BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//IIM CSIC - ECPv6.16.5.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:IIM CSIC
X-ORIGINAL-URL:https://iim.csic.es/gl
X-WR-CALDESC:Events for IIM CSIC
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241213
DTEND;VALUE=DATE:20241214
DTSTAMP:20241209T112516Z
CREATED:20241209T112516Z
LAST-MODIFIED:20241209T112516Z
UID:18048-1734048000-1734134399@iim.csic.es
SUMMARY:5ª Asemblea Xeral do Programa de Ciencias Mariñas
DESCRIPTION:O Programa de Ciencias Mariñasde Galicia \nSantiago de Compostela\, 13 de decembro de 2024 – A Cidade da Cultura converteuse  este venres\, día 13 de decembro\, no epicentro da investigación e innovación mariña en Galicia. Este evento reúne arredor de 200 participantes\, entre investigadores e representantes das administracións\, sectores produtivos e organizacións do mundo do mar\, para avaliar avances e debater os desafíos presentes e futuros da ciencia e as investigacións nestes ámbitos en Galicia. \nBaixo o título “Avances fronte aos desafíos identificados e encontro cos sectores do mar”\,  a xornada foi inaugurada por Javier Alfonso Villares\, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia\, precedéndoo na benvida aos asistentes J. Francisco Saborido Rey\, coordinador científico do Programa e investigador do IIM-CSIC. Conformada como un espazo de diálogo e colaboración arredor das necesidades e retos existentes na Galicia do mar aos que dar resposta dende a investigación\, nesta Asemblea destacáronse os avances nas áreas de observación e monitorización do medio mariño\, a acuicultura sostible e a transformación social e económica. Durante a xornada\, os expertos ofreceron conferencias\, mesas redondas e paneis temáticos nos que se debateron os retos e os logros alcanzados até a data de hoxe polas entidades participantes. \nOs relatorios destacaron os avances na investigación sobre novas plataformas  e tecnoloxías de observación para obter máis e mellores datos que permitan coñecer o estado do medio mariño e as alteracións que se producen nel así como o seu impacto. Tamén os avances no coñecemento sobre o estado dos recursos e as tecnoloxías para a mellora das producións acuícola\, marisqueira e pesqueira foron parte dos temas abordados. A xornada\, na súa última sesión\, xirou arredor da importancia de conectar estas investigacións coas de carácter socioeconómico\, valorando tamén a súa importancia no desenvolvemento das principais políticas públicas para os sectores do mar.  \nPresentáronse varias iniciativas innovadoras\, como novas plataformas de observación integradas\, os avances tamén nas estratexias e na planificación do uso destas ferramentas\, un laboratorio virtual mariño e simuladores de eventos extremos\, a dixitalización nas cadeas de valor no sector pesqueiro\, a aplicación de ferramentas xenómicas para a mellora das producións na acuicultura e no marisqueo\, e os avances para a xestión e abastecemento sostible de semente de moluscos. Ademais das innovacións no ámbito das tecnoloxías\, dende o Programa presentáronse tamén os avances no coñecemento e nas técnicas de análise socioeconómico que permitirán comprender mellor a medida na que as actividades humanas se ven máis ou menos afectadas polos cambios no ambiente. Tamén a medida na que os instrumentos da nova regulamentación e das estratexias públicas – Economía Azul\, Cambio Climático e Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral de Galicia – poderán mellorar a súa eficacia facendo uso de todo o elenco das tecnoloxías e do coñecemento que emerxe deste Programa de Ciencias Mariñas. \nUnha aposta pola innovación e a sustentabilidade\nO encontro centrouse en tres bloques temáticos que reflectiron a importancia das innovacións en áreas clave como a observación e monitorización mariña\, o aproveitamento sostible dos recursos e a resiliencia dos ecosistemas costeiros. \nNa primeira sesión abordáronse os retos tecnolóxicos cara a unha observación mariña integrada e sostible. Presentáronse avances sobre as redes de observación destacando avances como as novas plataformas bioxeoquímicas\, a automatización de bioensaios ecotoxicolóxicos\, e o uso de drons con intelixencia artificial para monitorización de macroalgas no intermareal. Ademais\, presentáronse ferramentas e servizos innovadores\, como un laboratorio virtual mariño e o desenvolvemento de xemelgos dixitais. Tamén se analizaron as necesidades dos sectores relacionados coa pesca\, as enerxías renovables e a sustentabilidade\, concluíndo cun debate sobre os retos e prioridades compartidas. \nA segunda parte do encontro abordou a actividade pesqueira\, marisqueira e acuícola sostibles\, coa innovación coma un dos piares fundamentais para garantir a viabilidade do sector nos próximos anos. \nAbordáronse diferentes enfoques e tecnoloxías para garantir a sostibilidade na pesca\, incluíndo o uso da xenómica na xestión