{"id":18004,"global_id":"iim.csic.es\/gl?id=18004","global_id_lineage":["iim.csic.es\/gl?id=18004"],"author":"4","status":"publish","date":"2023-09-25 09:43:38","date_utc":"2023-09-25 07:43:38","modified":"2023-09-25 09:43:38","modified_utc":"2023-09-25 07:43:38","url":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/evento\/foroacui-xxv-menudo-foroacui\/","rest_url":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/wp-json\/tribe\/events\/v1\/events\/18004","title":"FOROACUI XXV | Menudo ForoAcui","description":"<p class=\"text-align-center\"><a class=\"btn-amarillo\" href=\"https:\/\/foroacui.com\/programa-es\/\">PROGRAMA | ForoACUI XXV&nbsp;<\/a><\/p>\n<p>O vindeiros, xoves, 5 e venres, 6 de outubro, no Auditorio Municipal do Grove, celebrarase o<strong>&nbsp;XXV Foro dos Recursos Mari\u00f1os e Acuicultura das R\u00edas Galegas<\/strong>.<\/p>\n<p>Este Foro \u00e9 un encontro anual que naceu en 1998 co obxectivo de ser un espazo de referencia para comunicar a realidade e as perspectivas de futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia. Os principais obxectivos son, a formaci\u00f3n, a divulgaci\u00f3n e principalmente, a interacci\u00f3n entre o persoal investigador, o sector empresarial e a Administraci\u00f3n.<\/p>\n<p>A primeira xornada abrirase cunha conferencia inaugural da man de Albert Tacon (visitante Universidade de S\u00e3o Paulo- Brasil)<strong>&nbsp;<\/strong>e con d\u00faas mesas de traballo repartidas o longo da ma\u00f1a unha do<strong>&nbsp;<\/strong>Instituto de Acuicultura da USC, e outra sobre o Marisqueo e Pesca de Baixura.<\/p>\n<p>A segunda xornada centrarase no tema da acuicultura do futuro onde falar\u00e1n representantes sociais e expertos cient\u00edficos que achegar\u00e1n a s\u00faa visi\u00f3n m\u00faltidisciplinar do debate en cuesti\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n<p>O evento finalizar\u00e1 coa entrega de: XVIII Premio ao mellor p\u00f3ster e audiovisual (Patrocinado pola SEA).<\/p>\n<p>Ademais, este ano, o evento vese ampliado cara \u00e1s persoas m\u00e1is pequenas co proxecto<strong>&nbsp;&#8220;Menudo ForoAcui&#8221;<\/strong>, que ter\u00e1 lugar o d\u00eda 17 de novembro. O proxecto est\u00e1 coordinado polo grupo <a href=\"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/gl\/research\/all-groups\/procesos-oceanicos-en-cambio-global\">Procesos Oce\u00e1nicos en Cambio Global<\/a> do Instituto de Investigaci\u00f3ns Mari\u00f1as-CSIC.<\/p>\n<h2>Menudo ForoAcui<\/h2>\n<p>Xornada l\u00fadico-educativa que celebrarase o <strong>17 de novembro no Grove<\/strong> (Pontevedra). Esta xornada coordinada polo grupo&nbsp;<a href=\"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/gl\/research\/all-groups\/procesos-oceanicos-en-cambio-global\">Procesos Oce\u00e1nicos en Cambio Global<\/a> do <a href=\"https:\/\/www.iim.csic.es\/gl\/research\/all-groups\/procesos-oceanicos-en-cambio-global\">Instituto de Investigaci\u00f3ns Mari\u00f1as-CSIC<\/a> ofrecer\u00e1 unha serie de actividades que incl\u00faen charlas, teatro, presentaci\u00f3ns audiovisuais e moito m\u00e1is. O prop\u00f3sito principal do proxecto \u00e9 <strong>contribu\u00edr a incrementar as habilidades de cultura oce\u00e1nica<\/strong>, concienciar aos estudantes sobre a importancia dos recursos mari\u00f1os, a acuicultura e a sa\u00fade dos oc\u00e9anos.<\/p>\n<p>Tras esta xornada inicial, cada unha das clases seleccionadas para participar en Menudo ForoAcui profundar\u00e1 ao longo do curso escolar en \u00e1reas espec\u00edficas de traballo. Estas li\u00f1as abarcan desde o marisqueo a p\u00e9, o estudo do mexill\u00f3n, a exploraci\u00f3n de recursos mari\u00f1os e a s\u00faa relaci\u00f3n co cambio clim\u00e1tico, ata a investigaci\u00f3n das macroalgas, o valor dos alimentos mari\u00f1os, os desaf\u00edos dos micropl\u00e1sticos e a problem\u00e1tica do lixo mari\u00f1o, as\u00ed como o estudo de especies invasoras.