
- Este evento pasou.
Día Mundial do Océano | O programa do IIM-CSIC

? Sabías que o océano alimenta millóns de persoas, acolle a biodiversidade máis rica e produce a metade do noso oxíxeno?
No Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo sabemos da importancia e da necesidade de coidar e protexer os nosos recursos mariños todos os días do ano. Guiados polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, traballamos xunto á comunidade, creando vínculos coa industria, promovendo a Cultura Oceánica e axudando ao noso contorno.
Porén, o Día Mundial do Océano sérvenos para levar á palestra a importancia do océano e do seu estudo. Para reivindicar unha ciencia mariña de calidade e fomentar o achegamento de toda a sociedade a esta gran masa de auga que nos une máis do que nos separa. Únete a nós nesta celebración!
Ás 12h | VULNERABLES

?️ Centro Social de Bouzas (Rúa Eduardo Cabello, 53)
?️ 8 de xuño | ⏰ 12h
???????? Recomendable para público adulto
Capacidade limitada. Inscrición a través do Centro Sociocultural de Bouzas / c.b.s.bouzas@xunta.es / 886110935
Que é ser “vulnerable”? A investigadora do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC, Natalia Petit, fará unha pequena introdución a este concepto e ao seu significado, seguida dunha identificación de ecosistemas e especies vulnerables nos medios mariños, así como dunha explicación de por que se consideran vulnerables.
Desde o Centro Sociocultural de Bouzas, ao mediodía do Día Mundial do Océano, a investigadora tamén abrirá un espazo de reflexión sobre o traballo da ciencia, das administracións e da cidadanía para reverter este estado de vulnerabilidade.
Ás 18h | Ciencia Mergullada no Museo

ENTRADAS DISPOÑIBLES A PARTIR DO 2 DE XUÑO, ÁS 17 HORAS
?️ No Museo do Mar de Galicia (Avda. da Atlántida, 160)
?️ 8 de xuño | ⏰ 18:00h
? Actividade para maiores de 14 anos. Capacidade limitada, inscrición a través de Eventbrite.
Grazas ao uso dunhas lentes de realidade virtual, mergúllate na ría de Vigo xunto co persoal do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC) para descubrir as investigacións que realizan desde o fondo do mar. Todo con imaxes gravadas pola Sociedade Cooperativa 13GRADOS e polo noso compañeiro da UMO, Manuel García Blanco, durante as súas saídas de campaña. Ademais, contaremos cunha serie de equipos de investigación do IIM que darán conta da súa experiencia traballando baixo a superficie.
Esta actividade está organizada pola UCC+I e pola UMO do IIM-CSIC, e conta coa colaboración dos grupos de Ecoloxía e Recursos Mariños e Procesos Oceánicos en Cambio Global, ademais da Sociedade Cooperativa 13 Grados e o Museo do Mar de Galicia.
Actividade impartida por Natalia Petit e organizada por Susi Piñeiro (Unidade de Cultura Científica IIM-CSIC), en colaboración co Centro Sociocultural de Bouzas. Entrada de balde!
