Pesquerías
O peixe e os produtos pesqueiros están entre os bens comerciais de meirande importancia do mundo. Isto tradúcese en máis de 80 millóns de toneladas de capturas mariñas a nivel mundial e en 39 millóns de postos de traballo en pesquerías en todo o mundo.
A escala local, a actividade pesqueira en Galicia conta cunha importante tradición que se remonta séculos atrás; dende o punto de vista socioeconómico, Galicia posúe arredor dun 43 % das embarcacións e case un 40 % dos empregos relacionados coa pesca en España, superando as 150.000 toneladas descargadas en 2019, cun valor superior aos 470 millóns de euros (pescadegalicia.org).
Porén, a pesca non sustentable experimentou un constante aumento dende a década de 1970, aínda que este ascenso está a frear. As medidas encamiñadas a axustar as capturas de peixe segundo o rendemento máximo sostible ou as obrigas de descarga establecidas recentemente tentan aumentar a abundancia e mellorar o estado de saúde das poboacións pesqueiras, asegurando así a sostibilidade da pesca.
As pesquerías sostibles precisan innovacións que reduzan os seus custos operativos e melloren os seus beneficios sen danar as poboacións. O IIM-CSIC conta cunha longa tradición na colaboración co sector pesqueiro a distintos niveis para contribuír á súa adaptación fronte a estes novos retos.
A continuación podes ver todas as nosas capacidades e servizos asociados.
Grupos de investigación
Capacidades
- Capacidades | Novas tecnoloxías para a detección rápida de patóxenos en produtos da pesca e da acuicultura
Desenvolvemento de técnicas de espectroscopia de masas para a identificación e cuantificación rápida de parasitos en produtos do mar, así como de técnicas de proteómica para identificar microorganismos patóxenos, parasitos de peixes e proteínas alerxénicas.
- Capacidades | Avaliación de ameazas e puntos de control críticos nas cadeas de valor dos produtos do mar
Avaliación e desenvolvemento de protocolos para identificar os puntos e produtos máis problemáticos canto á contaminación microbiolóxica e infestación parasitaria ao longo da cadea de valor dos produtos do mar.
- Capacidades | Desenvolvemento de ferramentas de xestión e toma de decisións baseadas en modelaxe e simulación de escenariosProtección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura Pesquerías
Desenvolvemento de ferramentas específicas para espazos concretos que permitan a avaliación, xestión e toma de decisións baseada na modelaxe dos impactos de escenarios ambientais actuais e posibles escenarios futuros (contaminación, cambio climático, etc.) sobre as condicións oceanográficas, a distribución da biodiversidade, a resposta fisiolóxica ou o desempeño das pesquerías e a acuicultura.
- Capacidades | Desenvolvemento de aplicacións de Intelixencia Artificial para a xestión de pesquerías
Desenvolvemento de algoritmos de Deep Learning que permiten automatizar os procesos de vixilancia das pesquerías e reducir o tempo e os custes en comparación co procesamento mediante observación humana. As aplicacións desenvolvidas van dende sistemas innovadores de vixilancia electrónica remota en tempo real, que identifican e cuantifican as capturas totais dos barcos de pesca (p. ex., iObserver), ata novas técnicas de recoñecemento de imaxe que permiten identificar os peixes a nivel individual e estimar parámetros poboacionais.
- Capacidades | Avaliación de stocks pesqueiros mediante o uso de enfoques tradicionais e de ecoloxía molecular
Desenvolvemento de modelos de avaliación de stock para estimar o estado das poboacións de peixes e os valores de Rendemento Máximo Sostible das pesquerías a partir de datos de presión pesqueira e parámetros de dinámica de poboacións (abundancia, distribución, idade, fecundidade, etc.) obtidos mediante métodos tradicionais e técnicas -ómicas, que permiten unha resolución espacial moito maior.
Servizos