de recursos\, modelos “end-to-end” en especies clave\, dixitalización na cadea de valor e a análise da sostibilidade dende un punto de vista socioeconómico. Tamén se presentaron solucións innovadoras como o aplicación de intelixencia artificial para mellorar os procesos na industria. A sesión pechouse cun debate sobre estes retos e oportunidades para a sostibilidade pesqueira. \nA segunda das mesas mostrou avances en innovación para mellorar a sustentabilidade e eficiencia na acuicultura. Tratáronse temas como a mellora das condicións sanitarias das producións\, novas metodoloxías para avaliar o benestar animal\, innovación na alimentación sustentable\, ferramentas xenómicas e sistemas para diversificar os sistemas da produción na acuicultura. Ademais\, representantes do sector compartiron experiencias prácticas sobre a transformación en curso nestes sectores. \nA terceira das mesas centrouse en como fortalecer a resiliencia no marisqueo e miticultura. Presentáronse ferramentas como sistemas de predición para alertas ambientais que afectan ás condicións de confort dos cultivos\, produción de semente resistente a patoloxías\, criopreservación darvas e semente de moluscos para poder desestacionalizar a produción e modelos para avaliar parámetros poboacionais. Tamén se destacou a importancia da sostibilidade no mexillón galego e no marisqueo\, pechando cun debate cos sectores afectados sobre as solucións presentadas. \nO coñecemento dos ecosistemas costeiros e o futuro da economía do mar\nA sesión final  estivo dedicada á xestión sostible e resiliente do medio mariño\,  e destacou o papel do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia en facilitar coñecemento e información para a toma de decisións informada\, o desenvolvemento dun marco regulatorio eficaz e das estratexias públicas relacionadas co medio mariño. Discutíronse temas esenciais como a xestión integrada do litoral galego e as oportunidades derivadas da nova lexislación\, así como as estratexias de economía azul e de cambio climático para Galicia. Tamén se abordaron sistemas de cuantificación e análise da interrelación das actividades do complexo mar-industria en áreas do litoral\, indicadores ambientais integrados como o Ocean Health Index\, a relevancia e os mecanismos para  estimar o valor e o balance do carbono azul e servizos recreativos\, e os efectos do cambio climático na vulnerabilidade do sector pesqueiro e marisqueiro. A sesión concluíu disertando sobre a medida na que unha estratexia de observación mariña realmente integral e integrada resulta unha ferramenta clave para a comprensión dos ecosistemas costeiros e mariños e a mellora da xestión da relación das actividades humanas sobre os mesmos. \nTransversalmente e ao longo de toda a xornada os responsables de moderar e orientar os relatorios fixeron especial fincapé en desenvolver\, en paralelo e complementariamente ás investigacións\, novas estratexias para lograr unha transferencia de coñecemento transformadora\, dirixida primordialmente a mellorar a capacidade do sistema e da cidadanía para facer máis e mellor aproveitamento dos avances científicos en beneficio do conxunto da sociedade. \nA reunión constituíuse como un espazo para que a comunidade investigadora das institucións públicas galegas\, o sector privado e representantes da administración  compartisen os seus puntos de vista e establecesen a intención de manter o diálogo e amplificar as oportunidades de colaboración. Todo isto baixo o consenso de que a mesma resulta imprescindible para abordar os desafíos compartidos en relación á sostibilidade e xestión dos recursos mariños. \nColaboración entre Entidades de Investigación e o Sector Empresarial \nO encontro\,  organizado polo Instituto de Investigacións Mariñnas\, Consejo Superior de Investigaciones Científicas  (IIM-CSIC)\, o Centro Tecnolóxico do Mar\, Fundación CETMAR e a Universidade de Vigo (UVigo)\, contou asimesmo coa participación  de todas as institucións e dos centros de investigación que forman parte do Programa; a Universidade de Santiago de Compostela (USC)\, a Universidade da A Coruña (UdC)\, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)\, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR)\, Meteogalicia\, o Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) e e os centros propios da Consellería do Mar\, o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e o Instituto Galego de Formación Acuícola (IGAFA) xunto con empresas e organizacións que están a impulsar a innovación nos sectores do mar. \nO Programa de Ciencias Mariñas de Galicia conta cun orzamento de 10 millóns de euros e está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do Plan de Transformación Recuperación e Resiliencia con fondos Next Generation EU e o Fondo Europeo Marítimo\, da Pesca e da Acuicultura a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. O Programa forma parte do Plan Complementario de Ciencias Mariñas a nivel do Estado\, no que ademais de Galicia interveñen as Comunidades Autónomas de Murcia\, Andalucía\, C. Valenciana\, Cantabria\, Illes Baleares e Canarias. \nOs avances e resultados acadados no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia supoñen un paso adiante na mellora da investigación e a innovación no sector\, consolidando a Galicia como un referente en ciencias mariñas e impulsando a súa capacidade para afrontar os retos ambientais\, sociais e económicos do futuro.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/5a-asemblea-xeral-do-programa-de-ciencias-marinas/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2024/12/2024122-a16.jpg
