centrando os seus estudos na aplicación de tecnoloxías ómicas e a bioinformática na acuicultura\, baixo a supervisión dos investigadores Maria Saura e Pep Rotllant.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/benestar-animal-e-domesticacion-do-polbo-un-enfoque-metaxenomico/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/06/encontros-espresso-dani-imbernon-09xun-0bc.png
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230622
DTEND;VALUE=DATE:20230623
DTSTAMP:20230619T071428Z
CREATED:20230619T071428Z
LAST-MODIFIED:20230619T071428Z
UID:17992-1687392000-1687478399@iim.csic.es
SUMMARY:A persistencia da memoria: análise do comportamento e uso dos brazos dun Octopus vulgaris de 9 brazos chamado Salvador
DESCRIPTION: SEGUE POR STREAMING  \n(ligazón dispoñible o mesmo día) \nOs “Encontros Espresso” son un formato de charlas que se celebran no IIM co obxectivo de coñecernos mellor\, coñecer mellor a actividade que se desenvolve no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando o debate científico-técnico e reforzando os vínculos entre grupos\, onde tanto o persoal investigador como o técnico poden participar para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos deseñados especificamente para o noso persoal\, pero todo o mundo é benvido a participar por streaming. \nEste novo formato celebrarase mensualmente\, ás 10:00 horas na Sala de Reunións do IIM-CSIC\, e incluirá café de cortesía (“Espresso”) para favorecer o bo fluír da comunicación. \nA persistencia da memoria: análise do comportamento e uso dos brazos dun Octopus vulgaris de 9 brazos chamado Salvador\nO estudo actual presenta as primeiras gravacións dun cefalópodo vivo cun brazo bifurcado plenamente funcional. Para coñecer o repertorio de comportamento e examinar os patróns de uso dos brazos no suxeito\, cuantificáronse máis de catro meses de imaxes de vídeo dun Octopus vulgaris co brazo R1 ramificado mediante o software de rexistro de comportamento BORIS. Isto produciu un conxunto de datos composto por 6442 eventos de uso dos brazos dentro dos comportamentos\, que posteriormente se transformou nunha matriz binomial de resposta de uso dos brazos. Ao examinalos por categorías de comportamento\, os brazos posteriores asociáronse fortemente aos comportamentos de locomoción\, mentres que os brazos anteriores estiveron máis asociados á procura de alimento\, alimentación e comportamentos exploratorios. A asociación dos brazos anteriores coa acumulación de presas foi máis feble ca a descrita previamente en individuos de 8 brazos debido á compensación dos brazos posteriores do lado dereito. Nos vídeos iniciais\, os brazos bifurcados empregábanse con máis frecuencia para accións baixo o corpo\, pero esta especialización diminuíu a medida que avanzaban os vídeos e medraban os brazos\, posiblemente polo menor tamaño dos brazos bifurcados. Os brazos bifurcados e rexenerados utilizáronse con máis frecuencia en comportamentos seguros e menos en comportamentos de risco. Estes resultados demostran que a distribución de tarefas e a funcionalidade entre os brazos poderían ter unha base decisional ou cognitiva\, máis que ser un subproduto da mecánica dos brazos\, e apuntan ademais á existencia de capacidades cognitivas superiores como a memoria asociada postraumática e a aprendizaxe.\n  \nSamuel Ellington Soule\nSamuel Ellington Soule é un biólogo mariño apaixonado polos cefalópodos que naceu en Singapur\, pero se mudou a Brooklyn\, Nova York\, onde vive toda a súa familia. Completou o Bachelor of Arts (BA) en Bioloxía Mariña e Historia da Arte no Occidental College\, nos Ánxeles\, California. Despois de graduarse\, quedou nos Ánxeles para traballar en dous laboratorios mariños distintos. No Southern California Marine Institute traballou como técnico\, onde recollía mostras mariñas\, xestionaba sistemas de acuarios e formaba estudantes sobre especies mariñas. Tamén traballou como asistente de investigación de campo e laboratorio no Vantuna Research Group\, participando en varios proxectos relacionados co ecosistema dos bosques de kelp de California e axudando a instalar e planificar o maior proxecto de restauración de arrecifes rochosos do sur de California. Sam tamén é instrutor de mergullo PADI e da American Academy of Underwater Sciences (AAUS)\, despois de pasar 4 anos en Saint Martin dirixindo cursos recreativos de SCUBA e impartindo currículos de bioloxía mariña a estudantes\, e 2 anos nos Ánxeles ensinando cursos de mergullo científico a outros investigadores. \nAquí en Vigo\, Sam pasou un breve período no ECIMAT\, na illa de Toralla\, investigando a degradación e toxicidade dos biopolímeros plásticos con Ricardo Berias. No IIM\, Sam traballou xunto con Jorge Hernández-Urcera para completar o seu Master of Science (MSc) a través do International Master in Marine Biological Resources (IMBRSea) sobre historia de vida e comportamento dos cefalópodos.\n 
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/persistence-memory-behavioral-analysis-and-arm-usage-9-armed-octopus-vulgaris/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/06/encontros-espresso-samuel-soule-22xun-33e.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20230630
DTEND;VALUE=DATE:20230701
DTSTAMP:20230620T073425Z
CREATED:20230620T073425Z
LAST-MODIFIED:20230620T073425Z
UID:17993-1688083200-1688169599@iim.csic.es
SUMMARY:50 anos coa nosa xente\, 50 anos da nosa historia
DESCRIPTION: O Instituto de Investigacións Mariñas rende un homenaxe as persoas que marcaron á súa historia o día 30 de xuño ás 12:00h\, nun evento interno no propio centro. \nO evento forma parte da conmemoración dos 50 anos do IIM en Bouzas e é unha homenaxe dedicada a todos os compañeiros e compañeiras que deixaron a súa pegada na historia do centro ao longo de todos estes anos. \nDurante o evento\, levaráse a cabo unha mesa redonda na que varios compañeiros e compañeiras compartirán as súas vivencias e experiencia. Posteriormente\, pecharemos a celebración cuns pinchos-xantar na terraza do centro. \nEsta é unha magnífica oportunidade para preguntar\, dialogar e compreder de onde vén moito do que hoxe vivimos\, como parte da Ciencia e como parte do IIM\, e para coller forzas e ideas para o futuro. \nUn día especial\, onde poderemos lembrar e valorar xuntos os logros e contribucións das persoas que pasaron polos noso corredores\, laboratorios e oficinas.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/50-anos-coa-nosa-xente-50-anos-da-nosa-historia/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2023/06/eventos-50anosxubis-b42.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR