Saltar al contenido
Portada » Eventos » Society » VULNERABLES

VULNERABLES

?️ Centro Sociocultural de Bouzas

?️ 8 de xuño | ⏰ 12:00h

?‍??‍??‍??‍? Recomendable para público adulto

Entrada gratuíta con reserva previa


Que é ser «vulnerable»? A investigadora do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC, Natalia Petit, fará unha pequena introdución a este concepto e o seu significado, seguida dunha identificación de ecosistemas e especies vulnerables nos medios mariños, así como unha explicación de por que son considerados vulnerables.

Dende o Centro Sociocultural de Bouzas, ao mediodía do Día Mundial dos Océanos, a investigadora tamén abrirá un espazo de reflexión sobre o traballo da ciencia, das administracións e da cidadanía para reverter este estado de vulnerabilidade.

Actividade impartida por Natalia Petit e organizada por Susi Piñeiro (Unidade de Cultura Científica IIM-CSIC), en colaboración co Centro Sociocultural de Bouzas.

Entrada gratuíta con rexistro previo no propio Centro Social co que colaboramos. Deberá contactarse con eles ben presencialmente (rúa Eduardo Cabello, 53 – Vigo), por teléfono (886110935) ou por email (c.b.s.bouzas@xunta.es).