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20241219
DTEND;VALUE=DATE:20241220
DTSTAMP:20241209T080615Z
CREATED:20241209T080615Z
LAST-MODIFIED:20241209T080615Z
UID:18047-1734566400-1734652799@iim.csic.es
SUMMARY:Ecomorfodinámica dos sistemas costeiros
DESCRIPTION: SEGUE POR STREAMING  \n(ligazón dispoñible o mesmo día) \nOs “Encontros Espresso” son un formato de charlas que se celebran no IIM co obxectivo de coñecernos mellor\, coñecer mellor a actividade que se desenvolve no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña\, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos nos que tanto o persoal investigador como o técnico poden participar para compartir o seu traballo\, experiencias e resultados. \nSon eventos deseñados especificamente para o noso persoal\, pero todo o mundo é benvido a participar por streaming. \nEste novo formato comezará ás 10:00 horas no Salón de Actos do IIM-CSIC e incluirá café de cortesía (“Espresso”) para favorecer o bo fluír da comunicación. \nNesta ocasión\, o seminario será impartido por Ana Vila Concejo\, catedrática de Xeomorfoloxía Costeira na Universidade de Sydney\, cunha destacada traxectoria de investigación en sistemas costeiros e ecomorfodinámica. \nEcomorfodinámica dos sistemas costeiros\nA “ecomorfodinámica” xorde ao estudar sistemas costeiros nos que certas especies poden dominar algunhas das retroalimentacións entre a hidrodinámica e as respostas morfolóxicas. A maioría dos estudos ecomorfodinámicos céntranse nos arrecifes de coral\, pero tamén inclúen arrecifes de ostras\, marismas\, manglares e mesmo pradarías mariñas. \nOs arrecifes de coral proporcionan servizos ecosistémicos importantes\, incluíndo seguridade alimentaria e protección costeira para as persoas e os bens\, ademais de representar unha gran atracción turística. Os corais de todo o mundo están a transformarse de maneira irreversible debido a un cambio ambiental rápido sen precedentes. \nEsta presentación multidisciplinar céntrase nos avances recentes para comprender como interactúan os arrecifes de coral coas ondas e os sedimentos baixo o cambio climático. A última parte da presentación inclúe investigación recente sobre como aplicamos a ecomorfodinámica á restauración de ecosistemas usando exemplos de arrecifes de ostras e Posidonia en Australia. \nAna Vila Concejo\nGraduada en Xeociencias Mariñas pola Universidade de Vigo\, onde realizou un mestrado sobre praias estuarinas urbanas. En 2004 completou o doutoramento na Universidade do Algarve (Portugal). Mudouse a Australia en 2005 e traballa na Universidade de Sydney desde 2007\, onde consolidou unha carreira de éxito en Xeomorfoloxía Costeira ata converterse en catedrática en 2023. A súa investigación centrouse principalmente en bocas mareais\, praias en estuarios e baías (BEBs) e arrecifes de coral. A súa investigación en ecomorfodinámica inclúe arrecifes de coral\, arrecifes de ostras e outros ecosistemas que contribúen ás solucións baseadas na natureza. Publicou máis de 100 contribucións na literatura científica e conta cunha ampla rede internacional de colaboradores. \nNa Universidade de Sydney\, codirixe o Geocoastal Research Group e tamén é subdirectora da School of Geosciences\, codirectora do Marine Studies Institute e subdirectora da One Tree Island Research Station na Gran Barreira de Coral. Forma parte do Comité Asesor Científico do Sydney Institute of Marine Science e\, entre 2020 e 2024\, foi membro do College of Experts do Australian Research Council (ARC). \nEn 2016 cofundou a rede internacional Women in Coastal Geoscience and Engineering (WICGE)\, que copresidiu ata 2023. WICGE conta agora con máis de 600 membros en todo o mundo e ela forma parte do comité asesor. Tamén é copresentadora do exitoso podcast Coast2Cast\, onde entrevista a científicas\, científicos\, enxeñeiras e enxeñeiros costeiros de todo o mundo.
URL:https://iim.csic.es/gl/evento/eco-morphodynamics-coastal-systems/
LOCATION:Pontevedra
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://iim.csic.es/gl/wp-content/uploads/sites/2/2024/12/copia-de-copia-de-2024-12-19-encontros-espresso-evento-web-ana-vila-concejo-3-07c.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR