O IIM-CSIC en Lisboa na UN Ocean Conference 2022
Unha comitiva do IIM asiste a Conferencia do Océano de Lisboa
Unha comitiva do IIM asiste á II Conferencia dos Océanos de Nacións Unidas que arrincou esta semana en Lisboa (UNOC 2022), organizada polas Nacións Unidas, a través dos Gobernos de Portugal e Kenia.
Esta Conferencia é unha cita internacional que axuntará, centos de organizacións relacionadas co océano, dende gobernos a ONGs, pasando como non por institucións científicas como o IIM-CSIC para buscar colaboracións e aprobar declaracións políticas de cara á Década Mundial das Ciencias Oceánicas (2021-2027).
As delegacións de 143 países estarán presentes e serán as encargadas de idear unha folla de roteiro que achegue solucións concretas para salvar os ecosistemas mariños.
Máis de 20.000 persoas rexistráronse para esta cita, na que participarán ademais das delegacións, unha quincena de xefes de Estado e de Goberno e uns 130 ministros.
Unha gran oportunidade para empezar a dar solucións a algúns dos problemas enquistados que azoutan aos océanos.
Aproveitando a nosa presencia no evento, gustaríanos facervos partícipes, dun xeito ou outros, da conferencia.
Que che gustaría preguntar se puideras asistir á Conferencia?
Aproveita e escribe a túa pregunta! Dende o IIM faremos unha escolma e faremos todo o posible para conseguir unha resposta ás túas inquedanzas en Lisboa.
Anímate a escribir unha pregunta neste enlace