Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Implementación de mecanismos de asesoramento e xestión costeira baseados en datos de observatorios

Maio 12, 2023
Imaxes De Eventos 780x500 Px 1080 567px 19

INSCRICIÓN

PROGRAMA ACTUALIZADO DA XORNADA

O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) celebrará o vindeiro 12 de maio, en Santiago de Compostela, a xornada «Implementación de mecanismos de asesoramento e xestión costeira baseados en datos de observatorios».

Este obradoiro, enmarcado dentro do Proxecto Atlazul (www.atlazul.eu) e dentro das actividades do “Día Marítimo Europeo no meu país”, analizará o progreso e as capacidades dos sistemas de observación costeira implantados na costa atlántica da Península Ibérica, prestando especial atención ás melloras realizadas nas rexións de Galicia, Alentejo, Algarve e Andalucía dentro do Proxecto Atlazul, así como ás necesidades de información de sectores emblemáticos da economía azul.

Reunindo representantes da quíntupla hélice (gobernanza, industria, investigación, sociedade e medio ambiente), construiremos xuntos unha folla de ruta para a implantación dos datos de observatorios costeiros como base para a xestión sostible e o seguimento de sectores clave da economía azul como a pesca, a acuicultura ou o turismo.

A xornada dividirase en tres grandes bloques:

  • 10:00h. Bloque I Que temos? Observatorios da marxe Atlántica da Península Ibérica e melloras durante o proxecto Atlazul
  • 12:00. Bloque IIQue precisamos? Novas necesidades de información e casos de éxito de creación de indicadores
  • 15:30h. Bloque III – Dinámica interactiva para a creación da folla de ruta

Encantaríanos poder contar coas vosas achegas; non deixedes de consultar o Programa e non vos esquezades de inscribirvos!

Detalles

  • Data: Maio 12, 2023