Buscamos profesional en Informática, Matemáticas ou Física
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo (IIM-CSIC) oferta 1 posto de traballo con unha duración aproximada de 10 meses no Grupo de Biosystem & Bioprocess Engineering
A candidata ou candidato deberá ter rematado o seus estudos de Grao, Licenciatura ou equivalente na rama de informática, física ou matemáticas.
Por que o IIM?
O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) é unha opción perfecta para desenvolver a túa carreira profesional. O IIM representa unha das principais institucións de investigación mariña a nivel estatal e forma parte do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), principal corpo de investigación no país, cuarto en Europa e sétimo a nivel mundial.
O IIM-CSIC, como institución de investigación mariña dedicada ao desenvolvemento do coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza investigacións multidisciplinares que responden aos retos globais e ás preocupacións locais: posibilitando un entendemento. ecosistemas mariños completos e globais.
O instituto ofrece un ambiente de investigación vivo e diverso, ideal para entrar no mundo da ciencia. Somos un centro comprometido co impacto real na sociedade, creando activamente novas redes de colaboración grazas ás nosas propias Unidades Estratéxicas de Internacionalización e Transferencia (IACIC) e Cultura Científica (UCC+i).
Traballa connosco e descubre, desde dentro, o mundo da investigación mariña!
Un contrato dispoñible no IIM-CSIC
TITULACIÓN
Informática, Matematicas ou Física
TAREFAS A DESENVOLVER
- Análise de imaxes de diferentes especies de invertebrados/bentos obtidas polo sistema de monitorización electrónica iObserver para a súa preparación como entradas a algoritmos de identificación.
- Re-programación e adaptación de algoritmos de aprendizaxe profunda dispoñibles para especies pesqueiras ou desenvolvemento de novos algoritmos específicos para a identificación das especies de invertebrados/bentos representativas dos espazos mariños vulnerables analizados no marco do proxecto
DURACIÓN
Tempo estimado de 10 meses.
As persoas interesadas en participar nesta oferta deberán poñerse en contacto con Luis Taboada (ltaboada@iim.csic.es)
Those interested in the offer must contact Luis Taboada by email at ltaboada@iim.csic.es.