Innovación tecnolóxica transversal
Unha estratexia común que conecta todas as áreas de investigación do IIM-CSIC a través de ferramentas compartidas e plataformas interoperables.
Conectando investigación, tecnoloxía e coñecemento
O IIM-CSIC impulsa unha estratexia común de innovación tecnolóxica que conecta todas as súas áreas de investigación mediante ferramentas compartidas e plataformas interoperables. Esta transversalidade tecnolóxica apóiase enolóxica apóiase en cinco piares fundamentais que estruturan a capacidade científica e técnica do centro.
Os cinco piares
Tecnoloxías ómicas e biolóxicas avanzadas
Ferramentas moleculares de última xeración para o estudo integrado da biodiversidade, a fisioloxía e a saúde dos organismos mariños.
Sensórica e dixitalización do medio mariño
Plataformas de observación, sensores e sistemas de adquisición de datos que permiten caracterizar o océano en múltiples escalas espazo-temporais.
Ciencia de datos, IA e modelización
Análise avanzada de grandes volumes de datos, intelixencia artificial e modelización preditiva aplicados ao estudo e xestión do medio mariño.
Bioprocesos e enxeñaría azul
Diseño e escalado de procesos biotecnolóxicos e enxeñaría aplicada á valorización sostible de recursos e subprodutos marinos.
Plataformas abertas e ciencia reproducible (FAIR)
Infraestruturas dixitais e protocolos que garanten que os datos e resultados da investigación sexan localizables, accesibles, interoperables e reutilizables, seguindo os principios FAIR da ciencia aberta.
Estas capacidades facilitan a integración da investigación, a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento de solucións innovadoras para a xestión sostible do océano, en liña coas estratexias nacionais e europeas de ciencia aberta, digitalización e misión oceánica.
