- Este evento ha pasado.
Gráficas mariñas. Palabras de ciencia

No marco das actividades da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía 2026 (SCC26), o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), a Universidade de Vigo e a Escola Oficial de Idiomas (EOI) presentan «Gráficas mariñas. Palabras de ciencia», unha iniciativa colaborativa que une ciencia mariña, ilustración e deseño.
O proxecto reúne 40 traballos realizados por estudantes de Deseño, que transforman palabras e conceptos científicos relacionados coa investigación mariña en propostas visuais, explorando novas formas de comunicar e achegar a ciencia á sociedade.
A exposición inaugúrase hoxe, 23 de novembro, ás 19:00 horas, na Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O acto contará cunha presentación a cargo de Silvia García e un debate posterior no que participará Isabel Acea, moderado por Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do IIM-CSIC.
A mostra poderá visitarse ata o 4 de decembro e constitúe unha oportunidade para achegarse á investigación mariña desde novas linguaxes e perspectivas creativas.
DATAS: Do 23 de novembro ao 4 de decembro de 2026.
INAUGURACIÓN: 23 de novembro, ás 19:00 h.
LUGAR: Escola Oficial de Idiomas de Vigo.
ORGANIZAN: Facultade de Deseño da Universidade de Vigo, IIM-CSIC e Escola Oficial de Idiomas de Vigo.
No marco da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía 2026 do CSIC.


