O CSIC rende homenaxe en Santiago de Compostela ao persoal que cumpre 25 ou 50 anos de servizo
Ao acto, presidido polo delegado institucional do CSIC en Galicia, asistiron representantes dos equipos directivos dos institutos.
Os homenaxeados, persoal científico, técnico, de dirección, administración e servizos, recibiron a insignia da axencia e un diploma acreditativo. En total, son 12 as persoas procedentes dos Centros Oceanográficos de MBG (Pontevedra), IIM (Vigo), INCIPIT (Santiago de Compostela) e IEO da Coruña e Vigo.
Santiago de Compostela, martes 20 de febreiro de 2024. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) celebrou esta mañá en Santiago de Compostela un acto institucional para homenaxear ao persoal funcionario e laboral que desenvolve a súa labor nos institutos do Consello en Galicia e que teña cumpridos 25 ou 50 anos de servizo no CSIC ou noutros organismos da Administración xeral do Estado, cinco dos últimos no CSIC.
A referencia temporal son os anos 2021 e 2022 e este tipo de eventos estanse a celebrar nas distintas comunidades autónomas no marco dunha iniciativa tradicional da institución.
O acto, que tivo lugar na sede do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” (San Roque, 2), contou coas intervencións do director do IEGPS, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda; da delegada do CSIC en Galicia, Carmen González Sotelo e de Ángel F. González González e Sandra María Louzán Tomé en representación dos homenaxeados.
Relación de distinguidos
Pola Misión Biolóxica de Galicia (sede Pontevedra)
Javier Rey Campos
Marta Santalla Ferradas
Polo Instituto de Investigacións Mariñas (Vigo)
Ángel Francisco González González
Graham John Pierce
Jorge Fernando Alonso del Río
Polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Santiago de Compostela)
Ángel Rodríguez Paz
Polo Centro Oceanográfico da Coruña
Santiago Cerviño López
Jorge Lorenzo Salamanca
Sandra María Louzán Tomé
Polo Centro Oceanográfico de Vigo
José Luis Villaverde Rosales
Germán Camaño Giráldez