Saltar ao contido

Convocatoria aberta


Convocatorias Empleo Joven Fse 2024

Chama

Contratos formativos para técnicas/os superiores | Empleo Joven 2024 (FSE+)

Término: 31/07/2024

Descrición

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo (IIM-CSIC) ofrece 2 contratos formativos dun ano relacionados coa xestión da ciencia, dentro do programa Empleo Joven 2024 (FSE+) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A candidata ou candidato deberá ter menos de 30 anos no momento de inicio do contrato, previsto para o derradeiro trimestre de 2024. Ademais, deberán contar coa titulación de Técnica/o Superior en Administración e Finanzas, requirida para ambos contratos.

A xornada laboral será de 37.5 horas semanais, de luns a venres, e o salario será o correspondente ao grupo M1 segundo o IV Convenio Único da Administración Xeral do Estado (CUAGE) correspondente, actualmente, a 21.305'34€ brutos ao ano. Os contratos están cofinanciados pola Unión Europea.

É necesario contar coa titulación requirida en cada un dos contratos. Ademais, deberanse considerar todas as condicións específicas da convocatoria, recollidas na documentación presente na Sede Virtual do CSIC.

Por que o IIM?

O Instituto pertence ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas, a maior organización de investigación pública de España, a terceira de Europa e a sétima do mundo.  O IIM-CSIC é un dos institutos líderes en investigación mariña en España, cunha actividade diversa e unidades estratéxicas propias de Internacionalización, Transferencia e Cultura Científica. Con sede na cidade de Vigo, ofrecemos unha contorna de investigación dinámica que impulsa a carreira do noso persoal, ampliando as súas redes de colaboración e aumentando o seu impacto real na sociedade.


Un proxecto para impulsar a túa carreira!

IIM-CSIC,  como institución mariña dedicada á procura de coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza unha investigación multidisciplinar, respondendo aos retos globais e ás problemáticas locais, para permitir unha comprensión integral dos ecosistemas mariños.

En canto á convocatoria de Empleo Joven 2024 (FSE+), ofértanse 2 contratos formativos:

Como solicitar

Para poder solicitar un destes contratos deberá seguirse o procedemento descrito na convocatoria que se levará a cabo a través da Sede Virtual do CSIC.

A data límite para postularse é o 31 de xullo de 2024.

PREGUNTAS FRECUENTES


Ofrece
2