
- Este evento pasou.
O Colexio Maristas – El Pilar visita o IIM
Outubro 22, 2019

Durante esta visita, o Colexio Maristas tivo a oportunidade de conversar con varios grupos do instituto, entre eles Inmunoloxía e Xenómica, o Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos, e visitar o acuario do centro con Xoán e Rubén.
A visita foi guiada por Beatriz Novoa, Raquel Aranguren, Pepe Pintado, Patricia Ruiz e Lourdes Nieto.
Moitas grazas por vir, agardamos vervos aquí de novo!
Se ti tamén queres facernos unha visita, consulta a nosa páxina de información.
