Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

II Encontro Internacional de Coñecemento e Economía Azul

Novembro 29, 2022 - Decembro 2, 2022
Innovazul 2022

INSCRICIÓN

PROGRAMA COMPLETO DAS XORNADAS

 

Tres representantes da IACIC do IIM-CSIC estarán presentes do 29 o 2 de decembro en Cádiz no II Encontro Internacional de Coñecemento e Economía Azul.

Trátase dun evento dirixido a empresas, institucións, centros de investigación e universidadees relacionados cos sectores estratéxicos vinculados á Economía Azul, cuxo obxectivo é facilitar a colaboración para promover a innovación e contribuír a xerar unha economía moderna, sostible e competitiva. Ademais dun atractivo programa de relatorios e mesas redondas, dispón dunha zona expositiva composta por máis de 60 casetas de empresas e entidades públicas e privadas, e un centenar de mesas para encontros bilaterais programados.

Esta segunda edición de Innovazul está organizada pola Universidade de Cádiz conxuntamente coas institucións e empresas asociadas ao Campus de Excelencia Internacional – CEIMAR, á Universidade Europea dos Mares (SEA-EU) e co apoio da Junta de Andalucía, do Ayuntamiento de Cádiz e doutras administracións.

A participación do IIM consistirá na instalación dunha mesas coa oferta e capacidades de innovación do Instituto, así como unha presentación na xornada do día 29 de decembro no bloque Economía Azul Sostenible”.

 

Detalles

  • Comezo: Novembro 29, 2022
  • Remate: Decembro 2, 2022