
- Este evento pasou.
O proxecto SEATRACES
Novembro 5, 2020

O ciclo de conferencias SEATraces Exhibition é unha actividade promovida polo CSIC a través do grupo de Bioquímica dos Alimentos do IIM. Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto europeo SEATRACES liderado por este mesmo grupo de investigación.
Con este ciclo de conferencias búscase ofrecer a todas as persoas participantes información sobre os dous aspectos principais sobre os que pivota o proxecto de investigación, a trazabilidade e a etiquetaxe, como ferramentas para pór en valor os produtos do mar.
