Saltar ao contido

Convocatoria aberta


30

Chama

JAE Intro 2023 | Até o 15/05 | Para grao e máster

Término: 15/05/2023

Descrición

O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) ofrece 15 programas de formación para estudantes de último ano de grao e máster para promover a introdución á investigación en ciencias do mar dentro do programa de Bolsas JAE Intro do CSIC.

A bolsa terá unha duración de 7 meses consecutivos, cun pago mensual de 600 € (4.200€ en total). Requírese unha nota media mínima (GPA) de grao de 8.00 (ou de 7.00 para a rama de coñecemento de Enxeñería e Arquitectura). 

O prazo para presentar a solicitude termina o 15 de maio. Ao final desta páxina pode atoparse máis información sobre o proceso de solicitude.

Por que o IIM?

O Instituto de Investigación Mariñas (IIM-CSIC) é unha opción perfecta para o inicio da túa carreira investigadora. O IIM representa unha das principais institucións de investigación mariña a nivel estatal e forma parte do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), principal organismo de investigación do país, no top 5 de organismos públicos de investigación europeos e sétimo a nivel mundial.

O instituto ofrece unha contorna de investigación viva e diversa, ideal para introducirse no mundo da ciencia. Somos un centro comprometido co impacto real na sociedade, creando novas redes de colaboración de forma activa grazas ás nosas propias Unidades Estratéxicas de Internacionalización e Transferencia (IACIC) e Cultura Científica (UCC+I).

Traballa connosco e descubre, dende dentro, o mundo da investigación mariña!


Quince plans de formación para iniciarte na investigación

O IIM-CSIC, como institución de investigación mariña dedicada á produción de coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza unha investigación multidisciplinar que responde aos retos globais e ás inquedanzas locais permitindo unha comprensión integral e global dos ecosistemas mariños.

En canto á Convocatoria JAE Intro 2023, atópanse dispoñibles os seguintes proxectos de formación. Convídase as persoas solicitantes a poñerse en contacto cos supervisores e supervisoras correspondentes para obter máis información sobre os seus programas formativos. Os contactos aparecen definidos a continuación:

Como solicitar

Todo o procedemento debe realizarse a través da Sede Virtual do CSIC e a Aplicación Convocatoria (incluída na propia Sede).

As persoas candidatas deberán rexistrarse, achegar a información e documentación necesaria para acreditar os seus coñecementos e seleccionar unha Área Global para a súa solicitude antes do 15 de maio de 2023.

Todas os plans de formación do IIM-CSIC poden atoparse na área Vida. O código para cada oferta pódense atopar no despregable superior nesta páxina.

Que pasa tras a solicitude? 

  1. Revisión | 1-2 semanas: Unha vez realizada a solicitude comprobaráse se todo está en orde e a candidatura é elixible para a convocatoria.
  2. Corrección | 10 días hábiles: As solicitudes excluídas poden achegar nova documentación e alegacións para ser elixibles. Publícase a lista definitiva de persoas admitidas. Ábrese un prazo de alegacións.
  3. Avaliación | 1-2 semanas: Asignaráselles unha puntuación a todas as solicitudes admitidas.
  4. Proposta de resolución provisional (PRP): Aquelas persoas con maior puntuación recibirán un “Acordo de Incorporación”, é dicir, unha invitación para ser persoa beneficiaria dunha bolsa JAE Intro 2023, ata cubrir a cota das bolsas. As persoas seleccionadas deberán escoller a oferta da súa preferencia na área á que se presentaron. As non seleccionadas entrarán en reserva.
  5. Proposta de resolución definitiva (PRD): Ábrese un prazo de 15 días para que as persoas seleccionadas contacten cos seus potenciais supervisores e supervisoras para definir o seu plan de formación. As persoas que recibisen un Acordo de Incorporación deberán envialo especificando o plan de formación seleccionado asinado tanto pola persoa solicitante como pola persoa que supervisará o plan de formación.

Para máis información, convidamos as persoas candidatas a consultar a información ofrecida polo Departamento de Posgraduado e Especialización do CSIC nas súas redes. Máis información tamén dispoñible na Sede do CSIC e nos botóns amarelos situados no lateral desta páxina.

Realiza a túa solicitude


Ofrece
15