Implementación de mecanismos de asesoramento e xestión costeira baseados en datos de observatorios
O Instituto de Investigacións Mariñas celebrará o próximo 12 de maio, en Santiago de Compostela, un workshop enmarcado dentro do Proxecto Atlazul e das actividades do "European Maritime Day in My Country".
PROGRAMA ACTUALIZADO DA XORNADA
O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) celebrará o próximo 12 de maio, en Santiago de Compostela, a xornada «Implementación de mecanismos de asesoramento e xestión costeira baseados en datos de observatorios».
Un workshop enmarcado dentro do Proyecto Atlazul (www.atlazul.eu) e dentro das actividades do "European Maritime Day in my Country" este workshop analizará o progreso e as capacidades dos sistemas de observación costeira implantados na costa atlántica da Península Ibérica, prestando especial atención ás melloras realizadas nas rexións de Galicia, Alentejo, Algarve e Andalucía dentro do Proxecto Atlazul, así como ás necesidades de información de sectores emblemáticos da economía azul.
Reunindo representantes da quíntupla hélice (gobernanza, industria, investigación, sociedade e medio ambiente), construiremos xuntos unha folla de itinerario para a implantación dos datos de observatorios costeiros, como a base para a xestión sostible e o seguimento de sectores crave da economía azul como a pesca, a acuicultura ou o turismo.
A xornada dividirase en tres grande bloques:
- 10:00h. Bloque I – Que temos? Observatorios da marxe Atlántica da Península Ibérica e melloras durante o proxecto Atlazul
- 12:00. Bloque II – Que precisamos? Novas necesidades de información e casos de éxito de creación de indicadores
- 15:30h. Bloque III – Dinámica interactiva para a creación da folla de ruta
Encantaríanos poder contar coas vosas achegas, non deixedes de consultar o Programa e nos vos esquezados de inscribirvos!