Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Os océanos nun clima cambiante

Setembro 29, 2022
Imaxes De Eventos 780x500 Px (1080 × 567px) (13)

Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14), que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, os centros mariños do CSIC —IMEDEA, CEAB, ICM, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas.

Os océanos nun clima cambiante

A Terra está a experimentar un quecemento rápido de grande magnitude, sen precedentes na súa velocidade durante millóns de anos. Como está a afectar isto á física dos océanos e, polo tanto, a nós? A conferencia abordará o quecemento oceánico e as súas consecuencias: 1) a cuberta de xeo mariño de verán no Ártico reduciuse á metade en extensión e tamén en grosor, de modo que agora só queda arredor dunha cuarta parte da masa de xeo que era normal ata a década de 1970. 2) A expansión térmica e a perda de xeo continental están a provocar a subida global do nivel do mar, arredor de 20 cm ata o momento, e acelerándose. O último informe do IPCC concluíu que non se pode descartar unha subida de 2 metros para o ano 2100. 3) Os ciclóns tropicais obteñen a súa enerxía da calor almacenada no océano superior e, como consecuencia, xa se están volvendo máis violentos co quecemento global, ademais de estender o seu alcance a latitudes máis altas. 4) A circulación meridional de retorno do Atlántico (AMOC) estase debilitando desde mediados do século XX e agora é máis feble ca en calquera momento dos últimos 1.000 anos. Isto é motivo de gran preocupación, pois xa está tendo impacto no tempo europeo, e a AMOC ten un punto de inflexión no que podería deterse por completo.

PONENTE:  Dr. Stefan Rahmstorf. Postdam University, Germany.

Stefan Rahmstorf é un oceanógrafo e climatólogo alemán. Desde 2000 é profesor de Física dos Océanos na Universidade de Potsdam. Estudou oceanografía física na Universidade de Bangor e doutorouse en oceanografía pola Victoria University of Wellington (1990). O seu traballo céntrase no papel das correntes oceánicas no cambio climático. Foi un dos autores principais do Cuarto Informe de Avaliación do IPCC. Rahmstorf é cofundador do blog Real Climate, descrito por Nature como un dos cinco mellores blogs de ciencia en 2006 e incluído por Time entre os 15 mellores sitios web ambientais en 2008. Contribúe con frecuencia con artigos sobre clima e cambio climático/quecemento global na prensa divulgativa, algúns deles sindicados internacionalmente a través de Project Syndicate. Escribe unha columna regular na revista ambiental alemá Zeo2 e publicou o libro de ciencia infantil Wolken, Wind und Wetter (Nubes, vento e tempo) sobre tempo e clima. Rahmstorf comentou o cambio climático e a política climática en televisión e radio. Foi retratado como un dos 10 principais científicos do clima do mundo polo Financial Times en 2009. A Universidade de Flensburg constatou que, entre todo o persoal científico do clima de Alemaña, Rahmstorf publicou o maior número de estudos situados entre os máis citados da literatura científica durante os anos 1994-2013. Rahmstorf foi membro do Consello Asesor Alemán sobre Cambio Global (WBGU) desde 2004 ata 2013.

Seamposium

Detalles

  • Data: Setembro 29, 2022