Nuestros orígenes: momentos clave en el IIP
ESPECIAL 50 ANOS EN BOUZAS | Encontros Espresso do IIM-CSIC con Ricardo Prego do Grupo de Bioxeoquímica Mariña, o 13 de setembro no Salón de Actos do IIM-CSIC.
(enlace dispoñible no día da transmisión)
Os “Encontros Espresso" son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.
Nesta ocasión teremos un Encontros Espresso especial, co gallo dos 50 anos do comezo do traballo do IIM-CSIC na vila de Bouzas. Unha ocasión especial para recordar as orixes deste edificio e desta veciñanza coa que tanto temos compartido, dando grazas por estas 5 décadas de ciencia mariña ao voso carón.
Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.
Este novo formato celebrarase cada dúas semanas, ás 11:00 horas no Salón de Actos do IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía ("Espresso") para favorecer o bo fluír da comunicación.
Desta vez encontrámonos. unha vez máis, co noso compañeiro, Ricardo Prego, procedente do Grupo de Bioxeoquímica Mariña.