INSCRICIÓN

Santiago de Compostela/Vigo, xoves 1 de xuño de 2023. Mañá, venres 2 de xuño, o Museo do Mar de Vigo acolle a xornada “Ollando cara ou norte”, organizada por “Observadores do Mar”, plataforma de ciencia cidadá mariña do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en colaboración co Instituto de Investigacións Mariñas. A xornada, que se celebra no marco do proxecto LIFE-INTERMARES, que impulsa a Fundación Biodiversidade (Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico), divídese en:

Unha sesión de mañá (10.00-13.00 horas), que se desenvolve ao redor de conferencias e unha mesa redonda. E unha sesión de tarde (16.00-19.00 horas), que consta de talleres.

A mañá constará dunha primeira parte de relatorios sobre “Observadores do Mar”, a cargo de Joaquim Garrabou (ICM-CSIC); “Programas de seguimento de especies vulnerables en España”, a cargo de Macarena Marambio (ICM-CSIC); “Familia Signátidos, fascinantes e vulnerables”, a cargo de Miquel Planas (IIM-CSIC) e “Especies invasoras”, a cargo de Rafael Bañón (GEMM). Seguidamente, unha segunda parte en formato de mesa redonda, titulada “Ciencia cidadá mariña para a investigación, a administración e a cidadanía. Sinerxias entre diferentes sectores” que contará coa participación de Paulino Cameselle (Centro de mergullo CIESUB); Noelia Estévez (Xunta de Galicia, REDOGAL); José Antonio Fernández (Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia); Fabián Ben (Federación Nacional de Confrarías de Pescadores); Jesús S. Troncoso (Universidade de Vigo) e Eva Velasco (IEO Vigo, DIVERSIMAR). Estará moderada por Sandra Espeja (Observadores do Mar)

A sesión de tarde, que consta de talleres, a modo de sesións teórico-prácticas en profundidade, sobre “Observadores do Mar: como formar parte desta comunidade de ciencia cidadá mariña”, “Cabaliños de mar e peces pipa: coñecer para protexer” impartido por Miquel Planas (IIM-CSIC) e “Especies invasoras no Atlántico norte”, impartida por Rafael Bañón (GEMM)

É de asistencia e participación gratuíta previa reserva na seguinte ligazón: bit.ly/OllandoNorte

Adhesión do IIM-CSIC ao Acordo de Colaboración

Na xornada anunciarase a unión do IIM-CSIC ao acordo de colaboración entre os centros mariños do CSIC para dar apoio á coordinación e reforzar o seu compromiso coa plataforma de ciencia cidadá mariña Observadores do Mar, favorecendo a súa consolidación na costa atlántica.

O Instituto vigués leva participando nesta plataforma desde 2016, a través do proxecto “Familia Signátidos”, coordinado polo investigador Miquel Planas quen será tamén o nexo de unión nesta nova etapa.

Esta firma enténdese no marco doutras accións tomadas polo centro vigués nos últimos meses, como o seu apoio á proclamación do día 9 de marzo como “Día do Naturalismo Galego”. Unha efeméride na que o IIM xa conectaba este fenómeno de estudo da natureza coa actual aposta dos centros mariños do CSIC pola ciencia cidadá como ferramenta de observación da natureza, en xeral, e do mar en particular.

Observadores do Mar

Está coordinado por centros de investigación mariña do CSIC (Institut de Ciències do Mar, ICM; Centre d’Estudis Avançats de Blanes, CEAB; Institut Mediterrani d’Estudis d’Estudis Avançats, IMEDEA; Instituto Español de Oceanografía, IEO; e Sistema de Observación Costeiro das Illes Balears, SOCIB). Así mesmo, é socio do proxecto LIFE INTEMARES, que impulsa a Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e mantén unha alianza coa Fundación Marilles en Baleares.

Dedícase, desde 2012, á investigación e conservación mariña coa sociedade. Para iso, reúne a unha comunidade de máis de 4.000 persoas voluntarias e 400 entidades que participan en 17 proxectos sobre temáticas ambientais mariñas. Conta cun centenar de científicos que se encargan de validar a información achegada pola cidadanía.

Máis información

More