Visitas Escolares ao IIM | Grao de Ciencias do Mar da UVigo
Este mes de maio tivemos o pracer de recibir a 15 alumnos e alumnas do Grao de Ciencias do Mar da UVigo
Foi un pracer darlle a benvida ao Grao de Ciencias do Mar da UVigo nas nosas instalacións no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles:
10:00 - Recepción e Benvida:
Iniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I.
Visitas a Laboratorios e Acuario:
Durante a visita, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario, guiados por expertos en cada área:
- Bioxeoquímica Mariña (Ricardo Prego)
- Grupo de Inmunoloxía e Xenómica ( Beatriz Novoa).
- Ecoloxía e Recursos Mariños (Lara García e Helena Domínguez)
- Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños (Raquel Nogueira)
Esta acción foi organizada pola UCC+ I do centro e levouse a cabo no marco dos proxectos “OceanNight”
14:00 - Despedida:
Esperamos que disfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)!