Unidade Técnica de Biobanco

SIES: Identificación de Especies e Secuenciación de ADN

SEMAIM: Microscopia óptica e análise de imaxe

PEACHESEA: Análise de acidificación oceánica

Monitorización e observación do medio mariño

Determinación de metais no medio mariño

LNREMB: Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos

Historia Vital

Xenómica e análises bioinformáticas

Xenómica funcional de peixes

Cromatografía e ómica avanzada
Proxectos activos
- BIVALNET -

Red para el estudio y promoción de los servicios ecosistémicos de bivalvos

Investigador/a Principal:FernándezBabarroJose ManuelInstitución financiadora:Ayuda RED2022-134186-T financiada por MICIU/AEI
/10.13039/501100011033. Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades - Agencia Estatal de InvestigaciónFinanciamento para o IIM-CSIC:18300€Doao - CONECTEE -

Conectividad Ecológica y el papel del Parque Nacional Islas Atlánticas de Galicia en la conservación de Elasmobranquios costeros

Investigador/a Principal:AlonsoFernándezAlexandreInstitución financiadora:Red de Parques Nacionales - MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICOFinanciamento para o IIM-CSIC:155137€Doao - MOVE -

Movescapes, connectivity hotspots and eco-evolutionary dynamics: protecting the
functional role of predatory coastal fishes
Investigador/a Principal:AlonsoFernándezAlexandreInstitución financiadora:Agencia Estatal de Investigación (AEI - Biodiversa+). Proyectos de colaboración Internacional 2022-2. Programa Estatal para Afrontar las Prioridades de Nuestro Entorno. Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2021-2023.Financiamento para o IIM-CSIC:173700€Doao - LIFE REFISH -

Flexible biorefinery to valorise discards and by-products of the European fish and seafood production (REFISH)

Investigador/a Principal:VázquezÁlvarezXosé AntónInstitución financiadora:LIFE Environment (Nature & Circular Economy)Financiamento para o IIM-CSIC:357637€Doao
Using fishers knowledge to understand the use of alternative gears to static gillnets in the ASCOBANS Region

Investigador/a Principal:PierceGraham JohnInstitución financiadora:Whale and Dolphin ConservationFinanciamento para o IIM-CSIC:6050€Doao- PESCANDO 4.0 -

Plataforma Blockchain e IoT para garantizar la trazabilidad, seguridad, calidad y sostenibilidad en la cadena de valor de los productos pesqueros

Investigador/a Principal:VilasFernándezCarlosInstitución financiadora:PROYECTO FINANCIADO POR EL PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA Y LOS FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION EU EN EL MARCO DEL REAL DECRETO 685/2021 DEL 3 DE AGOSTOFinanciamento para o IIM-CSIC:145812€Doao - SINERXIA -

Asesoramiento formativo técnico sobre Técnologías Facilitadores (TFE) relacionadas con el sector pesquero y agroalimentación

Investigador/a Principal:SaboridoReyFranInstitución financiadora:SINERXIA SLUFinanciamento para o IIM-CSIC:8264€Doao - VALOR -

Valorización integral de los efluentes y residuos de pieles generados en el proceso de producción de gelatinas marinas de alta calidad

Investigador/a Principal:VázquezÁlvarezXosé AntónInstitución financiadora:CSICFinanciamento para o IIM-CSIC:21600€Doao - Contrato Programa -

AYUDA CONVENIO ENTRE CSIC Y LA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN -GAIN- PARA EL DESARROLLO DE PROGRAMAS DE I+D+i EN LOS INSTITUTOS DE INVESTIGACIÓN DEL CSIC EN GALICIA Y EN LOS CENTROS OCEANOGRÁFICOS DEL INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (CSIC-IEO). 2021-2022

Investigador/a Principal:SaboridoReyFranInstitución financiadora:Agencia Galega de InnovaciónFinanciamento para o IIM-CSIC:521824€Doao
Análise dos parámetros ambientais da Ría de Vigo e a súa influencia na abundancia de colonias de organismos procariotas intracelulares, simbiontes habituais na branquia de ameixa rubia

Investigador/a Principal:GilCotoMiguelVillacierosRobineauNicolasInstitución financiadora:CIMA-Xunta de GaliciaFinanciamento para o IIM-CSIC:14920€Doao