Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

IV Ciclo de Conferencias “Aida Fernández Ríos”

Maio 4, 2023 - Xuño 15, 2023
Imaxes De Eventos 780x500 Px 1080 567px 23

Inscrición de balde 

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común colaborar para levar a cabo o Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos e promover así o interese do público en xeral, ademais de promover o enorme traballo científico realizado en Galicia.

O nome do Ciclo provén da investigadora Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947-Moaña, 2015). Aida destacou polos seus coñecementos sobre a acidificación dos océanos por mor do cambio climático e a primeira muller en dirixir o Instituto de Investigacións Mariñas.

Neste IV ciclo de conferencias un primeiro bloque organízanse conferencias en formato seminario web impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC. E nun segundo bloque conferencias en centros de ensino da provincia de Pontevedra dirixidas ao alumnado da ESO.


Programa de charlas

Descubre o programa completo na páxina oficial do Ciclo

Descarga o díptico en PDF


Aida Fernández Ríos

Estudou o bacharelato elemental en Vigo e con 25 anos comezou a traballar como auxiliar de laboratorio (para aquel non se precisaba máis titularidade) no Instituto de Investigacións Pesqueiras do CSIC (IIP-CSIC), actualmente denominado Instituto de Investigacións Mariñas. Compaxinou o seu traballo cos estudos, o que lle permitiu rematar o bacharelato, estudar Bioloxía na Universidade de Santiago e, posteriormente, en 1992, leu a súa tese de doutoramento, dirixida por Fernando Fraga, sobre o Fitoplancto da Ría de Vigo e o seu medio ambiente e condicións. Pouco despois ingresou como investigadora, adscrita, xa no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), centro no que desenvolveu toda a súa carreira ata acadar a máxima categoría como profesora investigadora. De 2006 a 2011 foi directora do Instituto, sendo a primeira muller en acadar esta responsabilidade. Dos estudos sobre fitoplancto pasou á oceanografía física e, finalmente, aos estudos sobre a acidificación dos océanos como consecuencia do cambio climático, nos que se converteu nunha investigadora líder en Europa, dirixindo un Comité Internacional sobre a Xeosfera dende 2005 ata 2011.

En 2015 foi nomeada membro da Real Academia de Ciencias de Galicia (RAGC).

Detalles

  • Comezo: Maio 4, 2023
  • Remate: Xuño 15, 2023