SeaFood-Age | Final Conference & Brokerage Event
Os membros do Consorcio do Proxecto Seafood Age presentan a Conferencia Final e o Evento B2B
O evento que terá lugar os días 19 e 20 de outubro en Vigo de forma presencial, constará de dous días de charlas, debates en grupo e entrevistas dirixidas.
O primeiro día, nunha primeira parte centrarase nos resultados técnicos e estará máis orientada á ciencia e na segunda parte, estará dirixida a mostrar os logros industriais.
Contará coa intervencións de Xosé Antón Vázquez (IIM), Carla Pires, Rogério Mendes e Maria Sapatinha (IPMA), Eva Balsa-Canto (IIM), Carmen G. Sotelo (IIM), Maria J. Sousa Gallagher (UCC), Marta Lopez (IIM), Harri Määttä (OAMK), Julie Maguire (IRMRS), Manuel L. Romero (NOTPLA) e Álex Garrido (INL).
O segundo día reunirá representantes da investigación, industria e sociedade nun evento B2B onde se facilitará a interacción tanto en debates grupais como individualmente, a través de entrevistas entre os asistentes e os promotores do proxecto.
Sobre o proxecto Seafood-Age
O proxecto SEAFOOD-AGE financiado a través do programa europeo Interreg Atlantic Area baixo a coordinación de Eva Balsa do IIM-CSIC, ten como obxectivo a elaboración de alimentos de orixe mariña orientados a un envellecemento saudable.
Ademais, incorporando os principios da economía circular, SEAFOOD-AGE abarcará toda a cadea de valor alimentaria, desde a pesca e o aproveitamento de descartes pesqueiros ata o envasado e a etiquetaxe do produto, explorando solucións de envasado ecolóxico a partir da biomasa mariña e descartes da industria transformadora pesqueira e o deseño de etiquetas preditivas intelixentes para axudar a reducir o desperdicio, optimizar a calidade e a seguridade e facilitar a toma de decisións da súa compra ao consumidor.
O consorcio Seafood-Age complétase co Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), Inxenia, Benboa, a Organización de Produtores de Pesca doPorto e Ría de Marín (OPP8; OPROMAR),.Instituto Portugués do Mar e dá Atmosfera (IPMA), o International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL), Technopole Quimper–Cornouaille, Abbyss Ingredients, a National University of Ireland – University College Cork (UCC), o Indigo Rock Marine Research Station, a Lancaster University, NOTPLA e a OULU University of Applied Sciences.