Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A teoría da limitación branquial polo oxíxeno (GOLT)

Xullo 30, 2021
1 Evento

Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14), que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, os centros mariños do CSIC —IMEDEA, CEAB, ICM, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas.

A teoría da limitación branquial polo oxíxeno (GOLT)

Tanto os peixes mariños como os de auga doce afrontan os desafíos derivados do aumento da temperatura da auga inducido polo cambio climático e da desoxixenación dos hábitats, o que provoca alteracións na súa historia de vida e na fenoloxía reprodutiva, ademais de desprazamentos na distribución e cambios estruturais nas comunidades das que forman parte. Estas alteracións intensificarán os efectos prexudiciais da pesca sobre as comunidades de peixes. Esta presentación amosará como a teoría da limitación branquial polo oxíxeno (GOLT) do autor, e os seus distintos corolarios, poden axudar a explicar estes cambios e facer innecesarias as hipóteses específicas de especie e locais (ad hoc) que adoitan propoñerse para explicalos.

Seamposium-abril

Detalles

  • Data: Xullo 30, 2021