<\/p>\n<p>Ao longo do curso, os estudantes recibir\u00e1n a visitas de investigadores e expertos de instituci\u00f3ns colaboradoras vinculadas ao sector. A trav\u00e9s de charlas, obradoiros e sa\u00eddas de campo, os estudantes mergullaranse en diversas tem\u00e1ticas relacionadas coa acuicultura e os recursos mari\u00f1os. Ademais, os grupos recibir\u00e1n orientaci\u00f3n e asesoramento para levar a cabo an\u00e1lise e estudos sobre os diferentes temas. Os resultados destas investigaci\u00f3ns plasmaranse en p\u00f3steres e presentaci\u00f3ns audiovisuais, todos elaborados polos propios estudantes.<\/p>\n<p>Ademais de enriquecer a formaci\u00f3n dos estudantes, equipos especializados en pedagox\u00eda e did\u00e1ctica traballar\u00e1n co profesorado para mellorar as s\u00faas habilidades relacionadas coa sa\u00fade dos oc\u00e9anos, os recursos mari\u00f1os e a acuicultura.<\/p>\n<p>O colof\u00f3n desta emocionante iniciativa celebrarase o <strong>7 de xu\u00f1o de 2024<\/strong>, coa realizaci\u00f3n dun <strong>congreso especial de Menudo ForoAcui<\/strong>.&nbsp; Neste evento, os participantes ter\u00e1n a oportunidade de presentar os seus traballos en forma de p\u00f3steres e presentaci\u00f3ns audiovisuais, ademais de participar en exposici\u00f3ns orais para compartir os seus achados e conclusi\u00f3ns.<\/p>\n<p>Menudo ForoAcui non s\u00f3 promove a educaci\u00f3n e a conciencia sobre o mundo mari\u00f1o, sen\u00f3n que tam\u00e9n fomenta a colaboraci\u00f3n e a investigaci\u00f3n entre estudantes e expertos, contribu\u00edndo as\u00ed ao coidado e preservaci\u00f3n dos nosos oc\u00e9anos.<\/p>\n<p><strong>&#8220;Proxecto realizado coa colaboraci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia e la Tecnolog\u00eda &#8211; Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades&#8221;<\/strong><\/p>","excerpt":"","slug":"foroacui-xxv-menudo-foroacui","image":{"url":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2023\/09\/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-5-547.jpg","id":17252,"extension":"jpg","width":1080,"height":567,"filesize":131242,"sizes":{"awb_sm":{"width":500,"height":263,"mime-type":"image\/jpeg","filesize":37730,"url":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2023\/09\/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-5-547-500x263.jpg"},"awb_md":{"width":800,"height":420,"mime-type":"image\/jpeg","filesize":77630,"url":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2023\/09\/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-5-547-800x420.jpg"}}},"all_day":true,"start_date":"2023-10-05 00:00:00","start_date_details":{"year":"2023","month":"10","day":"05","hour":"00","minutes":"00","seconds":"00"},"end_date":"2023-10-06 23:59:59","end_date_details":{"year":"2023","month":"10","day":"06","hour":"23","minutes":"59","seconds":"59"},"utc_start_date":"2023-10-04 22:00:00","utc_start_date_details":{"year":"2023","month":"10","day":"04","hour":"22","minutes":"00","seconds":"00"},"utc_end_date":"2023-10-06 21:59:59","utc_end_date_details":{"year":"2023","month":"10","day":"06","hour":"21","minutes":"59","seconds":"59"},"timezone":"Europe\/Madrid","timezone_abbr":"CEST","cost":"","cost_details":{"currency_symbol":"","currency_code":"","currency_position":"","values":[]},"website":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/evento\/foroacui-xxv-menudo-foroacui\/","show_map":true,"show_map_link":true,"hide_from_listings":false,"sticky":false,"featured":false,"categories":[],"tags":[],"venue":[],"organizer":[],"custom_fields":[],"json_ld":{"@context":"http:\/\/schema.org","@type":"Event","name":"FOROACUI XXV | Menudo ForoAcui","description":"&lt;p&gt;PROGRAMA | ForoACUI XXV&nbsp; O vindeiros, xoves, 5 e venres, 6 de outubro, no Auditorio Municipal do Grove, celebrarase o&nbsp;XXV Foro dos Recursos Mari\u00f1os e Acuicultura das R\u00edas Galegas. Este&hellip;&nbsp;&lt;\/p&gt;\\n","image":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2023\/09\/imaxes-de-eventos-780x500-px-1080-567px-5-547.jpg","url":"https:\/\/iim.csic.es\/gl\/evento\/foroacui-xxv-menudo-foroacui\/","eventAttendanceMode":"https:\/\/schema.org\/OfflineEventAttendanceMode","eventStatus":"https:\/\/schema.org\/EventScheduled","startDate":"2023-10-05T00:00:00+02:00","endDate":"2023-10-06T23:59:59+02:00","performer":"Organization"}}