
- Este evento pasou.
Investigación en esclerocronoloxía no mar Adriático: que podemos aprender das cunchas dos bivalvos?

Melita Peharda é científica sénior no Institute of Oceanography and Fisheries (Split, Croacia) e visitará o IIM-CSIC a vindeira semana. A súa investigación sitúase no campo da ecoloxía mariña e está relacionada principalmente coa ecoloxía de bivalvos e a esclerocronoloxía, incluíndo a análise de tecidos, estruturas de incrementos de crecemento das cunchas e xeoquímica da cuncha. Ao analizar as variacións físicas e químicas nos tecidos duros acrecionarios dos organismos, pódese obter moita información con aplicacións para a xestión e conservación de especies de bivalvos comercialmente importantes e protexidas.
Melita explicaranos a súa investigación no mar Adriático e presentará brevemente o Institute of Oceanography and Fisheries, que foi a primeira institución científica nacional dedicada á investigación mariña en Croacia, con moitas semellanzas co noso IIM-CSIC polo seu amplo enfoque multidisciplinar, que abrangue oceanografía biolóxica, química e física, así como sedimentoloxía, pesca e maricultura.
Estades todas e todos convidados a coñecela o vindeiro luns, 9 de outubro, ás 13:30 no Salón de Actos do IIM-CSIC.
