Biblioteca
Organizar o coñecemento científico para facelo accesible a todo o mundo é unha tarefa complexa que require de profesionais con extensa formación e amplo coñecemento.
O Servizo de Biblioteca do Instituto de Investigacións Mariñas é o equipo responsable destas tarefas. O servizo funciona como unha biblioteca de acceso público cun amplo catálogo de publicacións, tanto en papel coma en formato dixital, que están facilmente accesibles grazas ao seu catálogo dixital.
Tamén podes acceder ao repositorio aberto do CSIC (Digital.CSIC), unha fuente de publicaciones de acceso aberto para calquera persona externa ao centro.
A colección do Instituto abarca varios títulos centrados nos intereses de investigación do IIM, tales como Oceanografía, Pesquerías, Acuicultura, Ecoloxía marina o Química e tecnoloxía dos productos do mar, así como imaxes e títulos que sirven de archivo do pasado histórico e científico do IIM.
Ademais da tarefa de conservación da colección, o persoal do servizo de Biblioteca e Documentación garantiza o acceso á información e a documentación necesaria para levar a cabo os estudos, a docencia, a investigación e o coñecemento das diversas disciplinas científicas relacionadas co campo da investigación mariña.
Tamén prestan apoio ao persoal de investigación e ao persoal técnico á hora de actualizar as súas publicacións e perfís científicos en diversas bases de datos, tanto internas (ConCiencia, Digital.CSIC, etc.) como externas (WoS, Scopus, etc.) e facilitan o acceso a programas que fomentan o acceso aberto á información, seguindo el Mandato Institucional de Acceso Aberto e grazas ao apoio do Programa de Apoio á Publicación en Acceso Aberto do CSIC.
Se formas parte do persoal do IIM-CSIC, consulta o catálogo completo de servizos na Intranet do IIM.
