XI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil
O IIM-CSIC participará como invitado no Acto de Clausura do XI Foro Intercomunitario de Investigación xuvenil.
Xosé Pintado, do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños, participará como convidado no XI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil que se celebrará do 24 ao 26 de novembro.
O Foro é unha iniciativa colaborativa, promovida pola escola cooperativa Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, xunto co Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas Galegas - EspazoCoop.
O Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil (FIIJ) nace a finais do curso 2009-2010 por iniciativa dos centros educativos, entre os que se atopan as cooperativas de ensino, coa intención de ofrecer un espazo para difundir traballos de investigación e experiencias realizados polo alumnado da ESO, coa orientación do seu profesorado. É un encontro dirixido a estudantes de 1º a 4º da ESO aberto á participación de calquera centro, público, privado ou concertado, do territorio español.
Nesta XI edición participarán máis de 85 escolares de educación Secundaria e do último ciclo de Primaria, pertencentes a 8 centros de ensino de Galicia e Cataluña, entre eles 4 cooperativas de ensino membros da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
No dossier do Foro previsto pódese apreciar a variedade de ámbitos temáticos dos 26 Traballos de Investigación que se presentarán.
O Acto de Clausura terá lugar o venres 25 de novembro ás 18 h contando coa presenza de José Luis Vázquez López, Presidente do Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía, Belén Rubio Armesto, Vicerreitora de Investigación da UVigo, Xosé Pintado, Vicedirector de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), e Miguel Anxo Filgueira Touriño, Vicepresidente da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.