
- Este evento pasou.
Visitas Escolares ao IIM | Colexio Nuestra Señora da Esperanza

Despois da benvida e presentación do traballo realizado no IIMC-CSIC pola UCC+I do centro, os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer os nosos acuarios. Nesta ocasión, ademais, o grupo Biosistemas e Enxeñaría de Bioprocesos, con Carlos Vilas, Adrián Pedreira e Míriam R. García, mostráronlles a planta piloto dentro do proxecto “Modelos basados en datos e actualización de modelos para xemelgos dixitáis”, facendo especial énfase no morbistostato no contexto do proxecto “Xemelgos dixitáis para hixienización en procesos da industria alimentaria”.
Tamén compartiron tempo coa unidade SEMAIM: Microscopia óptica e análise de imaxe, onde as compañeiras Lucía Sánchez Ruiloba e Laura Gómez Montoto mostraron o traballo desenvolvido nesta unidade.
Moitas grazas por vir!
