O proxecto culmina o 2 de outubro na praia de Cesantes cunha xornada aberta na que se presentarán os resultados do proceso de colaboración entre mariscadoras a pé, persoal investigador e artistas
O grupo MarSocial do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), a través da participación de Xochitl Elías, forma parte de ‘Mariscando conCiencias para o Futuro’, un proxecto que pon en diálogo coñecemento científico, saberes tradicionais, experiencia do sector marisqueiro e creación artística para abordar os retos ambientais e sociais aos que se enfronta o marisqueo a pé e explorar posibles escenarios de futuro para esta actividade.
A iniciativa desenvolve un proceso de colaboración no que mariscadoras da Enseada de San Simón, persoal investigador e artistas locais traballan conxuntamente para compartir coñecementos, experiencias e perspectivas arredor do presente e do futuro do marisqueo. A proposta busca así superar unha visión da investigación como un proceso exclusivamente científico e incorporar tamén o coñecemento acumulado polas persoas que traballan directamente no territorio.
El proyecto fue coordinado por Cidadanía S. Coop. Galega, con la participación de AMARTURMAR, Future Oceans Lab de la Universidad de Vigo, Artelixo, colectivo de danza y el Ayuntamiento de Redondela, y cuenta con la financiación de la Fundación Daniel y Nina Carasso, dentro de su línea Arte Ciudadano: componiendo saberes para imaginar y construir futuros sostenibles.
A participación de MarSocial achega ao proxecto a perspectiva das ciencias sociais aplicadas ás relacións entre as comunidades costeiras, as actividades vinculadas ao mar e os cambios que están a experimentar os ecosistemas e os territorios litorais. A colaboración permite abordar os retos do marisqueo desde unha perspectiva transversal, incorporando tanto a evidencia científica como a experiencia directa das profesionais do sector.
Ciencia, coñecemento local e creación artística
Un dos elementos centrais de ‘Mariscando conCiencias para o Futuro’ é precisamente a combinación de diferentes formas de coñecemento. O proxecto busca crear espazos nos que o coñecemento científico poida dialogar cos saberes e experiencias das mariscadoras e, ao mesmo tempo, atopar novas formas de expresión a través da arte.
Neste proceso desenvolvéronse diferentes materiais e propostas que permiten recoller e representar as experiencias das participantes, entre elas fotografías e materiais de foto-voz, así como esculturas e unha instalación artística vinculada ao marisqueo e aos retos ambientais aos que se enfronta a actividade.
A creación artística constitúe así unha ferramenta para visibilizar as preocupacións, experiencias e expectativas das mariscadoras e para abrir unha reflexión colectiva sobre como pode ser o futuro dunha actividade estreitamente ligada ás comunidades costeiras galegas.
‘A Beira’, unha peza creada entre mariscadoras e artistas
Entre os resultados do proxecto destaca ‘A Beira’, unha peza de danza contemporánea creada a partir do traballo desenvolvido con mariscadoras da Enseada de San Simón e as bailarinas galegas Alejandra Balboa, Eva Comesaña e Paula Pombar.
A peza emprega o corpo e o movemento como linguaxe para trasladar ao público parte das experiencias e reflexións xurdidas durante o proceso de traballo, establecendo un diálogo entre territorio, memoria, actividade marisqueira e futuro.
‘A Beira’ poderá verse durante a xornada de peche do proxecto, o 2 de outubro na praia de Cesantes, en Redondela, con pases programados ás 13:00 e ás 19:00 horas.
Un encontro para compartir os resultados do proxecto
A xornada final permitirá coñecer os diferentes resultados desenvolvidos ao longo do proceso e reunirá novamente ás persoas e entidades participantes no proxecto.
Ademais das presentacións da peza de danza, o programa incluirá unha mesa redonda sobre os retos actuais do marisqueo, na que se contará coa participación do sector, así como unha mostra das esculturas, instalacións, fotografías e materiais de foto-voz elaborados durante o proxecto.
O encontro pretende ser tamén un espazo de intercambio coa comunidade científica e coas persoas interesadas en coñecer este proceso de colaboración, mostrando como a ciencia, o coñecemento tradicional e a creación artística poden complementarse para abordar retos complexos relacionados coa sustentabilidade das comunidades costeiras.
Unha colaboración para pensar o futuro do marisqueo
‘Mariscando conCiencias para o Futuro’ pon de manifesto a importancia de incorporar diferentes voces e formas de coñecemento á hora de analizar os cambios que afectan ás actividades ligadas ao mar.
A experiencia desenvolvida na Enseada de San Simón permite poñer no centro ás propias mariscadoras e recoñecer o valor do coñecemento xerado ao longo da súa relación co territorio, ao tempo que incorpora a investigación científica e a creación artística como ferramentas para comprender os desafíos actuais e imaxinar alternativas de futuro máis sostibles.
A participación do grupo MarSocial do IIM-CSIC neste proceso reforza o compromiso do Instituto coa investigación sobre as dimensións sociais das relacións entre as comunidades e o medio mariño e coa xeración de coñecemento en diálogo cos sectores e colectivos directamente vinculados ao territorio.
O evento de peche celebrarase o 2 de outubro na praia de Cesantes (Redondela), cun programa que permitirá compartir coas persoas participantes e coa comunidade científica os principais resultados e creacións xurdidos ao longo do proxecto.


Presentación do Obradoiro de Pesca Artesanal celebrado no Concello de Redondela.


