Biografía

Graduada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) cun máster interuniversitario en Técnicas Estatísticas (USC, UDC e UVigo). Adentreime no mundo da investigación mediante un convenio de prácticas no Instituto Español de Oceanografía, onde elaborei un traballo de fin de máster sobre o estudo do funcionamento de métodos de avaliación de poboacións de peixes pobres en datos. Dende marzo de 2024, estou contratada no Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en Vigo, no marco do proxecto europeo REDUCE. O meu traballo consiste no desenvolvemento de algoritmos de aprendizaxe profunda para a identificación e cuantificación das principais interaccións de bycatch de megafauna mariña (especies vulnerables coma tortugas, tiburóns, algúns cetáceos...) durante a actividade pesqueira no Océano Atlántico Centro-Oriental.