Short bio

Graduado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) cun máster en Comunicación Científica (MSc Science Communication & Public Engagement) pola Universidade de Edimburgo, a miña vocación inicial como biólogo levoume ao mundo da comunicación, do diálogo e da divulgación e Cultura Oceánica. Dende febreiro de 2020 son responsable de comunicación no Instituto de Investigación Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas do CSIC, en Vigo. Aquí traballo coa dirección e co noso equipo para coordinar e xestionar as redes sociais do Instituto e a súa presenza en Internet, incluíndo a xestión da programación, deseño e produción de contidos da nosa nova páxina web posta en marcha en abril de 2022. Actúo tamén como ligazón coa Unidade de Comunicación da Delegación do CSIC en Galicia coa que coordino as interaccións cos medios. Ao traballarconxuntamente cos equipos de Internacionalización e Transferencia (IACIC), por unha banda, e co de Cultura Científica (UCC), por outra, todos debemos apoiarnos nas accións que levamos a cabo para achegar o IIM á sociedade. Entre todos e todas, somos quen de organizar diversas campañas de divulgación en centros educativos, actividades, feiras, obradoiros e eventos de captación de talento. A isto hai que engadir os actos de comunicación interna ou imaxe corporativa que serven para unir a imaxe e a comunidade interna do noso Instituto e tamén abrilo á comunidade circundante.

Related projects