Vigo, mércores, 26 de xuño de 2023. A Universidade de Vigo convocou os Premios Alumni-UVigo 2023, co fin de promover a excelencia e recoñecer o labor persoal e profesional das persoas usuarias da comunidade alumni-UVigo que destaquen por unha traxectoria centrada na vontade de inducir cambios na sociedade. 

A pre-selección das candidaturas por parte do Xurado realizouse atendendo as achegas e curriculum presentado polas persoas candidatas, seleccionando aquelas que contribuísen de forma substancial ao desenvolvemento da súa profesión con impacto a nivel rexional, nacional e/ ou internacional.

Un xurado foi o encargado de seleccionar tres finalistas por cada unha das categorías en xogo: Investigación, Impacto Social, Humanidades, Traxectoria Profesional e Emprendemento.

A listaxe de finalistas está publicada na web de AlumniUVigo https://alumni.webs.uvigo.es/. Aberto o prazo de votación aberta entre todas as persoas usuarias da comunidade Alumni-UVigo (i. e., formalmente rexistradas e posuidoras da acreditación) para elixir de entre as tres persoas finalistas o gañador ou gañadora de cada modalidade.

O día 7 de xullo, a Universidade está a preparar unha cerimonia pública onde se darán a coñecer as persoas que levarán a honra de ser as primeiras premiadas deste certame.

O proxecto de comunidade Alumni-UVigo púxose en marcha pola UVigo en febreiro de 2021, en colaboración co Consello Social, para fomentar unha conexión permanente entre a institución e os egresados ao longo de toda a súa vida persoal e profesional.

A finalista do IIM-CSIC, Mónica Carrera Mouriño

A Dra. Mónica Carrera é Científica Titular do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo, dende 2020. Licenciada en Bioloxía (UVigo, 1996-2000) e doutorada na mesma materia (IIM-CSIC, 2008), é experta en Proteómica Avanzada aplicada á Calidade e Seguridade Alimentaria. Mónica traballou e colabora con distintos centros de investigación como a propia Universidade de Vigo (UVigo), o CBMSO, a UCM, o IMSB Zürich ou a empresa Thermo Fisher Scientific dos EUA.

Ademais, actuou como Investigadora Principal en 9 proxectos de investigación e aplica as técnicas de Proteómica ao control, estudo e terapia de alérxenos no peixe. As súas investigacións deron lugar a unha patente, ao rexistro de novos alérxenos alimentarios e a métodos rápidos para a detección de alérxenos en alimentos. Actualmente está embarcada no desenvolvemento de vacinas para a alerxia ao pescado.

Se queres saber máis sobre Mónica, non perdas a súa entrevista do pasado xaneiro 2022.

More