Saltar al contenido
Portada » Eventos » Work » Encontros IIM 2024 | 5ª fase

Encontros IIM 2024 | 5ª fase

Aquí podes ver todos os traballos presentados

Que son os Encontros?

Os Encontros son unha xuntanza informal anual, e esta será a quinta edición. Nesta reunión, todo o persoal do centro, tanto investigador como técnico, en prácticas, temporal ou funcionario, pode compartir o que fai co obxectivo de coñecernos mellor e ter unha idea máis concreta da actividade do IIM. Esta xuntanza fomenta a discusión científico-técnica e reforza os vínculos entre os grupos.

Este ano contaremos con 30 presentacións. A idea é que todo o persoal se sinta implicado e nos conte en que consiste o seu traballo diario, a través dun póster que poderá comentar durante a xornada nun tempo estimado de non máis de 5 minutos.

O evento interno será presencial para a comunidade do IIM.

Comité Científico-Técnico

Como tódolos anos, contamos cun Comité Científico-Técnico, co que esperamos que todo o persoal do instituto se sinta implicado e adecuadamente representado, e que axudará tamén a dinamizar estes Encontros 2024 na súa 5ª fase.

Un dos obxectivos dos membros do Comité é promover a participación equitativa nos Encontros, apoiar e asesorar na súa organización e actuar como moderadores o propio día da xuntanza.

  • Coordinación ?: Antonio Figueras (Equipo directivo), Jaime Amaro Blanco (UCC+I) e Loli Domínguez (UCC+I)
  • Representante do persoal técnico ?: Laura Gómez Montoto (Servizo de Microscopía e Análise de Imaxe)
  • Representante do persoal de xestión, transferencia e difusión ?: Iago Filgueira Félix (IACIC)
  • Representante predoutoral ?: Laura Guerrero Peña (POCG)
  • Representante de IPs ?‍?: Manuel Pazos Palmeiro (QPM)
  • Representante posdoutoral ?: Laura Casas Castaño (ERM)
  • Representante estudantes/TFM/TFG ??‍?: Elisa Barreiro Docío (AcuaBioTech)

Programa

Programa 1
programa 2