Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

G-NIGHT 2024 | Investigación na Ría

Setembro 27, 2024
Capacidade Completa Gnight 2024 3

PROGRAMA COMPLETO DA G-NIGHT EN VIGO

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo, únese como entidade colaboradora á G-NIGHT: Noite Galega das Persoas Investigadoras 2024 cun paseo en barco de balde pola ría de Vigo no serán do vindeiro venres.

Farao cun paseo en barco pola ría de Vigo no barco Nautilus, da empresa local Ocean Secrets, cunha duración aproximada de 1,5 horas. O público de tódalas idades poderá descubrir a diversidade mariña do fondo da nosa Ría gracias ao robot subnmariño que leva o barco e que amosará os fondos das nosas rías cunha perspectiva única.

Ademáis, contarase coa presenza de varias investigadoras e investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) que falarán das súas investigacións no contexto único da Ría de Vigo. Así, contarase coa presenza de: 

  • Lara García, do grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña (Ecobiomar)
  • Antonio Figueras, do grupo de Inmunoloxía e Xenómica
  • Isabel Teixeira, do grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global
  • Belén Arbones, do grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global

A capacidade xa está completa

A actividade feita no contexto da G-NIGHT será de balde e as prazas xa se atopan cubertas. Se quedaches fóra desta acción agardamos poder verte en futuros eventos!

A G-NIGHT: Noite Galega das Persoas Investigadoras

A G-NIGHT volve nesta nova edición como evento asociado á Noite Europea das Persoas Investigadoras 2024. Centos de investigadoras e investigadores, decenas de actividades e sete cidades nas que celebrar a G-Night

O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Outro ano máis, a Noite europea das persoas investigadoras celebrarase en Galicia con folgos renovados, da man de máis dunha ducia de institucións: universidadees, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, baixo o lema “Conciencias creativas”.

Podes ver máis información, así como o programa completo nas sete cidades galegas, no sitio web oficial da G-NIGHT.

O proxecto Galician Night of Researchers é un evento asociado a MSCA e Cidadanía, iniciativa da Unión Europea financiada por Marie Sklodowska Curie Actions. Identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2023-CITIZENS-01 (Marie Sklodowska-Curie Actions Noite Europea das Persoas Investigadoras 2024-2025). Ademais, conta co apoio da Xunta de Galicia.

 

Detalles

  • Data: Setembro 27, 2024