Saltar ao contido

Convocatoria aberta


Gal Esp 1

Chama

Bolsas TFM | JAE Intro ICUs 2023

Término: 30/09/2023

Descrición

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC de Vigo (IIM-CSIC) ofrece 8 bolsas para realizar Traballos de Fin de Máster (TFMs) no marco das Bolsas JAE Intro ICUs 2023.

O obxectivo destas bolsas é iniciarse na carreira investigadora, mediante a realización dunha estancia formativa remunerada durante o curso académico 2023-2024 en centros do CSIC.

Se queres solicitar a túa bolsa, le a ficha da convocatoria e completa o procedemento na Aplicación Convoca.

O prazo de solicitude abre o 1 de setembro. Recomendámosche que, antes de solicitar a bolsa, contactes cos supervisores ou supervisoras da oferta do teu interese.

As bolsas consistirán nunha achega mensual de 800€ por un período de 6 meses (idealmente entre xaneiro e xuño do 2024). A data exacta de inicio pode convirse co supervisor ou supervisora de cada oferta. O programa contempla unha dedicación máxima semanal de 20 horas.

A persoa candidata deberá ter un Título de Licenciatura ou Grao en materias relevantes a cada un dos proxectos ofertados, estar inscrita nun programa de máster e NON iniciar aínda o seu Traballo de Fin de Máster.

Por que o IIM?

O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) é unha opción perfecta para o inicio da túa carreira investigadora. O IIM representa unha das principais institucións de investigación mariña a nivel estatal e forma parte do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), principal organismo de investigación do país, cuarto en Europa e sétimo a nivel mundial.

O instituto ofrece unha contorna de investigación vivo e diverso, ideal para introducirse no mundo da ciencia. Somos un centro comprometido co impacto real na sociedade, creando novas redes de colaboración de forma activa grazas a nosas propias Unidades Estratéxicas de Internacionalización e Transferencia (IACIC) e Cultura Científica (UCC+I).

Traballa connosco e descobre, desde dentro, o mundo da investigación mariña!


Oito proxectos para iniciarte na investigación

O IIM-CSIC, como institución de investigación mariña dedicada ao desenvolvemento do coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza unha investigación multidisciplinar que responde os retos globais e ás inquietudes locais: permitindo unha comprensión integral e global dos ecosistemas mariños.

En canto á Convocatoria JAE Intro ICU2023, o Instituto oferta os seguintes proxectos de formación. Convídase as persoas solicitantes a poñerse en contacto cos supervisores e supervisoras para obter máis información antes de realizar a solicitude.

Para dúbidas relacionadas coas ofertas do IIM-CSIC, tamén podes contactar con jaeintro@iim.csic.es

Como solicitar

Se tes interese en solicitar un dos nosos proxectos de formación debes cumprimentar a solicitude unicamente utilizando a Aplicación Convoca do CSIC, na Sede electrónica.

Na páxina de JAE Intro ICUs 2023, tamén na Sede electrónica, atoparás máis información e toda a documentación, incluída a convocatoria.

Prazos e datas

Desde o 1 de agosto recomendámosche contactar, antes de realizar a túa solicitude, coas persoas responsables da oferta do teu interese.

O prazo presentación de solicitudes para as ofertas do IIM-CSIC é do 1 ao 30 de setembro de 2023.

Documentación a ter a man

Ten en conta que a aplicación che solicitará a seguinte documentación en formato .pdf:

▪ Documento de Identidade vixente.

▪ Grao: Certificación académica persoal ou Expediente académico (ver art. 8.4. da Convocatoria). No caso de estudos cursados en sistemas universitarios estranxeiros, o documento xerado por Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) co cálculo da equivalencia das cualificacións.

▪ Máster: matrícula do Máster Universitario oficial.

▪ Currículo xunto á documentación que acredite os méritos presentados. Deberás xuntar o CV e os documentos acreditativos dos méritors nun único PDF antes de presentalo.

▪ Declaración responsable segundo impreso:

– De non ser persoa beneficiaria dunha bolsa do programa JAE, en calquera das súas modalidades.

– De non estar en posesión ou disposición legal de obter o título de Doutor/a.

▪ Declaración responsable segundo impreso de que a persoa solicitante cumpre cos requisitos establecidos no art.6 da convocatoria.

Dúbidas?

Antes de consultar as túas dúbidas, recomendámosche que consultes a información dispoñible na Sede Electrónica del CSIC.

En concreto, non deixes de consultar:

  1.  A Guía para a Presentación de Solicitudes
  2.  As Preguntas Frecuentes (FAQs)

Se segues con dúbidas, contacta connosco:

  1. Para dúbidas relacionadas coa plataforma, o proceso xeral de solicitude ou as condicións da convocatoria, contacta coa Organización Central do CSIC en JAE Intro no IIM-CSIC.
  2. Para dúbidas sobre a temática, os prazos ou as datas das ofertas do IIM-CSIC contacta co Instituto de Investigacións Mariñas no correo de JAE Intro no IIM-CSIC ou coas persoas supervisoras de cada oferta.

✦
Ofrece
8