Saltar al contenido

Convocatoria abierta


Posdoutoral Xunta 2024

Convocatoria

Investiga no IIM-CSIC | Axudas á Etapa de Formación Posdoutoral da Xunta de Galicia 2024

Plazo: 19/03/2024

Descripción

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo (IIM-CSIC) ofrece 1 tema de investigación para solicitar un contrato posdoutoral connosco, dentro do programa da Axudas de Apoio á Etapa de Formación Posdoutoral da Xunta de Galicia.

A candidata ou candidato deberá ter rematado o seu doutoramento en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2019 (con certas excepcións), e os estudos que deron acceso ao mesmo (Grao, Licenciatura ou equivalente) en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2013. Así mesmo, non pode ter experiencia posdoutoral no estranxeiro superior a 2 anos, nin ter sido seleccionado en convocatorias previas de axudas posdoutorais da Xunta de Galicia ou da Axencia Estatal de Investigación (AEI).

A convocatoria conta con disposicións especiais relacionadas coas persoas que opten á condición de bolseiras Fulbright.

Novidades desta convocatoria

  • Aumentarase a duración das axudas ata un máximo de 6 anos, dividida en dúas fases cunha avaliación intermedia por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, en colaboración coa Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), sendo necesario obter unha avaliación positiva para o acceso á segunda fase da axuda.
  • En relación ás estadías, estas terán unha duración do seu período total de desenvolvemento dun mínimo de 20 meses e dun máximo de 24 meses de forma continuada. 

IIM-CSIC é un dos institutos punteiros en investigación mariña de España e ofrece un ambiente ideal para fomentar e consolidar a traxectoria de investigadores en diferentes etapas da súa carreira investigadora. Únete ao Instituto e impulsa a túa investigación con nos!

Por que o IIM?

O Instituto pertence ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas, a maior organización de investigación pública de España, a terceira de Europa e a sétima do mundo.  O IIM-CSIC é un dos institutos líderes en investigación mariña en España, cunha actividade diversa e unidades estratéxicas propias de Internacionalización, Transferencia e Cultura Científica. Con sede na cidade de Vigo, ofrecemos unha contorna de investigación dinámica que impulsa a carreira do noso persoal, ampliando as súas redes de colaboración e aumentando o seu impacto real na sociedade.


Un proxecto para impulsar a túa carreira!

IIM-CSIC,  como institución mariña dedicada á procura de coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza unha investigación multidisciplinar, respondendo aos retos globais e ás problemáticas locais, para permitir unha comprensión integral dos ecosistemas mariños.

En canto á convocatoria de Axudas de Apoio á Etapa de Formación Posdoutoral da Xunta de Galicia, a seguinte investigadora amosou o seu interese no programa e actualmente está a buscar unha persoa candidata interesada para traballar dentro do seguinte proxecto:

Cómo solicitarlo

Contacta coa supervisora do tema de investigación, achegando o teu CV e o teu expediente académico, para obter máis detalles do proceso de selección e solicitude antes do 12 de marzo de 2024.

Ten en conta que unha vez que contactes e se te seleccionamos, a supervisora e ti teredes que discutir, escribir e completar unha solicitude conxunta para a Axencia Galega de Innovación – Xunta de Galicia.

Recomendamos que contactes coa supervisora o antes posible! ?‍? ? Camino Gestal

Preguntas frecuentes

Inmunidade no polbo: novas estratexias para o avance do benestar animal nunha acuicultura sostible

Supervisa: ?‍? ? Camino Gestal

Página web do grupo: Patobiología Molecular Marina

El pulpo común, Octopus vulgaris, forma parte de una rama evolucionada de moluscos que presenta características más desarrolladas que el resto de su grupo, lo que hace que sea un modelo animal invertebrado muy utilizado. Sin embargo, el conocimiento de su sistema inmunitario es limitado.

El pulpo es además una especie comercialmente importante y cuya acuicultura está en vías de desarrollo a nivel industrial. Para proteger este importante recurso pesquero en Galicia, actualmente sobreexplotado y abastecer la demanda del mercado, es necesario desarrollar una acuicultura eficiente y sostenible que garantice la salud y el bienestar animal. Para ello una de las prioridades es la prevención y el control de enfermedades, así como la mejora de su capacidad de defensa y respuesta inmune frente a patógenos y agresiones externas.

El proyecto de la tesis se centrará en la identificación y estudio de las moléculas efectoras del sistema inmune de estos invertebrados. Se utilizarán herramientas moleculares de secuenciación masiva como transcriptómica de célula única y proteómica Shotgun para la caracterización de las células y las proteínas implicadas en la lucha contra patógenos y respuesta inmune de esta especie.